124 12 1MB
Galician Pages 164 [166] Year 2010
MONOGRAFÍAS DE CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS
9
Mª del Pilar Sánchez-Cantón Lenard. Una casa compostelana a finales del siglo XVII: inventario de bienes. 1997.
3
Xosé María Lema Suárez. Un novo documento de Don Juan Antonio Posse, a "Plática tercera" (1838). 1998.
4
Luisa Álvarez Torrón. Inventario de fondos arqueológicos. 2000.
5
César Olivera Serrano. El ocaso de las fortalezas compostelanas: visitas y tasaciones (1535-1547). 2000.
6
Miguel Romaní Martínez y Pablo S. Otero Piñeyro Maseda. El antiguo monasterio de Santiago de Ermelo. Estudio, documentación e índices. 2005.
7
Anselmo López Carreira. Libro de Protocolos de Xoán García, notario de Ourense (ano 1490). 2007.
8
Carlos Andrés González Paz (Ed.). As voces de Clío: a palabra e a memoria da muller na Galicia. 2009.
9
Antón M. Pazos (Ed.). Xuntos por Galicia. A Asemblea de Concellos de 1932 e o Estatuto de Autonomía de Galicia. 2009.
ANTÓN M. PAZOS (Ed.)
2
INSTITUTO DE ESTUDIOS GALLEGOS «PADRE SARMIENTO»
XUNTOS POR GALICIA.
Xosé Manuel González Reboredo. La construcción del texto etnográfico a través de dos autores: aportación a una historia de la etnografía en Galicia. 1996.
A ASEMBLEA DE CONCELLOS DE 1932 E O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
1
CONSEJO SUPERIOR DE INVESTIGACIONES CIENTÍFICAS
CSIC
XUNTOS POR GALICIA. A ASEMBLEA DE CONCELLOS DE 1932 E O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
ANTÓN M. PAZOS (Ed.)
CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS MONOGRAFÍAS 9 SANTIAGO DE COMPOSTELA MMIX
XUNTOS POR GALICIA. A Asemblea de Concellos de 1932 e o Estatuto de Autonomía de Galicia
INSTITUTO DE ESTUDIOS GALLEGOS «PADRE SARMIENTO»
CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS Director Eduardo PARDO DE GUEVARA y VALDÉS Secretario Isidro GARCÍA TATO
Comité Editorial José María CARDESÍN DÍAZ (Univ. de A Coruña) Felipe CRIADO BOADO (IEGPS - CSIC) César PARCERO OUBIÑA (IEGPS - CSIC) Antón M. PAZOS (IEGPS - CSIC) Gabriel QUIROGA BARROS (Archivo de Galicia) Pegerto SAAVEDRA FERNÁNDEZ (Univ. de Santiago de Compostela) Consejo Asesor José Vicente ÁLVAREZ PALENZUELA (Univ. Autónoma de Madrid) Paolo CAUCCI VON SAUCKEN (Univ. de Perugia) Alfonso FRANCO SILVA (Univ. de Cádiz) Fernando LÓPEZ ALSINA (Univ. de Santiago de Compostela) Pedro LÓPEZ BARJA (Univ. de Santiago de Compostela) Consuelo NARANJO OROVIO (IH - CSIC) César OLIVERA SERRANO (IH - CSIC) Ermelindo PORTELA SILVA (Univ. de Santiago de Compostela) Rafael SÁNCHEZ SAUS (Univ. San Pablo-CEU) Ángel SICART GIMÉNEZ (Univ. de Santiago de Compostela) Francisco SINGUL SINGUL (S.A. de Xestión do Plan Xacobeo) José Augusto de SOTTO-MAYOR PIZARRO (Univ. de Porto) Alberto VALÍN FERNÁNDEZ (Univ. de Vigo)
CONSEJO SUPERIOR DE INVESTIGACIONES CIENTÍFICAS INSTITUTO DE ESTUDIOS GALLEGOS «PADRE SARMIENTO»
XUNTOS POR GALICIA. A ASEMBLEA DE CONCELLOS DE 1932 E O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
ANTÓN M. PAZOS (Ed.)
CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS MONOGRAFÍAS 9 SANTIAGO DE COMPOSTELA MMIX
Reservados todos los derechos por la legislación en materia de Propiedad Intelectual. Ni la totalidad ni parte de este libro, incluido el diseño de la cubierta, puede reproducirse, almacenarse o transmitirse en manera alguna por ningún medio ya sea electrónico, químico, mecánico, óptico, informático, de grabación o de fotocopia, sin permiso previo por escrito de la editorial. Las noticias, asertos y opiniones contenidos en esta obra son de la exclusiva responsabilidad del autor o autores. La editorial, por su parte, sólo se hace responsable del interés científico de sus publicaciones.
Catálogo general de publicaciones oficiales http://www.060.es
© CSIC © Antón M. Pazos (ed.) NIPO: 472-09-115-9 ISBN: 978-84-00-08904-7 Depósito Legal: M-46.270-2009 Imprime: RB Servicios Editoriales, S.A. Impreso en España. Printed in Spain En esta edición se ha utilizado papel ecológico sometido a un proceso de blanqueado ECF, cuya fibra procede de bosques gestionados de forma sostenible.
ÍNDICE LIMIAR ................................................................................................................. Eduardo Pardo de Guevara y Valdés
9
LEMBRAZA DE 1932: O ANO DA UNIDADE EN PROL DA AUTONOMÍA ....................... Antón M. PAZOS
15
GALIZA ENTRE PRIMO DE RIVERA E A IIª REPÚBLICA. UNHA ACHEGA ................... Bernardo Máiz Vázquez
37
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA DE CONCELLOS (1932) ..................................................................................................... Emilio Grandío Seoane O NACIONALISMO NA GALICIA DA ASEMBLEA DE CONCELLOS ............................... Justo Beramendi O PROCESO ESTATUTARIO: DA ASEMBLEA DE CONCELLOS Ó COMITÉ CENTRAL DE AUTONOMÍA ......................................................................................................... Baldomero Cores Trasmonte APENDICE: O ESTATUTO DE AUTONOMÍA APROBADO NA ASEMBLEA DE CONCELLOS 1932 ...............................................................................................................
DE
63
101
129
147
LIMIAR Eduardo Pardo de Guevara y Valdés Director do Instituto de Estudos Galegos «Padre Sarmiento»
En decembro de 1932 celebrouse en Santiago de Compostela un dos acontecementos máis importantes para a historia recente de Galicia: a Asemblea de Concellos que aprobou o texto do primeiro Estatuto de Autonomía, que sería referendado por plebiscito, de acordo co que establecía a constitución da II República, en 1936. Grazas a iso, Galicia formou parte, cando se discutiu a constitución de 1978, das autonomías históricas, xunto con Cataluña e o País Vasco. No arquivo do Instituto de Estudos Galegos «Padre Sarmiento» consérvase toda a documentación correspondente á preparación da Asemblea de Concellos, ao seu desenvolvemento e á súa continuación no Comité Central de Autonomía, encargado de organizar a consulta popular sobre o Proxecto de Estatuto aprobado pola Asemblea e, en caso de ser votado favorablemente, de presentalo ás Cortes para darlle carácter de lei. No ano 2007 tivo lugar o 75 aniversario da Asemblea e da redacción do Estatuto, parecendo moi oportuno tanto recordar o acontecemento histórico, como facilitar o contacto coa documentación que se conserva no arquivo do Instituto a tanta xente non especialista pero interesadas na nosa historia recente. Antón M. Pazos, director do Departamento de Historia e Patrimonio, propuxo, e organizou, unha serie de actividades con motivo da efeméride, dende un ciclo de cinema do período republicano, a unha exposición documental, pasando por un ciclo de conferencias, que agora se publican neste volume. O máis orixinal foi, dende logo, a exposición que se montou cos documentos máis salientables ou máis curiosos do fondo sobre o Estatuto de Autonomía, e que estivo aberta ao público, no claustro alto do antigo Hospital de San
12
PRÓLOGO
Roque, sede do Instituto, dende o día 17 de decembro do 2007 –a data exacta en que se cumpría o 75 aniversario da Asemblea de Concellos– ata principios de xaneiro de 2008, momento en que empezou a súa andaina o Comité Central de Autonomía. Non me vou deter en tratar por miúdo a importancia dos documentos expostos, cousa que se fai xa no primeiro traballo deste volume, no que dalgún xeito, Antón Pazos percorre todo o proceso de discusión e aprobación do Estatuto, baseándose –case un por un– nos documentos que se utilizaron para a exposición, que por algo levaba o título de «Itinerario documental». Este fondo documental procede da doazón que fixeron, hai algúns anos, os herdeiros de Enrique Rajoy Leloup, promotor e secretario do Comité organizador da Asemblea de Municipios e secretario xeral do Comité Central de Autonomía de Galicia, por suxestión de Baldomero Cores, que tantas veces, e esta non foi unha excepción, colaborou nas actividades do Instituto de Estudos Galegos «Padre Sarmiento». A exposición acompañouse cun ciclo de conferencias que agora publicamos e que mostran a plural realidade da Galicia republicana, realidade que, loxicamente hai que ver nunha perspectiva cronolóxica máis ampla, xa que a situación dos anos trinta se veu configurando dende había décadas. O traballo de Bernardo Máiz Vázquez sobre «Galiza entre Primo de Rivera e a II República. Unha achega» destaca precisamente a contradición entre o tópico da Galicia atrasada e a realidade dun territorio en pleno proceso de renovación e que estaba, en moitos aspectos económicos, sociais e culturais, por enriba das medias nacionais. Emilio Grandío, en «Ventos de cambio: os partidos políticos na Galicia da Asemblea de Concellos (1932)» fai un notable esforzo para retratar a realidade política do ano 1932, en si, sen tinguila dos acontecementos posteriores, algo difícil de realizar nun período no que, como el mesmo subliña «segue a haber moita máis memoria que historia». Xusto Beramendi, que moi recentemente publicou unha magna obra sobre o nacionalismo1, condensa a súa experiencia sobre este aspecto da política galega en «O nacionalismo na Galicia da Asemblea de Concellos», dende os 1 BERAMENDI, XUSTO. De provincia a nación. Historia do Galeguismo político, [Vigo], Edicións Xerais de Galicia, [2007].
EDUARDO PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS
13
precedentes inmediatos á actuación durante a Asemblea e nas datas inmediatamente posteriores. Por último, Baldomero Cores, que é sen dúbida quen máis traballou o legado de Rajoy e a documentación da Asemblea de Concellos 2, reflicte toda a súa experiencia no seu traballo sobre «O proceso estatutario: da Asemblea de Concellos ó Comité Central de Autonomía», no que busca entrar na dinámica interna de funcionamento desas dúas institucións ad hoc que puxeron en marcha o proceso estatutario. O ciclo completouse con dúas substanciosas –e entretidas– mesas redondas. Unha sobre «O Santiago dos anos trinta», con Isaac Díaz Pardo e Avelino Pousa Antelo e outra sobre «Protagonistas da Asemblea: Rajoy, Bóveda e Castelao» con Baldomero Cores, Uxío Breogán Diéguez Cequiel e Avelino Pousa, ademais dun ciclo de cinema republicano –e non só, xa que puidemos ver actuar a Castelao nunha obra de 1916– coordinado e presentado por Rita Martín, da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais de Antón M. Pazos, colaboraron directamente na organización das distintas actividades Rosario Valdés e Carlos Andrés González Paz, e, de diversas maneiras, todos os membros do Instituto. Quero rematar este prólogo agradecendo a todos eles –e a Néstor Rego, Tenente de Alcalde do Concello de Santiago e a Antonio Xavier Ferreira, Secretario Xeral da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, polo seu apoio– a dispoñibilidade que tiveron para participar e os esforzos que denotan as súas achegas para que esta publicación constitúa unha boa síntese e un excelente modo de facer pervivir o recordo de 1932.
2 Abondaría con citar os seus libros sobre Enrique Rajoy Leloup. Un protagonista do Autonomismo galego, Pontevedra, [Diputación Provincial de Pontevedra, 2005] e O Estatuto de Autonomía de Galicia (1932-1936). Os documentos oficiais, Santiago de Compostela, Foesga, 1998. Este último baséase precisamente na documentación conservada no Instituto de Estudos Galegos «Padre Sarmiento», onde se atopa agora grazas, como xa indiquei, á doazón feita polos herdeiros de Rajoy e propiciada polo propio Baldomero Cores.
LEMBRAZA DE 1932: O ANO DA UNIDADE EN PROL DA AUTONOMÍA Antón M. Pazos CSIC, Instituto de Estudos Galegos «Padre Sarmiento»
Conmemoración do 75 aniversario da Asamblea de Concellos pro-Estatuto en Santiago de Compostela En 2007 cumpríronse os 75 anos da Asemblea de Concellos que redactou e aprobou o proxecto do primeiro estatuto de autonomía de Galicia. Dende a convocatoria á redacción final pasou apenas medio ano. Se se mantivese o mesmo ritmo de xestión nos seguintes pasos previstos pola constitución, o lóxico fose que ese estatuto se plebiscitase en 19331 e tivésemos así unha experiencia histórica de autonomía galega no período republicano. E, sen querernos internar na historia posible, pero que non foi, unha Galicia con goberno autónomo podería moi ben non se engadir dende o principio ao Alzamento, co que o resultado do golpe militar podería ser, sen dúbida ningunha, moi di1 De feito así o vía Enrique Rajoy, promotor da iniciativa, que nunha mensaxe radiofónica do 12 de marzo de 1933 formulaba que se iniciara unha campaña para a inmediata aprobación do estatuto que «estaba en vías de próxima realización, pues el trámite, posterior al plebiscito, de la aprobación por el Parlamento español, no ofrecía la menor dificultad». E ese plebiscito, bloqueárase cando «parecía inmediato […] y van a cumplir tres meses, desde que las Municipalidades de Galicia acordaron proponer a los electores Gallegos el Estatuto, sin que se haya dado posibilidad legal a estos electores para manifestar auténticamente su opinión». Ese atraso duns meses parecía insoportable, tanto aos «conterráneos emigrados» como ás «representaciones de elementos que tiene en Galicia hondo arraigo, porque están identificados con sus problemas vitales y han sabido recoger los anhelos de la masa popular aborigen» ata chegar a dirixirse «con llamamientos angustiosos al Comité Central de Autonomía, creyendo que se abandonó la empresa autonomista, que todo ha sido un sueño, una bella ilusión; y requiriéndole para que no defraude las esperanzas que en él había puesto Galicia, y prosiga, con toda intensidad, la labor que con tanto entusiasmo y tanta fe, había iniciado el Ayuntamiento de la vieja Compostela, culminando la memorable Asamblea de Diciembre» (Enrique Rajoy, «Conferencia radiofónica do 12 de marzo de 1933 en defensa del autonomía gallega», en CORES TRASMONTE, B. O Estatuto de Autonomía de Galicia (1932-1936). Os documentos oficiais, Santiago de Compostela, Foesga, 1998, pp. 510-511.
18
LEMBRANZA DE 1932: O ANO DA UNIDADE EN PROL DA AUTONOMÍA
ferente. Ficcións aparte, penso que podemos falar de estatuto de 1932, xa que en 1936 se referendou o que votaron –maioritariamente– os Concellos na Asemblea de Santiago. Como recorda Beramendi2, no plebiscito formalizouse a fraude necesaria para lograr o resultado imposible de porcentaxe de votos que pedía a constitución republicana. Con motivo dese aniversario no Instituto de Estudos Galegos «Padre Sarmiento» celebráronse varios actos conmemorativos: proxeccións de cinema dos anos trinta, un ciclo de conferencias e mesas redondas, con participantes históricos, e unha exposición documental sobre o itinerario do estatuto, xa que o IEGPS conserva toda a documentación estatutaria dende os seus primeiros momentos ata a celebración do plebiscito. Inclúe dende o libro de actas do Comité Central de Autonomía de Galicia ata os borradores de reunións, pasando pola correspondencia coas autoridades, consultas a persoas e institucións, estatísticas de participación ou recortes de prensa. É un excepcional conxunto histórico doado polos herdeiros do promotor da reunión de 1932, o concelleiro santiagués Enrique Rajoy Leloup, e que, tras a doazón, foi convenientemente ordenado, clasificado e posto a disposición dos investigadores3.
A Asemblea de Concellos de 1932: Itinerario documental A exposición, titulada «Itinerario documental» da Asemblea de Concellos, realizouse en paralelo ao ciclo de conferencias que se publican neste volume. Curiosamente, a pesar de manifestarse tanto interese polo Estatuto e polo arquivo do Instituto de Estudos Galegos de parte de determinadas institucións, os actos que organizamos foron os únicos en toda Galicia nos que se recordou unha efeméride tan sinalada4 e contamos unicamente co apoio económico do 2 «A necesaria (e universal) manipulación electoral á que obrigaba nestes plebiscitos o inalcanzable quórum esixido pola Constitución» BERAMENDI, J. «O nacionalismo na Galicia da Asemblea de Concellos», en PAZOS, A. M. Xuntos por Galicia. A Asemblea de Concellos de 1932 e o Estatuto de Autonomía de Galicia, Santiago de Compostela, CSIC [Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos, 9], 2009, p. 127. 3 Os documentos fundamentais foron publicados por Baldomero Cores Trasmonte, en O Estatuto de Autonomía... Baldomero Cores, bo coñecedor da documentación referida ao estatuto, é quen suxeriu no seu momento aos herdeiros de Enrique Rajoy que entregasen ao Instituto de Estudos Galegos «Padre Sarmiento» a documentación que conservaban. 4 Rajoy Leloup, comprensiblemente, dado o seu protagonismo, consideraba a Asemblea de Concellos «uno de los jalones más importantes –el más interesante y denso– de la Historia contemporánea de Galicia» (Enrique Rajoy, «Conferencia radiofónica do 12 de marzo de 1933 en defensa del autonomía gallega», en CORES TRASMONTE, B. O Estatuto de Autonomía de Galicia..., p. 511).
ANTÓN M. PAZOS
19
concello de Santiago e da Secretaría Xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia. A exposición inaugurouse o 17 de decembro –xusto aos 75 anos de reunirse a Asemblea de Concellos pro Estatuto– no Instituto de Estudos Galegos cunha presentación institucional e unha mesa redonda excepcional sobre «O Santiago dos anos 30» protagonizada por dúas testemuñas históricas: Isaac Díaz Pardo e Avelino Pousa Antelo. Ámbolos dous participaron –moi novos entón– nas campañas a favor do Estatuto de Autonomía e puideron expoñer os seus recordos, algúns deles moi significativos5, sobre o clima político do momento, nun testemuño oral de indubidable valor histórico. A Exposición mantívose ata o 16 de xaneiro do 2008, en que se clausurou con outra mesa redonda na que Baldomero Cores, Uxío Breogán Diéguez Cequiel e Avelino Pousa Antelo falaron sobre tres protagonistas fundamentais no desenvolvemento do proceso estatutario: Enrique Rajoy6, Alexandre Bóveda7 e Alfonso Rodríguez Castelao8. Os documentos expostos, que recollemos en apéndice 1, articuláronse en bloques temáticos, seguindo en boa medida a cronoloxía: dende os primeiros borradores de autonomía propostos ao proclamarse a República ata a redacción final do proxecto de Estatuto aprobado en 1932. Algúns dos seus documentos foron xa publicados9, reproducidos facsimilarmente10 ou, mesmo, traducidos11. Outros moitos son inéditos. Voume deter agora nas etapas máis significativas do proceso que levou á celebración da Asemblea de 1932, seguindo precisamente a documentación 5 Como a situación violenta en que puxo a Pousa Antels a pintada de ¡Viva Rusia! que fixo un dos que o acompañaban nunha saída de propaganda autonomista, membro do partido comunista, a pesar de ter pactado que a propaganda sería estritamente a favor do Estatuto. 6 Correspondeu a Baldomero Cores, autor de una recente biografía: Enrique Rajoy Leloup. Un protagonista do Autonomismo galego, Pontevedra, [Diputación Provincial de Pontevedra, 2005]. 7 A cargo de Uxió Breogán Diéguez, xerente da Fundación Alexandre Bóveda. 8 Desenvolvida por Avelino Pousa, que puido contar os seus recordos directos de Castelao en distintos actos públicos. 9 CORES TRASMONTE, B. O Estatuto de autonomía…, op. cit. 10 Seminario de Estudos Galegos, Exposizón presentada pol-a poñenza encarregada de redactar o Ante proxeito de Estatuto, [Pontevedra, Seminario de Estudos Galegos, 1931], edición facsimilar promovida por Murguía, Revista galega de Historia, Santiago de Compostela, 2003. 11 DIÉGUEZ CEQUIEL, U. B. (ed.). A Asemblea de Concellos de Galiza Pro-Estatuto, [Pontevedra], Fundación Alexandre Bóveda, 2002, que traduce ao galego as actas da Asemblea.
20
LEMBRANZA DE 1932: O ANO DA UNIDADE EN PROL DA AUTONOMÍA
seleccionada para a exposición e mostrando as etapas fundamentais do itinerario documental, dende mediados de 1931 a finais de 1932. Evidentemente, os proxectos para un estatuto de autonomía de Galicia non empezaron en 1932. No momento en que se proclamou a República empezaron a xurdir –moi estimulados pola iniciativa catalá– proxectos para establecer a autonomía galega, dende a proposta dun estado libre dentro da República Federal española, como formulou o Seminario de Estudos Galegos12, na proposta máis radical das que circularon entón, a outros moito máis modestos, politicamente falando, que pretendían unha simple descentralización administrativa, como as «bases para un proyecto de estatuto gallego por el secretariado de Galicia en Madrid»13. O relatorio de «Labor Galleguista de Pontevedra» foi tamén un intento, dentro da II República pero antes de que se aprobase a súa constitución, para establecer «un articulado de la Constitución Española que permitan la autonomía de las regiones, en forma Federal, especialmente en lo que se refiere a Galicia»14. Tamén formulaba un simple concepto de autonomía rexional o «Instituto de Estudios Gallegos» de A Coruña nas súas «Bases para un anteproyecto de Estatuto Político de Galicia»15, mentras que o «Comité xeral do Partido Galeguista», dende Pontevedra propoñía a «creación de un organismo galego con facultades deliberantes, de base excrusivamente democrática para rexir, con autonomía integral, os intereses de Galicia» ao que se lle adxudicarían «como aspiración mínima e inmediata» o «máximum de facultades que a nova Constitución da Repúbrica concede ós territorios autónomos»16. Ese 12 «A Galiza é un Estado libre dentro da Repúbrica Federal Española» (Título I, Art. 1º), en Seminario de Estudos Galegos, Exposizón presentada pol-a poñenza encarregada de redactar o Anteproxeito de Estatuto, Pontevedra, Seminario de Estudos Galegos, 1931. 13 Santiago, Tipografía Paredes, 7-[1]932 (Mesa 1, Documento 1 da Exposición «Itinerario documental»). As citas das pezas documentais fanse dende agora indicando o seu lugar na exposición e a sinatura no Arquivo do Instituto de Estudos Galegos «Padre Sarmiento». O proxecto era case a antítese do presentado polo Seminario de Estudos Galegos, xa que, moi lonxe dun Estado Galego, simplemente recoñecía «como unidad política natural, integrante del Estado español, el país de las cuatro actuales provincias de La Coruña, Lugo, Orense, y Pontevedra, que constituirán la Región de Galicia» (I, 2ª). O mesmo respecto ao uso da lingua galega, formulando que «el propósito de que la enseñanza secundaria, especial y universitaria sean dadas en gallego, o bien en español y gallego indiferentemente, no puede ser cosa seria en Galicia» (V, 14-2ª). 14 Exemplar mecanografiado, sen firmas, datado en Pontevedra a 31 de maio de 1931 [Mesa 1, Documento 3, en Fondo Estatuto C6/3 (IV)]. 15 É unha sinxela folla con 18 artigos e unha disposición transitoria, acordada na Coruña o dous de xuño de 1931 e asinada polo presidente, Manuel Casás Fernández, e o secretario, F. Martínez Morás [Mesa 1, Documento 4, en Fondo Estatuto C6/3 (V)]. 16 «Programa de Acción (1931)», I, 1º datado en «Pontevedra no mes de novembro do 1931» e pubricado con data «5 e 6 de Nadal do 1931», é dicir, xa a punto de publicarse a Constitución da II República [Mesa 1, Documento 5, en Fondo Estatuto C6/3 (V)].
ANTÓN M. PAZOS
21
texto é xa de finais de 1931, con coñecemento de causa do discutido nas Cortes constituíntes. O feito de contar xa cunha Constitución que establecía o procedemento para obter a autonomía rexional foi precisamente o argumento que utilizou o concelleiro Enrique Rajoy Leloup no escrito que dirixiu ao concello de Santiago de Compostela o 19 de abril de 1932, propoñendo que fose o propio concello quen tomase «la iniciativa oficial para dar estado legal al problema de la constitución autónoma de Galicia», e posto que «la proposición t[enía] que ser hecha por los Ayuntamientos gallegos, nada más indicado que en la convocatoria para una Asamblea Regional de estas Corporaciones populares, a fin de que concurriendo sus representantes, con plenitud de poderes, pu[diese] elaborarse y aprobarse el Estatuto de Galicia, para someterlo luego a plebiscito, y, una vez aceptado por el pueblo, enviarlo, como expresión genuina de la voluntad general del país gallego, a la sanción, constitucionalmente obligatoria, de las cortes federales del Estado español»17. Neste parágrafo queda claramente perfilada a traxectoria que había que percorrer para chegar a un texto estatutario, algo que podería parecer sinxelo tendo en conta que o que aí se propón conseguiuse en apenas uns meses, pero que naquel momento non era, nin moito menos, algo que puidese ter a máis mínima esperanza de éxito. Así preguntaba un artigo do Progreso de Pontevedra, ao comentar a iniciativa formulada polo concelleiro de Santiago: «¿Será la proposición del Sr. Rajoy el primer paso serio, positivo y firme de Galicia hacia su autonomía?». Pregunta que non habería que considerar en absoluto retórica, empezando porque o mismo articulista non aseguraba o éxito da idea, malia que desexaba ardentemente que a corporación compostelá tomase en conta a proposta para «despejarse la incógnita del verdadero pensamiento gallego sobre la autonomía de su patria chica»18.
A Asemblea preparatoria de xullo de 1932 O primeiro paso dado pola comisión a favor do estatuto constituída no Concello de Santiago foi convocar unha asemblea preparatoria uns meses 17 Escrito de Enrique Rajoy al Excmo. Ayuntamiento de Santiago de Compostela (Mesa 1, Documento 8, en Fondo Estatuto C27). Loxicamente, Rajoy concluía que «Santiago de Compostela deb[ía] recabar el honor de ofrecer su legendaria hospitalidad a la Asamblea, y deb[í] tomar la iniciativa de convocarla con urgencia». 18 «El Estatuto de Galicia. ¿El primer paso?», por José Carbonell, Progreso, Pontevedra, 24 de abril de 1932, p. 1 (Mesa 1, Documento 9, en Fondo Estatuto C6/1).
22
LEMBRANZA DE 1932: O ANO DA UNIDADE EN PROL DA AUTONOMÍA
despois, «para deliberar acerca de la Autonomía de la Región»19 e na que estuiveran presentes –no senso máis amplo posible– todalas forzas vivas galegas. A comisión formou prolixas listas20 de persoas a invitar para que ninguén quedase excluído e a asemblea puidese ofrecer unha forte representatividade. Agrupacións, institucións e partidos políticos, dende a Asociación de Contables de Galicia21 ata os deputados socialistas galegos, enviaron a súa resposta22, xunto con outras moitas de personalidades, algunhas esperadas, como as de Castelao23, Portela Valladares24, Madariaga25 ou Basilio Álvarez26, e outras non tanto, como a de Miss Galicia, que mandou un telegrama apoiando o labor dos que traballan polo estatuto, rematándoo cun «Viva Galicia terra a nosa»27. De tódolos xeitos, a abundancia de apoios dende a distancia non era garantía de éxito. A Asemblea preparatoria foi o suficientemente morna como para que 19 Así se resume o seu obxectivo na Acta de «Constitución de la Comisión encargada de redactar el Anteproyecto de Estatuto Gallego», 3.VII.1932 (Mesa 3, Documento 1, en Fondo Estatuto C2/1) 20 A modo de exemplo pode valer a longa «Relación de técnicos invitados para la Asamblea y a los cuales se le envió tarjeta para la Asamblea», na que se atopan dende Vicente Risco a José Filgueira Valverde, pasando por Cruz Gallastegui, os decanos das facultades da Universidade, os gobernadores civís ou os decanos de colexios profesionais (Mesa 2, Documento 1, en Fondo Estatuto C3/3). 21 Mesa 2, Documento 2, en Fondo Estatuto C1/11. 22 No caso dos socialistas galegos, os seis deputados que asinan a resposta formulan que «por su condición de socialistas internacionalistas que no ocultaron al cuerpo electoral cuando éste les otorgó su confianza, no se consideran en el caso de contribuir a crear este sentimiento [autonomista] que, de existir o surgir expontáneamente [sic] merecerá no solo su respeto y acatamiento sino una contribución eficaz a su reconocimiento y viabilidad práctica en las Cortes Constituyentes» (Carta al Alcalde de Santiago, 30.VI.1932, Mesa 2, Documento 9, en Fondo Estatuto C4/1). 23 «Domingo estaré con Ustedes. Abrazos. Castelao» (Telegrama, 1.VII.1932, Mesa 2, Documento 3, en Fondo Estatuto C4/1). 24 Que enviou un telefonema disculpándose, pero manifestando a súa «adhesión ferviente» e ofrecéndose «para propaganda y trabajos» (Telefonema, 2.VII.1932, Mesa 2, Documento 4, en Fondo Estatuto C4/1). 25 Enviou un saúda, en papel co membrete da «Delegación de España en la Conferencia del Desarme», agradecendo a invitación e facendo «votos por que la feliz iniciativa del Ayuntamiento de su Presidencia produzca los resultados deseados que permitan la implantación de un sano régimen autónomo dentro de la unidad orgánica del Estado» (Saluda de Salvador de Madariaga a Raimundo López Pol, Ginebra, 25.VI.1932, Mesa 2, Documento 5, en Fondo Estatuto C4/1). 26 «Al saludar auténtica representación nuestra tierra hago votos triunfo estatuto que liberará país gallego. Abrazos» dí o telegrama enviado dende Bilbao (Telegrama de Basilio Álvarez, sin cuño de datas, Mesa 2, Documento 6, en Fondo Estatuto C4/1). 27 Telegrama dende Vigo. A elección tivera o suficiente interese como para que figurase no primeiro noticiario da recentemente creada empresa cinematográfica Folk, estreado en Pontevedra o 1 de outubro de 1932 (Cfr. QUIROGA VALCÁRCEL, L. M. «Una productora cinematográfica en la Galicia republicana: la Folk», en Actas del VI Congreso de la A.E.H.C., Madrid, Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España, 1998, pp. 111-120).
ANTÓN M. PAZOS
23
El Ideal Gallego empezase a súa crónica formulándose se fora un éxito ou un fracaso: «Qué decir de la Asamblea del domingo? ¿Qué ha sido un fracaso? ¡No! Que no se preocuparon de ella más que los que asistieron y aún esos…»28. O máis importante da Asemblea preparatoria non foi o apoio político oficial29 ou a presenza masiva nas discusións30, senón, por un lado, ver que a posibilidade de poñer en marcha un Estatuto «que no había de quedar un solo gallego que no lo aceptase»31 era factible32 e, por outro, establecer o procedemento para actuar. Fíxose do xeito máis sinxelo e, a teor dos resultados, eficaz, establecendo unha comisión redactora do Anteproxecto de Estatuto33, que distribuíu os asuntos a tratar34 e discutiu en varias sesións35 –que celebra28 El Ideal Gallego, La Coruña, 5.VII.1932, p. 1 (Mesa 3, Documento 5, en Fondo Estatuto C6, 3/3.1). 29 Concorreron poucos deputados a Cortes ou representantes políticos oficiais. Presidiu o alcalde de Ferrol, acompañado na mesa polos de «La Coruña, Lugo, Orense, Vigo, Santiago, Noya, Carballino, Lalín y Sarria, así como, por Pontevedra, el Diputado a Cortes D. Joaquín Poza Juncal, Vocal de la Comisión parlamentaria de Estatutos en la Cámara Constituyente de la República» (Estatuto de Galicia. Anteproyecto formado por la comisión nombrada en la Asamblea gallega que se celebró en Santiago de Compostela el día 3 de julio de 1932, [Santiago], Tipografía El Eco de Santiago, 1932, p. 7). 30 A mesma crónica recolle que na primeira parte da Asemblea «se llenó, casi, casi, el Paraninfo. Cuando se iba a discutir lo más esencial, el salón estaba poco menos que vacío ¿Incomprensión? Según algunos debilidad, porque era muy avanzada la mañana… En cualquier caso, poco entusiasmo» (El Ideal Gallego, La Coruña, 5.VII.1932, p. 1). 31 El Ideal Gallego, La Coruña, 5.VII.1932, p. 1. 32 «Sin embargo, la asamblea señala un avance en la solidaridad de los distintos partidos e ideologías políticas y sociales. Hubo un espíritu muy amplio y comprensivo. No había cotos cerrados» (El Ideal Gallego, La Coruña, 5.VII.1932, p. 1). 33 «Fueron designados, a propuesta de la Mesa, y por unanimidad D. Salvador Cabeza de León, Decano de la Facultad de Derecho de la Universidad compostelana y Presidente del Seminario de Estudios Gallegos, D. Eladio Rodríguez Rodríguez [sic, por González], Presidente de la Academia gallega, D. Manuel Lugrís Freire, Consejero del Partido Galleguista, poeta y dramaturgo, D. Rodrigo Sánz López, Abogado, publicista y Presidente del Secretariado de Galicia en Madrid, autor de unas Bases para el régimen autónomo, D. Jacobo Arias Villar, Ingeniero Jefe del Servicio forestal de la Diputación provincial de La Coruña, D. Alejandro Bóveda Iglesias, Secretario general del Partido galleguista, Jefe de Contabilidad de la Intervención de Hacienda en Pontevedra, D. Avelino López Otero, Abogado, Secretario general del Partido republicano Gallego, D. Enrique Rajoy Leloup, Decano del Ilustre Colegio de Abogados de esta ciudad y Concejal del Excmo. Ayuntamiento, D. Manuel Iglesias Corral, Abogado, Regidor Síndico del Excmo. Ayuntamiento de La Coruña y D. Santiago Montero Díaz, Dr. en Filosofía y Letras, del Cuerpo de Archiveros y Bibliotecarios del Estado y Bibliotecario de la Facultad de Medicina de esta Universidad» («Constitución de la Comisión encargada de redactar el Anteproyecto de Estatuto gallego», Mesa 3, Documento 1, en Fondo Estatuto C2/1). 34 O procedemento foi repartirse a redacción segundo as capacidades de cada un dos ponentes. Así, nunha cuartilla co encabezamento «Título IV. De la Hacienda regional» hai unha simple anotación indicando «Dará los arts. Bóveda» (Mesa 3, Documento 2, en Fondo Estatuto C2/12). 35 «Desde el mismo día de su elección, la Comisión ha venido realizando el trabajo que le fue encomendado, celebrando, ordinariamente, tres reuniones semanales en el Palacio municipal de Compostela» (Autonomía Gallega. Estatuto de Galicia. Anteproyecto…, p. 8).
24
LEMBRANZA DE 1932: O ANO DA UNIDADE EN PROL DA AUTONOMÍA
ban a fin de semana– os distintos artigos segundo se ía avanzando na redacción do anteproxecto36 ata chegar a unha redacción definitiva datada o 4 de setembro de 193237.
O Anteproxecto de Estatuto e a etapa de información pública Tal como se acordara na Asemblea preparatoria, unha vez que a comisión redactora do anteproxecto o tivo listo, publicouse integramente na prensa38, imprimiuse39 e difundiuse para información pública, de modo que tanto institucións40 coma persoas41 puidesen facer as emendas que considerasen oportunas. As emendas trataron case todos os artigos do Anteproxecto, dende os puramente técnicos42 a outros directamente relacionados con cuestións máis políticas, como o que presentou o Concello de Campo Lameiro propoñendo como «idioma oficial de Galicia el Español castellano», que foi duramente rexeitada polo relator 36 Nas sesións do sábado 9 e domingo 10 de xullo estudáronse os «preceptos que se van acordando por la Comisión, a reserva de revisión para corregir el estilo y coordinar todas las normas que formen el Estatuto» (Anteproyecto de Estatuto Gallego. Mesa 3, Documento 3, en Fondo Estatuto C2/s. n.). 37 Estatuto de Galicia. Anteproyecto formado por la Comisión nombrada en la Asamblea Gallega que se celebró en Santiago de Compostela el día 3 de julio de 1932, Anteproyecto de Estatuto Gallego. Orixinal mecanografado (Mesa 3, Documento 4, en Fondo Estatuto C2/5). Está firmado por tódolos membros da Comisión. 38 «La Comisión cumplió su encargo, redactando el anteproyecto que se le encomendó y abriendo la información, para lo cual el Estatuto fue publicado íntegramente en los periódicos «El Pueblo Gallego» (de Vigo-Pontevedra); «La Vanguardia Gallega» (de Lugo); «El Heraldo de Galicia» (de Orense); «La Voz de Galicia» y «El Ideal Gallego» (de La Coruña); y «El Eco de Santiago» y «El Compostelano» (de Santiago); y se hizo una edición de varios miles de ejemplares, que fueron repartidos profusamente con un escrito invitando a participar en la información» («A los Ayuntamientos de Galicia», 1º de noviembre de 1932, Mesa 5, Documento 1, en Fondo Estatuto C3/1). É unha folla asinada polos alcaldes de Ferrol, Santiago, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Betanzos, Mondoñedo, Noia, Tui, Carballiño, Lalín, Sarria e Vigo. 39 Autonomía Gallega. Estatuto de Galicia. Anteproyecto formado por la Comisión nombrada en la Asamblea Gallega que se celebró en Santiago de Compostela el día 3 de Julio de 1932, Tip. «El Eco de Santiago», 1932. É un folleto en cuarto de 29 páxinas con cinco apartados: 1º Antecedentes históricos. 2° Comisión redactora. 3° Exposición de motivos. 4° Anteproxecto de Estatuto. 5° Votos particulares. 40 As institucións que recibiron o Anteproxecto e enviaron a súa opinión foron moitas. Valla como exemplo o informe do claustro do Instituto Nacional de 2º Ensino «Concepción Arenal» de Ferrol, enviado o 14 de outubro (Mesa 4, Documento 2, en Fondo Estatuto Leg. 2, Comisión redactora. Correspondencia de entrada). 41 A lista de emendas presentadas recolle tanto institucións, como a Universidade de Santiago, como partidos políticos ou individuos, dende «D. Antonio Villar Ponte, Diputado» a «D. Ramón Méndez Hyde, Estudiante.– Santiago» (Estatuto de Galicia. Información pública. Lista de las enmiendas presentadas, Orixinal mecanografado e manuscrito, Mesa 4, Documento 3, en Fondo Estatuto, Carpeta 25). 42 Como a emenda de Ramón Ferreira Lago, notario de Carballiño, ao artigo 2º: «Aceptada la enmienda del art. 1º procede la supresión de este artículo. En otro caso, ha de redactarse de forma directa y positiva, dejando la condición de los requisitos para después de afirmada la facultad de poder agregarse a la Región» (Enmienda nº 24, Mesa 4, Documento 4, en Fondo Estatuto C2/7).
ANTÓN M. PAZOS
25
encargado de valorala43. Todas as emendas se mecanografaron, valoráronse polos distintos membros da comisión redactora, agrupáronse por artigos e as aceptadas incorporáronse nunha nova redacción a cargo dos relatores44. A Asemblea de Concellos pro Estatuto de 17 a 19 de decembro de 1932 O paso seguinte, de acordo coa Constitución, sería celebrar unha Asemblea de municipios que votasen o Anteproxecto. Estableceuse de novo Santiago como lugar máis axeitado e fixáronse os días 17 a 19 de decembro de 1932 para celebrala, conforme ao «reglamento interior, formado por la Comisión organizadora, en uso de las facultades que le otorgó la Asamblea preparatoria»45. Novamente invitouse a participar, non só aos concellos, requisito obrigado para a validez da votación, senón, de novo, a todas as entidades e persoas que puidesen ser «exponentes de la vida social gallega»46, dende entidades oficiais e políticas47 a sociedades culturales ou federación agraria48. Neste caso, as respostas poden clasificarse en dous bloques. En primeiro lugar as oficiais dos Concellos, que eran preceptivas, xa que do seu voto dependía que o Anteproxecto se convertese en Proxecto de Estatuto. Para iso, o Comité organizador imprimiu un modelo49 ofi43 «Sorpréndenos estraordinariamente o estrano criterio de ista enmenda que teima estabrecer a oficialidade en Galicia do idioma español. Agora ben, o catalán, o vasco e o galego e o castelán son linguas hespañolas. Pro a enmenda quer siñificar a identidade entre o hespañol e o castelán, negando o dereito de hespañolidade ôs mais lenguaxes […] Rechazamos a enmenda pol-as mesmas razóns que aceitamos a cooficialidade; e a identificación dos idiomas castelán e hespañol refutámola torpemente oposta ô esprito da Constitución que nos rixe» (Manuscrito, ó dorso da ficha mecanografada da emenda, Enmienda que al artículo 4º presenta el Ayuntamiento de Campo Lameiro, en Mesa 4, Documento 4, Fondo Estatuto C2/7). 44 O 18 de novembro, Alexandre Bóveda comunicaba a Enrique Rajoy que «mañán asegún teño prometido chegará rematado traballo coas enmendas. Saudos e moitos azos. Bóveda» (Alexandre Bóveda, Telefonema de Pontevedra a Santiago, 12.XI.1932, Mesa 4, Documento 5, en Fondo Estatuto C2/s.c.). 45 «A los Ayuntamientos de Galicia…», p. 1 r. 46 «A los Ayuntamientos de Galicia…», p. 1 r. 47 Cámaras de comercio, comisións xestoras de deputacións, cámaras da propiedade, sociedades económicas de amigos do país, «pósitos de pescadores», partidos políticos, incluídos o «Delegado del Partido Comunista» ou a secretaría rexional da CNT, etc. (Relación de entidades invitadas a la Asamblea de Municipios, Mesa 5, Documento 2, en Fondo Estatuto C3/3). 48 Dende a «Liga de defensa agraria de Lorenzana» á «Sociedad cultural agraria de Cabral», pasando pola «Juventud de Galicia en Portugal» (Sociedades agrarias y federaciones. Oficios Varios, Mesa 5, Documento 2, en Fondo Estatuto C3/3). 49 «Autonomía de Galicia. Asamblea Regional de Municipios. Certificado». O texto impreso indicaba «Provincia de –, Ayuntamiento de –, El Secretario de dicho Ayuntamiento Certifico: que la Corporación municipal en sesión de –, de –, acordó conferir su representación en la Asamblea de Municipalidades gallegas que se celebrará en Santiago durante los días 17, 18 y 19 de Diciembre próximo, a fin de proponer el Estatuto de Galicia, conforme al artículo 12, letra a) de la Constitución, a –» (Mesa 5, Documento 3, en Fondo Estatuto C3/13).
26
LEMBRANZA DE 1932: O ANO DA UNIDADE EN PROL DA AUTONOMÍA
cial de resposta para que cada concello dera ós seus representantes na Asemblea o que se acordara sobre o Anteproxecto, no caso de que se discutise nun pleno. Algúns concellos aceptaron sen máis o Anteproxecto, aínda que outros adoptaran acordos fortemente críticos, nos que case plantexaban a insumisión estatutaria50. O outro grupo de respostas está formado polas institucións non chamadas a votar o Anteproxecto –todas as que non fosen Concellos– e os particulares. Entre estes figuran elementos moi activos no proceso, como Lugrís Freire, case sempre favorables ao Anteproxecto proposto e á reunión convocada. A excepción máis rechamante podería ser a do seu antecesor na presidencia da Real Academia Galega51, Eladio Rodríguez, que plantexa, en carta a Rajoy, a súa ausencia –a pesar de ser un dos redactores do proxecto– por mor de que a Real Academia non fora invitada52. O rexeitamento da Academia era, como tamén o pon de relevo o seu presidente, consecuencia do enfrontamento pola capitalidade de Galicia. Xa o 12 de decembro, nunha axitada asemblea no concello da Coruña, a Academia Galega, como case tódalas institucións coru50 Á marxe do impreso para certificar a asistencia de representantes indicábase: «Si el Ayuntamiento adoptó algún acuerdo aprobando en principio el proyecto de Estatuto, puede hacerse constar a continuación en el espacio que va en blanco» (Autonomía de Galicia. Asamblea Regional de Municipios. Certificado…). Para algúns municipios, foi necesario enviar un oficio aparte recollendo a discusión tida no pleno municipal, xa que o espazo da certificación era insuficiente. Así o Concello de Baños de Molgas transmite o acordo, case tan radical como contraditorio, adoptado o 27 de outubro polo que aceptaban: «Primero.– Que Galicia tenga su Estatuto, ya que se ha concedido a Cataluña y únicamente porque se ha concedido a esta Región. En otro caso nos limitaríamos a interesar de los Poderes públicos una verdadera autonomía administrativa, y aún esta, con restricciones y controlada en forma, para evitar consecuencias funestas que es innecesario hacer constar. Segundo.– Que el Estatuto gallego sea exactamente igual al de Cataluña en prerrogativas, atribuciones y derechos: ni una facultad menos […]. En deberes y obligaciones, las menos posibles […]. Tercero.– Que el idioma gallego desaparezca en absoluto del Estatuto de nuestra Región. En esto disentimos de Cataluña» e formulaba xa unha advertencia de rebelión institucional: «Este Ayuntamiento desde luego no aceptará la cooficialidad de los dos idiomas», para pasar a suxerir que fose mellor «tratar por ahora solamente de llevar a la realidad el mito del ferrocarril y más tarde, cuando Galicia se sintiera en otras circunstancias, llevar el Estatuto al Parlamento» (Mesa 5, Documento 5, en Fondo Estatuto, C4/1). 51 Eladio Rodríguez González foi presidente de 1926 a 1934 e Manuel Lugrís Freire de 1934 a 1935. 52 Comunícalle que non asistirá á Asemblea xa que, aínda que foi invitado a formar parte da Comisión redactora do anteproxecto a título persoal «yo no puedo, ni quiero, ni debo prescindir en ningún acto público de mi condición de Presidente de la Academia Gallega; y como esta Institución cultural, que había sido invitada a la Asamblea de 3 de Julio último, no puede asistir a la de este mes, por haberle puesto el veto las cinco respetabilísimas personas amigas que formaron y redactaron el Reglamento, entienden mis compañeros de Junta de Gobierno, y yo con ellos, que ante esa desdeñosa desconsideración, el Presidente de la Academia no puede dignamente concurrir» (Carta de Eladio Rodríguez González a Enrique Rajoy, 12.XII.1932, Mesa 5, Documento 6, en Fondo Estatuto C4/1, p. 1v).
ANTÓN M. PAZOS
27
ñesas manifestaran o seu rexeitamento á Asemblea para censurar así as manobras realizadas por membros da comisión organizadora a favor de capitalidade en Compostela53. O conflito sería simplemente aprazado polo procedemento de deixar esa decisión ao primeiro parlamento autonómico, despois de aprobado o Estatuto e celebradas as correspondentes eleccións54. Para a Asemblea imprimiuse oficialmente o proxecto de Estatuto, xunto co Regulamento55, aínda que se fixeron outras edicións procurando darlle a maior difusión posible. A máis completa, coa coñecida portada de Camilo Díaz, contiña ademais unha síntese do movemento autonomista, o Ditame da Comisión ás emendas presentadas, as listas de emendas e un estudo sobre «La Capacidad política de Galicia para la autonomía»56. Malia que a venda de folletos non se correspondeu ao que sería de esperar, polo menos nalgúns lugares, a concorrencia á Asemblea cubriu folgadamente as expectativas. A Asemblea tivo dúas etapas ben diferenciadas. Na primeira, chamada fase informativa, debatéronse os artigos do Proxecto e discutíronse as novas emendas achegadas polos participantes 57. Na segunda, ou fase deliberante, os representantes dos municipios votaron o Estatuto. Estaban presentes 211 concellos dos 319 que había en Galicia58, aos que Alexandre Bóveda, en nome do Relatorio de Estatuto expuxo as modificacións que se acordaran na fase ante53 El Pueblo Gallego do 14 de decembro adicaba a metade da páxina titulada «Ante la Asamblea de Municipios de Santiago» á «Reunión de las fuerzas vivas de La Coruña» na que «El criterio fue abstenerse de acudir a la asamblea» (Mesa 5, Documento 7, en Fondo Estatuto Carpeta 6 C3/3.1) 54 «Esta Asamblea establecerá su residencia en el lugar que ella misma designe […]» (Proyecto de Estatuto, Título VI, Régimen transitorio, Art. 36). 55 Asinado pola Comisión de Organización que formaban Raimundo López Pol, José Pasín Romero, Jesús San Luís Romero, Emilio E. Méndez-Brandón y Enrique Rajoy Leloup [Autonomía Gallega. El Estatuto de Galicia. El Reglamento de la Asamblea de Municipios e Instrucciones para los asambleístas, El Eco de Santiago, Santiago de Compostela, 1932, p. 18, Mesa 6, Documento 1, en Fondo Estatuto C6/3 (II)]. 56 Recolle un artigo publicado por Adelardo Novo no xornal El Sol que «la Comisión, por el interés que el tema encierra, por la maestría con que fue tratado y por la autoridad de su autor, ha creído conveniente reproducirlo en este folleto» (Autonomía Gallega. El Estatuto de Galicia y la Asamblea Regional de Municipios, El Eco de Santiago, Santiago de Compostela, 1932, p. 94, Mesa 6, Documento 2, en Fondo Estatuto C6/3 (II). O exemplar que exposemos foi o que empregou Enrique Rajoy na Asemblea, coas súas anotacions ás votacións dos distintos concellos). 57 Algunhas insistindo no que neses momentos puido ser unha das causas de fracaso, como era o asunto da capitalidade. Así, o delegado do Concello de Trasparga, participante na Sección 1ª, formulou que ao Art. 1º habería que engadir «Y su capitalidad la ciudad de La Coruña» (Acta de la sesión celebrada por la sección 1ª de la Asamblea de municipios el día 17 de diciembre de 1932, Borrador manuscrito, Mesa 6, Documento 2, en Fondo Estatuto C3/10). 58 Asamblea Regional de los Municipios de Galicia. Fase deliberativa (Mesa 6, Documento 4, en Fondo Estatuto C3/11).
28
LEMBRANZA DE 1932: O ANO DA UNIDADE EN PROL DA AUTONOMÍA
rior da Asemblea59 para pasar a someter a votación o proxecto que quedou aprobado por 176 votos a favor e 33 «con reserva de quince días para deliberar»60. Das reunións plenarias consérvanse notas taquigráficas61 e levantouse acta notarial 62.
Trala Asemblea Aprobado o Proxecto de Estatuto polos Concellos 63, quedaba cuberto «el trámite que exig[ía] el apartado a) del artículo 2 de la Constitución de la República»64. O paso seguinte era establecer un «Comité Central de Autonomía de Galicia para solicitar del gobierno autorización a fin de someter la propuesta de Carta regional acordada en esta Asamblea a referendum plebiscitario, conforme al art. 12, letra b) de la Constitución; normas a que esta consulta popular debe ajustarse; y para presentar a las Cortes dicha Carta, caso de obtener el número de votos favorables que exije la Constitución»65. Por proposta de Alexandre Bóveda, acordouse «por aclamación nombrar Secretario General de ese Comité a D. Enrique Rejoy Leloup […] a quien se otorga un amplio voto de confianza para que proceda a la organización del Comité, a base de representaciones de las Diputaciones provinciales, Ayuntamientos y demás elementos que representan los diversos sectores del vivir social de Galicia»66.
59 Introducíronse modificacións nos artigos 2, 13-4º, 14, 15, 16, 19, 20, 22, 26, 24, 25, 34 e 36, os dous últimos por unha proposta presentada por seis partidos políticos, xa na fase deliberante (Asamblea Regional de los Municipios de Galicia. Fase deliberativa, pp. 4r-6v, en Fondo Estatuto C3/11). 60 «Certificación expedida por Don Manuel Rey García, Secretario del Excmo. Ayuntamiento de Santiago de Compostela y, como tal, de la Asamblea Regional de Ayuntamientos de Galicia» (Mesa 6, Documento 5, en Fondo Estatuto C3/11). 61 Por ex., a do 17 de decembro que recolle tódalas intervencións en castelán, traducindo as feitas en galego, pero poñendo a indicación «en galego» (Notas taquigráficas, Sesión de la mañana del sábado [17 Dic. 1932], Mesa 6, Documento 6, en Fondo Estatuto C3/9). 62 Escritura de Acta de la Asamblea del Estatuto Gallego. Otorgada en 17 de Diciembre de 1932 ante el notario Dr. D. Manuel Banet Fontenla (Mesa 6, Documento 7, en Fondo Estatuto C3/12). 63 Mesmo os concellos que se reservaran o voto por quince días, algúns deles bastante poboados, como A Coruña, Mondoñedo, Ordes ou Ortigueira, fixeron «constar que si dejan transcurrir ese término sin que sus Ayuntamientos manifiesten nada en contra, se considerará que votan en sentido favorable» (Asamblea Regional de los Municipios de Galicia. Fase deliberativa, p. 9r-v, en Fondo Estatuto C3/11). 64 Asamblea Regional de los Municipios de Galicia. Fase deliberativa, p. 9v. 65 Asamblea Regional de los Municipios de Galicia. Fase deliberativa, p. 10r. 66 Ademais, propúxose para el «un voto de gracias por sus trabajos en la organización de esta Asamblea; y se acuerda entre grandes aplausos» (Asamblea Regional de los Municipios de Galicia. Fase deliberativa, p. 10r).
ANTÓN M. PAZOS
29
Dalgún xeito, este voto de confianza foi o referendo á capacidade organizativa de Enrique Rajoy, que lograra en pouco tempo establecer un sistema de funcionamento que permitiu culminar a fase máis delicada do proxecto autonómico. O resto, en teoría era puro trámite, como así o recoñece a propia acta da Asemblea. Non foi tal xa que a unidade –sorprendente– que se producira ata o momento, parece que racha no momento de dar o seguinte paso. En principio, Rajoy cumpriu co encomendado convocando unha sesión o 8 de xaneiro de 1933 con representantes de organizacións, partidos e institucións oficiais para establecer o Comité Central de Autonomía67. Ademais, o día 2 de xaneiro acudira ao goberno solicitando autorización para celebrar o plebiscito, como informou á reunión68. Á semana seguinte, quedou establecido69 con Bibiano Fernández-Osorio Tafall coma presidente, «por serlo de la Asamblea Regional de Ayuntamientos», Manuel Insua70 e Raimundo López Pol71 de vicepresidentes e Enrique Rajoy como secretario xeral e un Comité executivo formado polos «miembros residentes en Santiago y los que concurran al punto donde tenga las reuniones»72. As sesións en principio sucedéronse ao ritmo do xa realizado, unha por semana, con avances en cada unha. Así, na do 22 de xaneiro, Castelao informou de «la gestión encomendada a los representantes en Cortes de Galicia cerca del Gobierno en orden al decreto plebiscitario del Estatuto»73. A partir dese momento, o que parecía inmediato empeza a alongarse no tempo. As sesións realízanse mensualmente sen resultados eficaces e, xa na do 5 de agosto se discute unha comunicación «del Secretario General del Partido Galleguista, que amenzaza con retirar su representación del Comité, por entender que los partidos no prestan la cooperación entusiasta debida para el éxito del plebiscito»74. Nesa mesma reunión Rajoy formula a falta de medios 67 Cfr. Libro de Actas del Comité Central de la Autonomía de Galicia, p. 3. O libro, de 430 páxinas, «selladas con los de la Asamblea Regional de Ayuntamientos y del Comité» está asinado por Rajoy o un de xaneiro dese ano (Mesa 7, Documento 3, en Fondo Estatuto C5/9). 68 Solicitárano «la Presidencia y Secretaría de la Asamblea». Como non podía ser menos, xa que había varios presentes, «se acordó que una Comisión de Diputados a Cortes, que se procurará represente a todos los partidos, gestione cerca del Gobierno el despacho favorable de dicho asunto» (Libro de Actas del Comité Central de la Autonomía de Galicia, p. 5). 69 Sesión do 15 de xaneiro de 1933. Inicialmente, formaron o comité 26 persoas. 70 Presidente da Deputación da Coruña. 71 Alcalde de Santiago. 72 Libro de Actas del Comité Central de la Autonomía de Galicia, p. 8. 73 «En síntesis manifiesta que visitado el día 17 el Jefe del Gobierno, les manifestó que por su parte no tenía ningún reparo que hacer al deseo de la Asamblea, pero primero tenía que hablar con el Ministro de la Gobernación […] y que luego se llevaría el asunto para ser resuelto en Consejo» (Libro de Actas del Comité Central de la Autonomía de Galicia, p. 9). 74 Libro de Actas del Comité Central de la Autonomía de Galicia, p. 21.
30
LEMBRANZA DE 1932: O ANO DA UNIDADE EN PROL DA AUTONOMÍA
para levar adiante o proxecto e empezan as dimisións, empezando pola do presidente, Fernández-Osorio, que foi rexeitada polo resto. Á falta de apoio económico, especialmente por parte das deputacións, sumouse inmediatamente a situación política xeral, e cando o 28 de setembro se decide convocar o plebiscito para o domingo 17 de decembro, a situación política entra en crise e dá a impresión que o plebiscito empeza a verse inviable. De feito, o 11 de novembro Rajoy presentou a súa primeira dimisión, tamén rexeitada75, que mencionou de novo na sesión do 24 de novembro76 e reiterou o 3 de decembro. Na súa nova carta de dimisión formulaba que a unión que parecía posible en 1932 rompérase: «por razones que se hallan a la vista de todos, yo tuve necesidad de tener una participación polémica en la campaña autonomista que, entiendo, debe apartarme de la labor propia de la Secretaría del Comité, por ser así más conveniente para la obra de concordia por que siempre he propugnado, aunque con resultado ineficaz»77. Aínda que tampouco se aceptou a nova dimisión, o certo é que se abandonou a loita polo estatuto, en parte polo temor a perdelo, como resaltou o propio Rajoy –partidario de manter a convocatoria– na Asemblea do 26 de novembro, celebrada no Paraninfo da Universidade78. No fondo o que algúns podían temer era que co novo goberno non se puidese fabricar a imposible maioría de votos favorables que esixía a Constitución.
A propaganda Como acabamos de ver, o Comité Central de Autonomía estivo sempre a reclamar medios para poder cumprir os seus obxectivos, o principal facer unha propaganda eficaz. Pero a falta de medios estivera presente dende que se 75 Razóa dicindo «me veo en la imposibilidad de continuar desempeñando mi cometido por no facilitárseme los medios que son indispensables para ello» (Oficio de Enrique Rajoy al Presidente del Comité Ejecutivo de Autonomía de Galicia, 11.XI.1933, Mesa 7, Documento 4, en Fondo Estatuto Carp. Ayuntamientos). 76 Esta vez argumentando que «sus múltiples ocupaciones le impiden» desempeñar o cargo. (Libro de Actas del Comité Central de la Autonomía de Galicia, p. 28). 77 E insiste, como na renuncia anterior en que é «imposible que yo pueda hacer una labor eficaz en el Comité porque no me proporcionan medios para ello» (Oficio de Enrique Rajoy al Presidente del Comité Central de Autonomía de Galicia, 3.XII.1933, Mesa 7, Documento 4, en Fondo Estatuto Carp. Ayuntamientos). 78 Chegou a plantexar que «puede ocurrir que el Pueblo no lo quiera; y como lo democrático es acatar su voluntad, no debe retrasársele la ocasión de que pueda manifestarla auténticamente» (Libro de Actas del Comité Central de la Autonomía de Galicia, p. 32).
ANTÓN M. PAZOS
31
empezara a poñer en marcha a Asemblea de Concellos. Nos primeiros momentos, dende que se lanzou a idea ata que se aprobou o Proxecto de Estatuto en decembro de 1932, contouse con pouco máis que a prensa79 e algunha edición de folletos, custeada polo Concello de Santiago, cunha tiraxe de 5.000 exemplares80. Nin sequera iso se vendeu ben nalgúns lugares. Os distribuidores na Coruña falaban de que o público estaba «algo frío, sin duda por el asunto de la capitalidad»81. En troques, outros lugares, ou outras xentes, facían o posible por telo e difundilo, aínda que mesmo os máis favorables, como Valentín Paz Andrade consideraban que «debeuse facer unha edición mais barata e espalla-la mais»82. De feito, Ramón Piñeiro, tan tarde como o 1 de outubro de 1932, escribiu á Comisión pedindo «o favor d’enviarnos cinco ou seis exemplares» para «un grupo d’amigos d’ista cibdade»83. O temor ao pouco eco levou á aparición, xa en ámbitos galeguistas, de propaganda clásica, en follas para espallar, como a asinada por Villar Ponte, tiduada «Sin autonomía estaremos perdidos»84 ou a dirixida directamente aos Concellos para animalos a acudir á Asemblea de Compostela, que incorpora ao imaxinario galeguista as características clásicas do culto xacobeo, reforzándoo con características de relixión iniciática85. No seu plan de propaganda, a Comisión organizadora da Asemblea de Concellos non descoidou a radio, de especial interese non só para Galicia, se79 De tódolos xeitos, o Comité organizador esmerouse en contar coa colaboración da prensa para que espallara a iniciativa. No listado de acreditacións enviadas para asistir á Asemblea figuran trinta xornais, dende os de Galicia ata os máis importantes de Madrid –El Sol, El Debate, ABC, El Liberal– pero tamén outros menos esperados como La Libertad ou La Veu de Catalunya, ademais dalgunhas acreditacións persoais (Prensa invitada a la Asamblea de Municipios. Relación de las tarjetas enviadas a la misma, Mesa 8, Documento 8, en Fondo Estatuto C3/3). 80 Cun gasto de 2.475 pts. (Intervención de Fondos municipales, Santiago (Mesa 8, Documento 2, en Fondo Estatuto C4/1). 81 Carta de Zincke Hermanos al Secretario de la Comisión del Estatuto Gallego, 15.X.1932 (Mesa 8, Documento 2, en Fondo Estatuto C4/1). 82 Carta de Valentín Paz Andrade al Secretario del Ayuntamiento de Santiago, Vigo, 6.X.1932 (Mesa 8, Documento 3, en Fondo Estatuto C2/s. n.). 83 Carta de Ramón Piñeiro al Secretario de la Comisión del Estatuto Gallego, 1.X.1932 (Mesa 8, Documento 4, en Fondo Estatuto C2/s. n.). 84 Estatuto Gallego. A. Villar Ponte, «Sin autonomía estaremos perdidos» (Mesa 9, Documento 6, en Fondo Estatuto c. pl./32). 85 «En el firmamento de Compostela ha aparecido una nueva estrella: está proyectada indicando el sepulcro de la Tierra. Cinco siglos lleva Galicia enterrada: la nueva estrella nos recuerda nuestra obligación: buscar la cueva y convertirla en nido…», sin esquezer a marca dos elexidos: «Si alguno os pregunta por la razón o por la conveniencia del nuevo peregrinaje a Compostela, no le hagáis caso; la luz de la estrella, no la ven los gusanos que hozan en la tierra. Si quieren saber lo que haréis al encontrar el nuevo sepulcro, despreciadlos: el fin es algo íntimo para los creyentes. Los que buscan afuera, no son más que unos incrédulos egoístas…» (Mesa 9, Documento 7, en Fondo Estatuto c. pl./32).
32
LEMBRANZA DE 1932: O ANO DA UNIDADE EN PROL DA AUTONOMÍA
nón sobre todo para as comunidades galegas de América. O primeiro paso do alcalde compostelán foi escribir a Casares Quiroga, ministro de Gobernación, para ver qué posibilidades había de obter autorización para unha emisora, ao que o propio Casares contestou por telegrama que «para instalación radioemisora único trámite es solicitarla»86, o que a comisión fixo inmediatamente87. E efectivamente, foi utilizada para transmitir un programa especial de clausura da Asemblea «a nuestros hermanos residentes en América uno de cuyos números será el de que puedan oír unas cuantas campanadas de la gran campana del reloj de la Basílica»88, segundo informaba o alcalde ao arcebispo, ao tempo que lle pedía que non soase ningunha outra campá en Compostela arredor das catro, para non interferir, como así se fixo89. Nos meses inmediatos á aprobación do Estatuto pola Asemblea de Concellos, aínda que a prensa seguiu sendo o elemento difusor por excelencia, reforzouse a propaganda, con folletos como o «Estatuto de Galicia (comentado)» que publicaron en edición manual e con abundante propaganda comercial «un grupo de jóvenes pontevedreses», con ganas de «hacer una edición amplia que pudiese distribuirse gratuitamente» xa que estaban seguros «de que son muchos los hablan de él sin haberlo leído y no pocos los que lo combaten sin haber meditado ni un solo instante en su contenido»90. O certo é que o estatuto aprobado na Asemblea de Concellos foi bastante difundido dende o principio, tamén coa edición oficial, inmediatamente despois de se aprobar91, ou as dos xornais92 que o reproduciron íntegro ou en tiraxe á parte. 86 «Lo que puede hacer incluso por telégrafo», conclúe, salientando a fácil regulación existente (Telegrama de Casares Quiroga a Raimundo López Pol, cuño de fecha ilegible, Mesa 8, Documento 9, en Fondo Estatuto C4/1). 87 Coa resposta tamén inmediata do ministro de Gobernación: «recibido su telegrama queda autorizado ese ayuntamiento para instalar estación transmisora radiodifusión según solicita (Telegrama Ministro Gobernación a Raimundo López Pol Alcalde, sin cuño de fechas, Mesa 8, Documento 9, en Fondo Estatuto C4/1). 88 Borrador del oficio del Alcalde de Santiago al Arzobispo (Mesa 8, Documento 10, en Fondo Estatuto C4/2). 89 O arcebispo confirmoulle ese mesmo día que dera ordes «para que esta tarde, desde las cuatro menos cuarto a la cuatro y cuarto no se toque las campanas de las iglesias» (Oficio del Arzobispo de Santiago al Alcalde, 19.XII.1932, Mesa 8, Documento 11, en Fondo Estatuto C4/1). 90 Estatuto de Galicia (Comentado), en 8º, 40 páginas [Mesa 8, Documento 4, en Fondo Estatuto C6/3 (XIII)]. 91 Estatuto de Galicia que la Asamblea Regional de Ayuntamientos celebrada en Santiago de Compostela durante los días 17, 18 y 19 de diciembre de 1932, acordó proponer a la votación de los electores conforme al artículo 12 de la Constitución, El Eco de Santiago, Santiago 1932 [Mesa 8, Documento 5, en Fondo Estatuto C6/3 (XII)]. 92 El Pueblo Gallego, «Estatuto de Galicia que la Asamblea Regional…». Son duas páxina as cun breve comentario ao final (Mesa 8, Documento 5, en Fondo Estatuto C6/1).
ANTÓN M. PAZOS
33
A loxística da Asemblea Dende que Rajoy propón que o Concello de Compostela convoque a Asemblea de Concellos que prevé a constitución republicana para iniciar o proceso estatutario, ata que se realizou, fixo falta poñer en marcha un complexo sistema organizativo –para a época e os medios dispoñibles–, que abrangueu dende os impresos necesarios a montar unha emisora de radio. Todos os gastos correron a cargo do Concello santiagués, ascendendo a 7.068,40 pts., incluíndo dende a contratación do fotógrafo Chicharro ao envío de paquetes, pasando polo arranxo do local onde se celebrou a Asemblea93. Primeiro o local. Na Compostela de entón, quen tiña locais ou aulas era a Universidade, á que se acudiu para solicitar o que pareceu máis adecuado, o Paraninfo, cedido «con la mayor satisfacción» polo reitorado94. A idea era utilizalo tamén para a Asemblea de decembro, aínda que, ao estar en obras, houbo que optar polo Salón de Actos da Facultade de Medicina95, que houbo que redistribuír para aloxar no estrado á Presidencia, os xornalistas, a Comisión do Estatuto, os secretarios, os taquígrafos e o secretario municipal, quedando o resto para os asistentes96. Na esquina do fondo instalouse un teléfono. Como xa vimos, dentro dos seus poucos medios, a Comisión organizou moi modernamente a Asemblea de decembro, algo necesario se se ten en conta que só contaban con tres días escasos para todo o proceso de información, discusión e votación do Estatuto. Quizais o máis novo sexa precisamente o sistema interno de teléfonos que se estableceu para conectar tódolos locais en que actuaban os representantes, as comisións de traballo ou as oficinas97. Á marxe xa da organización, non deixa de ser un servizo avanzado que a Telefónica incluíse no número 03, durante os días da 93 No arranxo do local inclúese dende «una bandera de Galicia» (20 pts) a un «repostero con el escudo de Galicia» (134,90 pts), para o que «el dibujante D. Camilo Díaz no cobró el trabajo» (Ayuntamiento de Santiago. Autonomía de Galicia. Asamblea Regional de Ayuntamientos. Cuenta general de los gastos originados, Mesa 9, Documento 10, en Fondo Estatuto C/Ayuntamientos). 94 Oficio del Rector de la Universidad de Santiago al Alcalde, 23.VI.1932. Mesa 9, Documento 1, en Fondo Estatuto C1/11. 95 Tamén nesta ocasión a Universidade destacou «la satisfacción que experimenta[ba] al conceder los locales» (Oficio del Rector de la Universidad de Santiago al Alcalde, 14.X.1932, Mesa 9, Documento 1, en Fondo Estatuto C4/1). De feito, o oficio comunica que ceden tamén o Paraninfo. 96 Borrador de dibujo de la distribución del Salón de Actos de la Facultad de Medicina (Mesa 9, Documento 2, en Fondo Estatuto C3/5). 97 A tarxeta da Compañía Telefónica Nacional de España co «Servicio de teléfonos de la Asamblea de Ayuntamientos» trae teléfonos internos da presidencia, o salón de actos, as aulas nas que se estableceran as seccións para a discusión do proxecto de estatuto e dous locutorios, indicando que «lo mismo que desde cualquier teléfono español, con los instalados para la Asamblea de Ayuntamientos, podrá V. celebrar conferencias con veinticuatro países europeos, Siam en Asia, Egipto […]» (Mesa 9, Documento 5, en Fondo Estatuto C4/1).
34
LEMBRANZA DE 1932: O ANO DA UNIDADE EN PROL DA AUTONOMÍA
Asemblea, información sobre «todos los actos a realizar, horas de los mismos, lugares donde han de verificarse, […]»98. Tamén no ámbito da comunicación hai que incluír o «sistema de amplificación de oratoria» instalado na Facultade de Medicina, tanto no local da Asemblea, como no claustro de entrada99. Dentro da loxística entran tamén as negociacións establecidas para transporte e aloxamento dos participantes. Practicamente todos os hoteis deron facilidades100 de aloxamento, chegando algúns, como escribe ao alcalde o Gran Hotel España, a deixar «la rebaja a su consideración, pues siempre que éstas beneficien a nuestra Región estamos dispuestos a hacer los mayores sacrificios, aun cuando estos tengan que ser gratuitos»101. Os medios de transporte tamén foron solicitados para que colaborasen. Castromil102 rebaixou un 25% aos participantes e os Ferrocarrís do Norte e do Oeste estableceron unha tarifa especial, coa burocracia ferroviaria habitual, con tarxetas con cupón intransferibles para cada viaxeiro103. Dentro da loxística entraron tamén os actos sociais, dende os banquetes ás actuacións, como a «Función oficial en honor de los Sres. Asambleístas», que tivo lugar no Teatro Principal o sábado pola noite, á que, como de costume foi «necesaria la tarjeta de Asambleísta para entrar»104.
A Asemblea e América Dende os primeiros momentos as asociacións de galegos en América seguiron con grande interese o desenvolvemento do proceso estatutario, 98 Carta del Jefe de Centro de la Compañía Telefónica a la Comisión del Estatuto Gallego, 3.XII.1932 (Mesa 9, Documento 4, en Fondo Estatuto C4/1). 99 Memorandum de Telefónica a la Comisión del Estatuto, con propuesta de instalación, 30.XI.1932 (Mesa 9, Documento 3, en Fondo Estatuto C4/1). 100 O Hotel Suizo ofreceu un desconto do 10% (Mesa 9, Documento 8, en Fondo Estatuto C4/1). 101 Carta de la dirección del Gran Hotel España al Alcalde, 7.X.1932 (Mesa 9, Documento 8, en Fondo Estatuto C4/1). 102 Carta de la empresa Castromil al Alcalde de Santiago, 12.X.1932 (Mesa 9, Documento 6, en Fondo Estatuto C4/1). 103 Tarjeta de identidad para la Asamblea de Municipios de Galicia (Mesa 9, Documento 7, en Fondo Estatuto C4/1). En cada tarxeta figura, ademais dos datos e sinatura do titular, a institución pola que acode á Asemblea. 104 Programa de mano de la Función (Mesa 9, Documento 10, en Fondo Estatuto C4/1). Actuaron a Banda Municipal de Santiago e a Agrupación Artística Compostelana.
ANTÓN M. PAZOS
35
adheríndose, como a «Unión del Distrito de Arbo y Protectora de los Hijos de Cabeiras en Rio de Janeiro» a «tan noble causa a favor de la redención de Galicia»105, senón que, ao contrario do que sucedeu en Galicia, colaboraron con notable xenerosidade nos gastos de propaganda do proceso estatutario. As contas de entradas (case todas donativos particulares ou de institucións privadas) do Comité Central de Autonomía reflicten que máis do 60% dos ingresos proveu das achegas das colonias galegas de Nova York e Bos Aires106. E dende logo, os galegos de ultramar tomaron con todo interese o proceso estatutario, tanto apoiando o que o favorecese como criticando o que fose obstáculo, como fixo a ORGA de Bos Aires condenando por telegrama «la miserable actitud Ayuntamiento Coruña [y] Vigo»107. De tódolos xeitos, o que máis apreciaron os galegos americanos e se reflicte nas cartas posteriores á Asemblea de decembro, foi o impacto que lles causou escoitar as campás da catedral compostelana, «pues para el gallego emigrado vale mucho oro el oír en Buenos Aires las gloriosas campanas de la catedral compostelana», o mesmo que o peche da Asemblea: «¡Qué emoción más grande se apoderó de nosotros ese día! ¡Cuántas lágrimas brotaron de los ojos de los emigrados al oír sus campanas, sus gaitas y la voz de esos gallegos que luchan por una Galicia libre!»108. Mesmo os que, coma o Centro Gallego de Montevideo, «no obstante los esfuerzos realizados» non poideran ouvir a transmisión salientaban que «el sonido de la campana de Santiago hubiera sido también un estímulo, que a la par de las palabras de una nueva fe, por Vd. pronunciadas, nos hablarían de la grandeza de Galicia»109. De feito, o que máis irritou aos galegos de ultramar foi precisamente non poder conectar coa clausura. Foi o caso da agrupación de Bos Aires que protestou «enérgicamente [por] su omisión injusta en [el] acto [de] transmisión radiotelefónica [del] triunfo [del] estatuto siendo [los] únicos [que] lucharon doce años [por la] au105 Carta de la Secretaría de Hijos Unidos del Distrito de Arbo, 14.X.1932 (Mesa 10, Documento 1, en Fondo Estatuto C4/1). 106 Cfr. Comité Central de Autonomía de Galicia. Cuenta general de ingresos y gastos. Año 1933 (Mesa 10, Documento 7, en Fondo Estatuto C4/1). O total de ingresos é de 4.999,55 pts. O «donativo de los gallegos radicados en Nueva York» é de 2.000 pts e o achegado coa «suscripción de El Correo de Galicia de Buenos Aires», de 1.200. A moita distancia seguen as achega do Ayuntamiento de Carballino con 196,50 e da Colonia gallega de Barcelona con 150. 107 Telegrama de la ORGA de Buenos Aires a Presidente Asamblea Santiago Compostela, sin cuño de datas (Mesa 10, Documento 2, en Fondo Estatuto C4/1). 108 Carta de Santiago Vigo Bóo al Alcalde de Santiago, sen data (Mesa 10, Documento 4, en Fondo Estatuto C4/1). 109 Carta de la directiva del Centro Gallego de Montevideo al Alcalde de Santiago, 22.XII.1932 (Mesa 10, Documento 5, en Fondo Estatuto C4/1).
36
LEMBRANZA DE 1932: O ANO DA UNIDADE EN PROL DA AUTONOMÍA
tonomía comunicando en cambio con centros reaccionarios antigalleguista[s]110.
1932: Xuntos por Galicia Como pode comprobarse na breve traxectoria dos meses da Asemblea de Concellos que veño de trazar, baseándome nos documentos do proceso de elaboración do texto estatutario, 1932 foi un ano de excepcional unidade entre a maioría das forzas políticas da nova República. Certamente non todos foron entusiastas autonomistas –como foi o caso dos deputados polo Partido Socialista– ou apenas participaron –como sucedeu con comunistas ou anarquistas– ou estiveron enfrontados por cuestións de minucias –como a Real Academia Galega– ou de localismos –como Coruña fronte a Santiago–, pero, en conxunto, pode dicirse que o termo que se utiliza frecuentemente polos protagonistas –entusiasmo autonomista– correspondeu a un momento excepcional. A crise política das primeiras cortes republicanas e as eleccións de 1933 cambiaron por completo o panorama, entrando decididamente na vía de desconfianza e enfrontamento político que foi característica cada vez máis marcada da II República. A decisión do Comité Central de Autonomía de postergar sine die111 o referendum previsto para o 11 de decembro de 1933 é un síntoma dese enfrontamento e, á vez, do temor a unha consulta plebiscitaria plenamente legal e aberta, que podería supoñer o rexeitamento do Estatuto ou, polo menos, sen lugar a dúbidas, a imposibilidade de alcanzar o quorum de votantes necesario para aprobalo. En calquera caso, unha unidade como a de 1932 non se volveu a dar, e dificilmente podería acharse outro momento político dos anos seguintes –moitos anos seguintes– no que se puidese atopar a maioría dos galegos xuntos por Galicia.
110 Telegrama de la Federación de Sociedades Gallegas del Periódico Galicia al Alcalde de Santiago. Cuño de datas ilexible [(Mesa 10, Documento 3, en Fondo Estatuto C4/1)]. 111 Na reunión do 3 de decembro de 1933 «se presenta por la Mesa la siguiente proposición: La Mesa considerando suficientemente discutido el orden del día, después de escuchar las opiniones de los diferentes representantes, coincidentes en la conveniencia de aplazar el plebiscito señalado para el domingo 17 del corriente, por aconsejarlo razones de todo orden, propone a la Asamblea, que acuerde por aclamación: 1º.- Aplazar «sine die» y mientras las circunstancias lo aconsejen, el plebiscito del Estatuto» (Libro de Actas del Comité Central de la Autonomía de Galicia, pp. 37-38). De feito, tomouse o asunto tan a peito que non figura ninguna anotación no Libro de Actas ata o 11 de Maio de 1936, despois de dous anos e medio de inactividade e cunha paisaxe política ben distinta.
GALIZA ENTRE PRIMO DE RIVERA E A IIª REPÚBLICA. UNHA ACHEGA Bernardo Máiz Vázquez. Doutor en Historia Contemporánea. Catedrático IES «Concepción Arenal». Ferrol.
Ata hai pouco tempo os únicos sectores estudados da historia de Galiza da primeira metade do século XX viñan ser as diferentes faces do nacionalismo político e cultural, o agrarismo, a emigración e algunhas forzas políticas, menos a sublevación militar fascista de xullo do 1936 ou a resistencia armada antifranquista. Ultimamente avanzou ben a historiografía galega, e nesta altura hai análises de certos elementos transversais (poboación, pesca, ensino, guerrilla, sindicalismo,...) e numerosos estudos «micro» (expresión pouco afortunada) de determinados territorios, uns fenómenos e/ou entidades que achegan unha visión complementar –e ás veces sorprendente– que afonda cara ao coñecemento global da situación. Por xunto todo é apreciable, mais coido hai unha esculca innecesaria en aspectos xa coñecidos e publicados, un «descubrir o xa descuberto» por intereses máis de erudición, oportunismo, localismos e curriculum que de avanzar nun verdadeiro coñecemento histórico, entendido este como elemento transformador. Por outra banda, parecendo moito, o que hai non abonda, e unha das carencias é aínda o descoñecemento en profundidade de como os factores e elementos da «gran política» afectaban/conmovían/impregnaban verdadeiramente ao común dos galegos, se coincidía o tempo político co histórico e coa realidade cotiá, que cousas das que chegaron a nós como aparentemente senlleiras na nosa historia eran só preocupación de «notables» dunha ou outra caste ideolóxica, tantas veces os únicos que deixaron escritos, estes ás veces errados, parciais e tópicos. Algúns deses tópicos, desgraciadamente estesos, manteñen que Galiza no primeiro terzo do século XX era un territorio moi atrasado e mísero, incomunicado, comesta polo caciquismo e os deputados cuneros, de poboación ignorante, analfabeta, mansa, ..., un tempo no que (din) só unha ínfima minoría
40
GALIZA ENTRE PRIMO DE RIVERA E A IIª REPÚBLICA. UNHA ACHEGA
ilustrada vía a luz. Asi describiron Galiza aqueles nosos clásicos tan a miúdo tristes, visión perpetuada por estudosos comestos de ruralismo e de malencunía «fidalga e señorial», aínda teima infortunada de investigadores posteriores, repetitivos e que non trataron axeitadamente as fontes primarias, deslumbrados –por exemplo– polo modelo de desenvolvemento económico catalán, ou empeñados en atopar eiquí –por exemplo– un sistema de partidos esteso e standard, aquel diferente e este importante pero non imprescindibles, agás que caiamos na mímese e non aceptemos a orixinalidade de Galiza na súa historia. Ven resultar que as cousas son mesmamente ao revés, malia todo o que se diga1, que a realidade se nos presenta diferente á academicamente aceptada, pois abonda ir con método ás fontes estatísticas e documentais, mirar polo miúdo cifras galegas de poboación, escolarización, mecanización, prezos/salarios, etcétera, comparalas coas medias españolas do tempo e non coas dos territorios máis desenvolvidos, para decatarnos de que, nunha Galiza na que os cambios, se tardíos, son ben profundos, sendo verdade o éxodo plurisecular, o raquitismo burgués, a insolidaridade institucional, a colonización financieira ... , o ruralismo, o minifundio, os foros, a inhibición empresarial,...2, en 1910, en 1920, en 1930, o país cambiaba, se transformaba, progresaba, e non era tan misero como nos dixeron. Apreciamos, asemade, que (e á vista dos estudos non é unha blasfemia) mesmo o saldo migratorio non era demográficamente tan terrible e xeraba benéficos efectos económicos e ideolóxicos, que os movementos labrego e obreiro galego foron ben temperás e activos, e que, como factor de principal trascendencia para o que nos ocupa, a variadisima e potente urdime do societarismo galego dun ou outro tipo constituía tecnicamente e ideolóxicamente un elemento tan diferenciador como transformador.
A poboación e a economía Galiza, con 2.060.000 habitantes no 1910, 2.124.000 no 1920, 2.230.000 no 1930, era un territorio densamente poboado (Cadro I), caracterizado por unhas natalidade (Cadro II) e mortalidade (Cadro III) inferiores á media española; á vez, as familias galegas tiñan un número de fillos superior a esa media (Cadro IV).
1 2
BEIRAS TORRADO, X.M. O atraso económico de Galicia, Vigo, Editorial Galaxia, 1972. BEIRAS TORRADO, X.M. O atraso..., op.cit.
BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ
41
Polo anterior, con diferencias provinciais, o saldo vexetativo galego entre 1900 e 1930 foi dun 8’83/1000, sendo no mesmo período un 8’60/1000 a media española, e no ano 1931 dun 12’98/1000, sendo a media española dun 11’91/1000, nunha mostra extraida dos Anuarios Estatísticos de 1931 e 1934 Cadro I. Densidade Período
Galiza
España
1911-1920
6’6
6’4
1921-1930
9’5
10’2 (INE)
Cadro II. Natalidade Anos
Galiza
España
1910
31’0
32’4
1920
27’7
29’2
1930
27’9
28’5
1940
22’6
24’6 (INE)
Cadro III. Mortalidade Anos
Galiza
España
1910
21’4
23’3
1920
17’9
18’3
1930
16’0
17’0
1940
13’4
13’8 (INE)
Cadro IV. Fillos por familia Anos
Galiza
España
1900-1910
5’0
4’5
1911-1920
5’1
4’2
1921-1930
4’2
3’9 (INE)
42
GALIZA ENTRE PRIMO DE RIVERA E A IIª REPÚBLICA. UNHA ACHEGA
A emigración, no tempo que nos ocupa case exclusivamente Alén Mar, era unha traxedia afectiva, familiar...., pero, relativicemos á marxe da literatura e do sentimento; Marchaban asturianos, canarios, andaluces..., e, sobre todo, galegos. As cifras de persoas que deixaron Galiza son moi elevadas (733.176 entre 1911 e 1930), mais , con certa sorpresa, comprobamos na realidade do balanzo migratorio no decenio 1923-1933 (Cadro V) que a perda demográfica galega a conta da emigración, 62.383 persoas, non foi tan importante como acostumabamos crer. Asemade, mirados os residentes ausentes dos Censos Municipais, o cativo número de extranxeiros que viñan a Galiza, e sabendo que as circunstancias laborais e políticas nos paises de recepción levaban ás veces a cambios de nacionalidade, seguramente eses inmigrantes eran maioritariamente galegos de nación, «retornantes» a Galiza dende os países receptores por circunstancias varias, non exclusivamente a consecuencia da crise capitalista xerada despois de outubro do 1929. Máis abaixo trataremos esa cuestión e as achegas a Galiza dende a emigración e as das persoas retornadas temporal ou definitivamente. Cadro V. Galiza. Balanzo migratorio Ano
Emigrantes Inmigrantes
Saldo
Ano
Emigrantes Inmigrantes
Saldo
1923
50.667
18.571
-32.096 1929
28.129
16.426
-11.703
1924
45.033
19.102
-25.931 1930
24.671
19.205
-5.466
1925
26.781
17.808
-8.973 1931
7.820
25.622
+ 20.802
1926
23.291
19.067
-4.224 1932
5.566
17.165
+11,599
1927
22.849
20.239
-2.610 1933
3.791
10.582
+6.791
1928
26.093
18.521
-7.572 Total 264.691
202.308
-62.383
(Elaboración propia dende An. Estadísticos 1924 / 1934)
Había sete cidades (Cadro VI), delas dúas de servizos, outras dúas levíticas, unha industrial naval, outra estudantil e a séptima industrial naval-militar. Pero, as cidades agrupaban menos do 10% da poboación galega, as outras formas de poboamento estaban constituídas por unha chea de vilas cabeceira de comarca, moita poboación espallada en aldeas e arrueiros. No conxunto do territorio galego apreciamos unha forte diferenciación demograficamente positiva arredor de Vigo, na costa das Rías Baixas, na de Ferrol e o golfo Ártabro (Cadro VII, recollendo como mostra os concellos de Ferrol e do Partido Xudicial de Pontedeume), zonas máis desenvolvidas demográfica, técnica, laboral e socialmente.
BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ
43
Cadro VI. Poboacion das cidades galegas A Coruña
Lugo
Ourense Pontevedra
1920
63.603
29.940
18.365
1930
71.511
32.139
21.461
Vigo
Santiago
Ferrol
28.957
53.614
37.341
30.782
30.566
65.983
39.620
37.662 (INE)
Cadro VII. Mostra de poboación Concello
1900
1910
1920
1930
Ferrol
25.281
26.331
30.782
37.662
Ares
4.209
4.537
4.488
4.850
Cabanas
3.322
3.447
3.443
3.584
Capela
3.960
4.132
3.909
4.333
Fene
5.388
6.240
6.057
6.540
Miño
4.923
4.862
5.110
5.326
Monfero
5.715
6.116
5.942
6.473
Mugardos
6.294
6.459
6.487
7.101
Pontedeume
5.943
6.344
6.584
7.056
Vilarmaior
3.062
3.210
3.242
3.124
(Elaboración propia dende INE)
Asemade, medraban moito nese tempo as vilas mariñeiras, con destacadas flotas tradicionais e novas «a vapor» (bous, «trowlers», bakas, tarrafas..., Cadro VIII), e establecementos conserveiros, que con aquelas outras que eran nós de comunicacións ferroviarias (Monforte ou Betanzos, por exemplo) presentaban un ritmo de crecemento superior á media galega e moi por riba da media española. Na economía galega, superada a denominada «crise finisecular», estaban a transformarse en Galiza o conxunto de sistemas e relacións de producción, dándose unhas anovación e mellora importantes, que coñecemos aínda parcialmente mercé a estudos sectoriais e aqueles outros «micro» que sinalei máis atrás. Recollimos nas memorias da xente, apreciamos nos estudos publicados, e comprobamos consultando entre outra documentación os Registros de Contribución Industrial de varios concellos, como había centrais eléctricas e fabriquines de
44
GALIZA ENTRE PRIMO DE RIVERA E A IIª REPÚBLICA. UNHA ACHEGA
luz esparexidos por todo o territorio (32 instalacións no 1931, cunha producción de 51.529.155 Kw/h); como, ademáis de no ferrocarril, persoas e mercadurías circulaban por unha tupida rede de transporte por carretera (activado a conta do «Estado de Obras» primoriverista: 7.461 vehiculos no 1928, 12.048 no 1931), e de tranvías (en Coruña no 1913; ata Sada no 1923; en Vigo no 1914, ata Baiona e Porriño no 1920; Pontevedra-Marín e Ferrol-Neda no 1924: en total 182 Km. de vías no ano 1931), completadas con numerosas liñas marítimas interiores3, especialmente mestas nas rías viguesa, arousá e ferrolá a conta da fluencia laboral cara aos estaleiros, fábricas de conservas e os seus derivados, tamén navegacións de máis longos bordos nunha actividade comercial crecente dende os anos da Iª Guerra Mundial en diante. Xeraban moito emprego (11% da poboación activa no 1930) e riqueza as conserveiras (Cadro IX) e a mecanización marítima (case 60.000 tripulantes no ano 1931: Segundo o Anuario Estadístico de 1932 o conxunto do sector ocupaba 170.000 persoas)4, a construcción naval en Vigo e en Ferrol co «Plan de Escuadra», tamén medraban as pequenas industrias e a agricultura polos avances técnicos: adubos, arados «modernos», máquinas de mallar, etc.5. Sumemos as obras públicas da Dictadura primoriverista, as remesas monetarias da emigración, e por xunto estaban a modificarse as estructuras económicas galegas que, indiscutiblemente atomizadas e dispersas no eido industrial agás nos citados casos de Ferrol (estaleiros) e Vigo (estaleiros e conserva), existían con forza, dun xeito evolutivo laboralmente apreciable no Cadro X, e extremo comprobable comparando as cifras de persoas ocupadas en cada un dos Grupos de Industrias y Profesiones dos Anuarios Estadísticos de 1920 e 1930, dados que obviamos pola súa extensión. Cadro VIII. Barcos de pesca 1931
Vapor/tn,
Motor/tn
Vela-remo/tn
Total emb.
Tn. total
Galiza
457/17.387
638/3.670
12.587/33.833
3.006
24.988
España
1.254
4.594
—-
—
—
(Anuario Estadistico. 1931)
MÁIZ VÁZQUEZ, B. As embarcacións de pasaxe das rías galegas, Vigo, Edicións Xerais, 2000. PEREIRA, D. Os Conquistadores modernos: movemento obreiro na Galicia de anteguerra, [Vigo], Edicións A Nosa Terra, 1992. 5 FERNÁNDEZ PRIETO, L. (dir.), Terra e progreso: historia agraria da Galicia contemporánea, Vigo, Edicións Xerais, 2000. 3 4
BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ
45
Cadro IX. 1931. Fábricas de conservas de peixe En lata
Escabeche
Salgazón
Valor de «en lata»
Galiza
76
70
156
27.253.833 ptas.
España
178
164
384
50.129.662 ptas. (Anuario Estadistico 1931)
Cadro X. Poboación activa Sector 1º
Sector 2º
Sector 3º
1920
82’78 %
7’30 %
9’92 %
1930
65’32 %
14’66 %
20’02 %
(Camilo Nogueira, 1977)
Escribiu Castelao, ao fío da súa estadía forzosa en Extremadura no ano 1935, que en Galiza hai fame, pero non hai esta miseria, e así era. O campesiñado galego, propietario minifundista, foreiro ou sinxelo xornaleiro, comía, con certeza pouco e mal, pero comía; o mariñeiro galego, fora como patrón, «á parte» ou como asalariado, tiraba do mar abondo para a súa mantenenza, e quen traballaban nos outros sectores de producción percibían cos demáis unhas retribucións (Cadro XI), iguais ou superiores ás medias españolas segúndo oficios e profisións (p. ex., en España no 1930 os albaneis 7’75 ptas/día, as modistas 4`50 ptas/día, no metal 8 ptas/día, no mar andaluz 225 ptas/mes), salarios que foron mellorados coa lexislación laboral republicana. Cadro XI Promedio de salarios en Coruña (capital) Ferrol, Pontedeume, Mugardos Oficio Albanel
1930 1933 7’75 ptas/día 8’25ptas/dia
1936 8’75 ptas/dia
1940 10 ptas/dia
Carpinteiro
7’60 ptas/día 8 ptas/dia
8’50 ptas/dia
9’50 ptas/dia
Modista de taller
4’60 ptas/día 4’60 ptas/día 5 ptas/día
5 ptas/día
Xornaleiro agricola
5 ptas/día
7 ptas/dia
Obreiro cons. Naval 10 ptas/día Mariñeiro altura (*) (*) Tamén % pesca
5 ptas/dia
6’25 ptas/dia
10 ptas/dia
11’25 ptas/dia 11’75 ptas/día
240 ptas/mes 245 ptas/mes 240/ptas/mes 240/ptas/mes Elaboración propia dende INE, prensa, D. Pereira)
46
GALIZA ENTRE PRIMO DE RIVERA E A IIª REPÚBLICA. UNHA ACHEGA
Os prezos (Cadro XII), menores que os medios en España, só son significativos aplicados ás cidades e as súas zonas de influencia, pois sabemos da «economía mixta» e do autoabastecemento propios das vilas e do rural galegos. Cadro XII Promedio de prezos de alimentos en Coruña (capital), Ferrol, Pontedeume, Mugardos Producto Fariña de trigo Ovos Carne vitela Carne porco Aceite Touciño Patacas Leite Bacallao Café
1930 0’60 ptas./kg 2’10 ptas/ducia 4 ptas./kg 2’50 ptas./kg 1’80 ptas./l 2’25 ptas./kg 0’25 ptas./kg 0’50 ptas./l 2’23 ptas./kg 8’31 ptas/kg
1935 0’53 ptas/kg 2 ptas/ducia 3’5 ptas/kg 2’50 ptas/kg 1’75 ptas/l 3’10 ptas/kg 0’24 ptas/kg 0’60 ptas/l 2 ptas/kg 8’40 ptas/kg
1940 0’87 ptas/kg 5’50 ptas/ducia 6’80 ptas/kg 7’64 ptas/kg 4 ptas/l 7’90 ptas/kg 0’63 ptas/kg 0’78 ptas/l 3 ptas/kg 13’30 ptas/kg
(Elaboración propia dende Anuários Estadísticos e prensa)
Ensino e cultura Espiguemos algunhas cifras para coñecer a poboación escolarizada, no ensino público un 51’8% no 1923 e un 55’6% no 1933: son porcentaxes aparentemente escasas, mais, anotando o destacadisimo labor escolarizador nas décadas 1910-1930 das escolas «laicas» das Sociedades de Instrucción nadas na emigración galega ultramariña (300 aulas), as escolas dos pósitos de pescadores (52 no 1933, 58 no 1935), o ensino estrictamente privado e aqueloutro non regrado dos mestres «do ferrado» ou «da tega», sabemos que que as cifras verdadeiras non corresponden á realidade oficial, que a escolarización6 e a alfabetización galegas (Cadro XIII) eran superiores á media española, e grandes as diferencias comarcais; seguindo a Narciso de Gabriel7 había «fa6 COSTA RICO, A. Historia da educación e da cultura en Galicia (Séculos IV-XX): Permanencias e cambios no contexto cultural e educativo europeo, Vigo, Edicións Xerais, 2004. 7 GABRIEL, N. DE, Escolantes e escolas do ferrado, Vigo, Edicións Xerais, 2001.
BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ
47
me de instrucción», dándose a máxima alfabetización relativa nas áreas de Ferrol, Pontevedra, Vigo, Santiago, no Baixo Miño, nas cabeceiras de comarca e na costa toda agás na da Morte, aínda que, lamentablemente, esa alfabetización na poboación masculina sempre estaba por riba da media estatal, mais non na poboación fiminina, ... habendo concellos do interior nos que aparentemente ningunha muller sabía ler ou escribir. A mostra do Cadro XIV abonda no sinalado. Cadro XIII. Alfabetización en % A Coruña Anos
V
M
Lugo V
Ourense M
V
M
Pontevedra V
M
España V
M
1920
65’02 37’06 67’92 34’61 59’53 33’30 69’02 41’50 63’88 48’12
1930
74’09 48’62 76’79 51’70 72’68 47’62 76’80 54’13 74’71 59’43 (INE e N. de Gabriel)
Cadro XIV. Mostra «educativa» no 1920 Concello
Poboación V. alfabet. M. alfabet. V. analf. M. analf.
Nº Escolas
Ares
4.488
1.319
1.005
1.468
688
7 (+2 laicas)
Cabanas
3.443
749
662
1.308
647
9 (+1 laica)
Capela
3.909
341
664
1.703
979
11
Fene
6.057
1.876
1.176
1.868
978
8 (+2 laicas)
Miño
5.110
963
1.121
1.901
991
11
Monfero
5.942
587
1.289
2.710
1.299
13
Mugardos
6.487
2.028
1.496
1.851
1.087
7 (+2 laicas)
Pontedeume
6.584
1.415
1.566
2.328
1.240
14
Vilarmaior
3.242
587
712
1.323
574
9
(Elaboración propia dende «Comisiones Municipales de Enseñanza»)
Con Primo de Rivera foi importante o esforzo escolar, e superior no primeiro bienio republicano, de xeito que o número de escolas públicas en Galiza subiu das escasamente tres mil existentes no ano 1924, ás catro mil de 1929 e ás case seis mil en 1933. Porén, coido aínda máis significativas as cifras de bibliotecas escolares «circulantes» (Cadro XV) que, da man das 393 Misións que inzaron o país de activismo pedagóxico, dotou a República no seu primeiro bienio.
48
GALIZA ENTRE PRIMO DE RIVERA E A IIª REPÚBLICA. UNHA ACHEGA
Cadro XV. Bibliotecas escolares A Coruña
Lugo
Ourense Pontevedra
1931
19
20
21
16
1932
17
1
19
12
1933
28
28
78
103
(Anuario Estadístico 1934)
Eran notables as ensinanzas técnico-profisionais para adolescentes e adultos que impartían algunhas sociedades agrarias (Los pueblos sin instrucción son esclavos y víctimas de los tiranos), sociedades de instrucción, ateneos, Escolas de Artes e Oficios urbanas, o modélico Centro Obrero de Cultura de Ferrol, e aquelas de orientación marítima nalgunhas escolas dos Pósitos de Pescadores que creara en 1917 o ferrolán Alfredo Saralegui e que potenciou a Dictadura primoriverista para, entre outras cousas, contrapoñelos8 ao potente sindicalismo mariñeiro de clase. En bacharelato as cifras medraron apreciablemente dende a inauguración en 1927 e 1928 de institutos en Ferrol9, Ribadeo e Noia, medrando dende os 5.924 estudantes do ano 1924 aos 8.738 do ano 1932, cando comezou andar o instituto de Vigo nos locais do colexio dos expulsados xesuitas. Sumemos as escolas de Comercio, de Maxisterio, acheguemonos á pequena Universidade de Santiago, que agrupaba 2.055 estudantes no curso 1928-1929, 1.903 no 1929-1930, 1.955 no 1930-1931, 2.103 no 1931-1932, 2.046 no 1932-1933. De tódolos xeitos, nestes niveis medio e superior, e segundo cálculos propios baseados nos Anuarios Estadísticos, as porcentaxes eran menores que a media española. Problema engadido para a aprendizaxe era que ese ensino se desenvolvía case exclusivamente en español, representando, en palabras de Costa Rico10, Un instrumento de españolización e de desgaleguización, cada vez máis eficaz no contexto da mobilización, transformación e modernización relativa da sociedade galega, que conlevaba canda si uns aumentos constantes dos 8 PEREIRA, D. Foulas e ronseis: (retrincos para un tratado do mar dos galegos), Santiago de Compostela, Edicións Positivas, 2005. 9 MÁIZ VÁZQUEZ, B.; RICO PEÑA, F. Historia do Instituto Concepción Arenal, Ferrol, Edicións Embora, 2007. 10 COSTA RICO, A. Historia da educación..., op. cit.
BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ
49
índices de escolarización, en alza como vimos. No tempo 1923-1931 rexía o recollido nuna nota oficiosa da autoría do propio Don Miguel, publicada na Prensa en decembro do 1923: No hay más idioma que obligatoriamente enseñar que el castellano, declarado idioma nacional o español, guardando para los idiomas regionales el respeto que merece todo lo que constituye tesoro tradicional de los pueblos que forman España ... Por tanto, en las escuelas no se enseñará más que el castellano ni ninguna disciplina se dará en otro idioma. Polo expresado, antes de 1931 só excepcionalmente algúns mestres de primaria (Carré, Viqueira, Mato, ...) se preocuparan pola lingua galega, e nalgunhas sociedades recreativas e escolas «laicas» (por exemplo, en Redes-Caamouco) había interése pola cultura galega, efecto indudable do labor galeguista que, paseniño e con dificultades, ía valorizando o país na sociedade. A cultura «oficial», polo que reflícten a prensa e a memoria absolutamente mimética coa de Madrid, locía nos teatros, cafés-cantantes e casinos das sete cidades e nalgunhas vilas, sendo de maior trascendencia na década dos vinte para a cultura popular aquelo moderno que viña de América (revistas, libros, ideas, actitudes), a extensión dos aparatos de radio, as salas de cine (en moitos lugares mixtas como salas de baile), os cadros de declamación, a riola de bandas e orquestras, os coros galegos que enchían o país, pois, máis alá do rexionalismo da gaita, do exclusivo folklore «aldeano» ... (as Irmandades) tiraban da cultura tradicional dos Coros, romerías enxebres, gaita, paisaxe, contos populares, estudos etnográficos11, conseguindo conectar eficazmente con entidades e persoas que, con fachenda, exercían como galegas, apreciable mesmo na reivindicación en Galiza e Alén Mar da galeguidade do aviador Piñeiro e de Ramón Franco canda a viaxe do hidroavión «Plus Ultra» a América no 1926. Noutro eido academicamente máis positivo, acredítanos Xosé A. Fraga Vázquez12 que a década dos vinte e os anos republicanos foron en Galiza de «portas abertas ao coñecemento», manifesto na Misión Biolóxica de Lourizán (1921), no labor do Seminario de Estudos Galegos (nado precisamente no ano 1923), nas granxas agricolas, na experiencia de bioloxía mariña en Marín, etcétera. Neses anos, ademáis do citado, houbo creacións senlleiras e trascendentes como a exquisita revista Nós (1920) e o citado SEG. Asemade, a un nivel BERAMENDI, X. Historia do galeguismo político, Vigo, Edicións Xerais, 2007. FRAGA VÁZQUEZ, X. A. (ed. lit.), Redes de coñecemento: a Junta para Ampliación de Estudios e a ciencia en Galicia [exposición], [catálogo], [Madrid], Consejo Superior de Investigaciones Científicas, 2007. 11 12
50
GALIZA ENTRE PRIMO DE RIVERA E A IIª REPÚBLICA. UNHA ACHEGA
máis esteso, un galeguismo non exclusivamente enxebrista ou cultural impregnara á maioría das entidades da emigración galega en América e a numerosas sociedades locais, definidas estatutariamente como apolíticas, máis tamén como defensoras de las costumbres y paisajes de nuestra región, como foi o caso, entre tantas outras, da Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega d’O Seixo de Mugardos, creada no 1923; abundan os boletíns, programas de festas, convocatorias a actos, que, de 1917 en diante, senon antes, e especialmente de 1923 a 1930, reproducen fragmentos de literatura popular e culta galega, especialmente de Rosalía de Castro, Curros e Cabanillas e case sempre o hino galego na contratapa. Finalmente, coido é de subliñar o papel que, cara a afirmación do galego como lingua de uso público, exerceron naquel tempo publicacións e editoriais galeguistas e, aínda máis, coros e creadores populares como, entre outros, os autores de teatro Charlón e Hermida ou o humorista en galego Joselín, respectable alcalde de Baiona na dictadura primoriverista. De tódolos xeitos, relativicemos neste eido da galeguización aparente da sociedade, pois entre o campesiñado, sector maioritario de poboación (Cadro X), entendido polos galeguistas como garante das esencias tradicionais e encarnación das virtudes tradicionais ... suxeito dunha idealización acrítica13, a influencia ideolóxica e política galeguista era feble ou nula ata o paso aos anos trinta, e só dun aceptable e crecente implantamento ben andada a xeira republicana14; asemade, no referido a outros sectores populares, os galeguistas non consideraban á clase obreira como unha clase social identificada coa nación (galega) ... Esa prevención víase reforzada polo feito de as organizacións obreiras amosaren serias resistencias a esa galeguización15. En conclusión, antes de 1931 a galeguización consciente da sociedade existía, pero non era factor primordial de conciencia nen de mobilización.
O asociacionismo e a política O caciquismo, o «turnismo» entre o Partido Conservador e o Partido Liberal, o cunerismo electoral, constituían na Galiza do paso de séculos factores tan fundamentais como negativos, mais non eran caracteristicas perversas exCABO VILLAVERDE, M. O Agrarismo, Vigo, Edicións A Nosa Terra, 1998. BERAMENDI, X. Historia..., op. cit. 15 Bieito Alonso Fernández en CARBALLO, F. (dir.), Historia de Galicia, [Vigo], Edicións A Nosa Terra, [1996]. 13 14
BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ
51
clusivas deste territorio: o rexeneracionismo denunciara a súa existencia e fortaleza en tódolos distritos electorais e provincias españolas como uno de los males de la Pátria. Na oposición á monarquía, principalmente entre 1868 e 1910, naceran nas cidades e nalgunhas vilas grupos do Partido Republicano Federal e do Partido Radical, Centros e Casinos republicanos, agrupacións socialistas (a primeira en Ferrol no 1891), pero non é doado coñecer á proxección desas organizacións políticas antimonárquicas, e ata 1926, senón ata 1929-1931, a súa extensión era moi escasa e fundamentalmente urbana ou vilega. Os rexionalistas, a Solidaridad Gallega de 1907 (para moitos un rexeneracionismo a la gallega), os republicanos, os poucos socialistas, as Irmandades (definidas como nacionalistas dende 1918), confluíran no seu anticaciquismo, tenteando rompelo contra o articulo 29 da lei electoral nas eleccións de 1909, 1912, 1915, 1918, 1920, con escaso éxito e este ventureiro ou case anecdótico, pois os «notables» dos partidos de orden dominaban case perfectamente o sistema agás nalgúns contados concellos mariñáns. Cando en Setembro do 1923 don Miguel Primo de Rivera se presentou como el cirujano de hierro polo que chamara Joaquín Costa, foi recibido cun absoluto aplauso por tódolos críticos co sistema da Restauración, apoio confirmado ao comprobar como se producía a depuración/anulación dos vellos caciques, a eliminación dos vellos políticos do poder local, e a súa substitución, con criterios de eficacia militar (sic), por persoeiros locais considerados realmente «vivos» (RD do 12-IX-1923: El Capitán General o quién haga sus veces, destituirá a todos los gobernadores civiles y encomendará a los gobernadores y comandantes militares sus funciones. RD do 30-IX-1923: Cesarán en sus funciones ... todos los concejales de los Ayuntamientos de la nación, que serán reemplazados instantaneamente por vocales asociados ... bajo la presidencia e intervención de la autoridad militar. RD do 20-X-1923: Por cada cabeza de partido judicial, y como delegado de los gobernadores de las provincias, se designará un jefe o capitán del ejército ... en las corporaciones municipales.), atopando casos –tan pintorescos como significativos– como que a persoa designada en 1923 como alcalde de Cabanas (A Coruña) manifestara que aceptaba o cargo por ser enemigo de toda política... No contexto dunha boa coxuntura económica mundial foi innegable o éxito técnico de algúns proxectos de Primo de Rivera: control de prezos (Junta Central de Abastos en Novembro do 1923), innovación enerxética (Compañía Telefónica, CAMPSA), Confederacións Hidrográficas, finalización da guerra de Marrocos, «firmes especiales», leis para a Redención de
52
GALIZA ENTRE PRIMO DE RIVERA E A IIª REPÚBLICA. UNHA ACHEGA
foros, subforos, foros contradictorios, renta en saco, sisas, derechuras, cédulas de plantaduría, y demás gravámenes de análoga naturaleza que pesen sobre bienes inmuebles en las provincias de Galicia, Asturias y León (Decreto de 26 de Xuño do 1926), comités laborais paritarios, estabilidade no emprego, cobertura sanitaria, escolarización,..., medidas que tamén axudaron a un certo erguemento de Galiza e deron creto político á Dictadura, como veremos, entre algúns sectores do agrarismo e do galeguismo (ver ANT do 1 de outubro do 1923); este galeguismo foi negativamente afectado e sufriu –como tódolos disidentes– censura nas súas publicacións e actividades, nunha xeira na que as bandeiras, hinos e linguas «perifericas» recibiron un tratamento confuso, pois por unha banda, en Decreto do 18 de outubro do 1923, consideraron que Las enseñas, pendones y banderas tradicionales o de abolengo patriótico podrán ser ostentadas ... Expresarse o escribir en idiomas o dialectos las canciones, bailes, costumbres o tipos regionales no será objeto de prohibición alguna, e, por exemplo, o Hino Galego foi publicado integramente (letra e música) o 25 de Novembro de 1923 na portada de «Faro de Vigo», ou, como recollimos máis atrás, moitas sociedades facían ostentación pública da bandeira galega sen consecuencias negativas; mais, por outra banda, como vimos, ficou prohibido o ensino de aqueles idiomas, obrigando o citado Decreto ás entidades de todo tipo a llevar en castellano los libros oficiales de registro y actas. A pouco (marzo do 1925), unha nota oficiosa do propio Don Miguel afirmaba que la descentralización es posible, ese es otro cantar. A la provincia todo lo compatible con la soberanía y la buena marcha del Estado. De la región ni hablar ... Todo viva a la región quita esplendor al viva España, cortandose a colaboración inicial coa Dictadura de persoeiros galeguistas como Losada Dieguez ou Risco. No mesmo terreo é significativa a actitude do PSOE e da UGT, que, como lemos en «El Socialista» (maio, 1924), agradeceron ao Directorio haber reservado una plaza en el Consejo de Estado a la representación obrera en la persona de Francisco Largo Caballero, quen tomou posesión en Outubro, á vez que formaban parte doutras entidades gubernamentais tan caracterizados socialistas como Saborit, Wenceslao Carrillo ou Manuel Cordero; ese apoio continuou ata 1927. Mais, na Galiza anterior á IIª República destacan outros elementos á marxe ou en paralelo á política oficial. Ademáis do galeguismo como elemento concienciador patriótico de efecto moi lento, da presencia do socialismo e do republicanismo (este manifestamente españolísta ata 1929), foron o asociacionismo popular labrego, mariñeiro e proletario en interacción co pulo
BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ
53
organizativo, animador e identitario da emigración, os elementos fundamentais anticaciquís, de anovación e de concienciación cara as libertades e a República. Ë de subliñar que no societarismo galego, orixinariamente de diferentes castes, había un fío común que foi levando da colaboración á conexión, en moitos casos á integración dunhas sociedades populares noutras. Nese senso, moitas das entidades que naceran aparentemente «neutras» foron achegándose e integrándose en opcións sindicais e/ou políticas, fenómeno apreciable dende a década dos dez, de 1929 a 1931, e acelerado, á vez que a creación de novas entidades, no quinquenio republicano, período á marxe desta achega. Á vista do que vai estudado, non hai dúbida de que para entender axustadamente o asociacionismo galego non directamente político, como dixemos, eixo principal do triunfo republicano, debemos achegarnos ás colectividades galegas na emigración, pois alí xermolaron unha constelación de entidades conformada por case cincocentas sociedades de moi variada trascendencia e xenea (de caridade, mutualistas, educativas, recreativas, étnicas, ...)16 nas que os emigrantes, querendo identificarse e afirmarse como galegos (mesmo antes que no propio país, véxase a iniciativa cara a creación da RAG, ou a estrea cubana do Hino Galego), tiñan grande preocupación pola patria nativa, pola súa mellora e progreso, dotando escolas, contribuíndo á construcción de locais agraristas, remitindo libros e maquinaria, xirando diñeiro que activou á banca galega, ..., e mandando boas ideas que empataron coas que xa había en Galiza, activándoas. Asemade, debemos destacar os labor dos «retornados» da emigración, a quen a igrexa católica polo seu laicismo, e certos sectores do galeguismo (Losada, Risco) miraban con prevención como axentes de perturbación da orde tradicional, tanto polos seus novos costumes ... como polas súas novas ideas, xa que con eles viñan elementos propios do progreso técnico e o progreso técnico viña acompañado da angueira do progreso ideolóxico17. Sempre había viaxes de ida e volta, aqueles que regresaban definitivamente con pouca ou moita fortuna, pero o crack bancario do 1921, a baixa dos prezos do sucre, leis cubanas e arxentinas para a repatriacións forzosas de desempregados e activistas sindicais e políticos, á crise de 1929-1930, remitiu a Galiza centos de compatriotas impregnados de ideas filantrópicas, moder-
16 NUÑEZ SEIXAS, X. M. Emigrantes, caciques e indianos. O infruxo socio-político da emigración transoceánica (1900-1936), Vigo, Edicións Xerais, 1998. 17 FERNÁNDEZ PRIETO, L. Labregos con ciencia: estado, sociedade e innovación tecnolóxica na agricultura galega, 1850-1939, Vigo, Edicións Xerais, D.L. 1992.
54
GALIZA ENTRE PRIMO DE RIVERA E A IIª REPÚBLICA. UNHA ACHEGA
nas y cívicas, fortemente anticlericais e antimonárquicos, convencidos das virtudes dos rexímes políticos democráticos; estes «retornados» constituíron un elemento básico na creación de sociedades en Galiza e no xiro de moitas cara a posturas viradas á esquerda18. O agrarismo (imprescindible estudio, pero que realizado de xeito monotemático condicionou en exceso outras investigacións históricas) que xurdíra nos últimos decenios do século XIX, ao abeiro da Lei de Sindicatos Agrícolas de 1906 derivou en diversas familias (Antiforistas de Teis ou Becerreá, Unión Agraria, Acción Gallega, católicos, ...) nas áreas de Betanzos-PontedeumeFerrol, Pontevedra, Vigo, Carballo, Viana, Ordes, Ortegal, Chantada, Monforte, ...., collendo forza progresiva ata 1923 (Cadro XVI)19. Neses anos, despois da frustración da experiencia política de Solidaridad e de algúns achegamentos galeguistas e socialistas (como foi o caso da Cooperativa de San Xoan de Piñeiro en Mugardos, dende 1912 vencellada á UGT), o agrarismo desenvolveu, máis que outra cousa, actividades técnico-corporativas (seguros, mútuas, conferencias, publicacións, misións), creadoras de conciencia de seu, e dicir, de labregos en primeiro lugar, secundariamente de galegos e a prol dun cambio de forma socio-política. Cadro XVI. Agrarismo Ano
Nº de Soc. Agrarias
Ano
Nº de Soc. Agrarias
1900
57
1915
272
1907
120
1923
954
(elaboración propia dende Cabo, 1998)
Polo que sabemos20, non será ata 1923, en datas imediatamente anteriores ao golpe militar de setembro, cando un número apreciable de entidades agraristas se pronunciaron politicamente, ás veces só algúns dos seus directivos. Aproximadamente a metade estarían en posicións xenéricas de esquerdas (especificamente, a FNTT só agrupaba en Galiza 36 sociedades agrarias en 1926), outras nun neutralismo (sic) cuase corporativo, e outras, as «catolicas», sempre co po-
18 MÁIZ VÁZQUEZ, B. «Os retornados de acción en Ferrolterra (1904-1936)», Estudios Migratorios, nº 11-12 (xuño-dec. 2001). 19 CABO VILLAVERDE, M. O Agrarismo, op. cit. 20 CABO VILLAVERDE, M. O Agrarismo, op. cit.; BERAMENDI, X. Historia..., op. cit.
BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ
55
der tradicional e, xa que logo, conservador21. Cando don Miguel se presentou como a solución, a rexeneración, o saneamento, recibiu a esperanzada adhesión maioritaria do agrarismo, ao que os delegados militares do novo réxime confiaron de imediato boa parte do poder local rural e vilego; a citada e relativamente satisfactoria lei de redención foral de xuño do 1926, certos avances técnicos como. por exemplo, o matadoiro de Porriño, que implicou no seu financiamento nos anos 1927 e 1928 non só sociedades agrarias «católicas» –xa en declive– senón algunhas corporacións locais, deu apoios agrarios ao Directorio, mais esa confianza foi mirrando por rexeitar a pouco as sociedades máis reivindicativas o corporativismo da dictadura (Organización Corporativa Nacional en Decreto do 26 de Novembro do 1926), os somatenes e a Unión Patriótica; tamén, por percibir as entidades «neutras» fracasos técnicos que afectaron negativamente ás «católicas» (de novo o matadoiro de Porriño: a súa crise financieira mesmo precipitou a caída de algúns alcaldes, caso de Constantino Amado en Pontedeume). Dende 1927, e con máis pulo no bienio 1929-1931, moitas asociacións agrarias, certamente influídas dende Alén Mar e por evolución interna, foron adherindose a organizacións de clase e a partidos políticos, presentandose moitos dos seus persoeiros nas eleccións municipais do 12 de abril do 1931 nalgúns casos como agrarios ou –maís frecuentemente– integrados en candidaturas unitarias de conjunción republicano-agrario-socialista, alianza ampla que contribúe a explicar o triunfo republicano nesas eleccións locais. Entre o proletariado galego o sindicalismo comezara de xeito temperá (Ferrol, 1871), acadara fortaleza especialmente darredor de Vigo e Ferrol e nos medios mariñeiros, mais cunha moi desigual distribución xeográfica e o demorado implantamento propio dunha sociedade pouco industrializada. Partillaban afiliación a UGT e a CNT, sendo de subliñar que no sector laboral pesqueiro, que como vimos constituía parte principal dos asalariados galegos, a CNT (CRG dende 1922) tiña unha importantisima presencia e superior á UGT, que era o primeiro sindicato nos grandes estaleiros ferrolás e vigueses. Asemade, como dixemos, no agrarismo foi producindose unha aproximación significativa aos sindicatos de clase, patente no encadre ugetista entre 1929-1932 de sociedades da «Unión Campesina» da área Betanzos-Coruña-Pontedeume, canda case seis mil labregos se encadraron na FNTT; outras moitas, con significadas excepcións, non se pronunciaron ate o 1931.
21
CABO VILLAVERDE, M. O Agrarismo, op. cit.
56
GALIZA ENTRE PRIMO DE RIVERA E A IIª REPÚBLICA. UNHA ACHEGA
Ofrecendo no Cadro XVII22 os índices galegos de afiliación sindical, coido necesario abondar nun factor que fundamenta o crecemento do compromiso e dos posicionamentos ideolóxicos, perceptible na aproximación e integración en opcións de clase de entidades que naceran aparentemente como «de oficios» e mesmo de algunhas culturais e de «recreo». Sirva de mostra o acontecido no Partido Xudicial de Pontedeume (Cadro XVIII)23, mais tendo presente que neste territorio, como en todo Ferrolterra, o societarismo proletario, labrego, e mesmo recreativo, acadou unha densidade excepcional. Coñecer a adscripción sindical de moitas entidades entre 1923 e 1930 non é doado por razóns obvias nun réxime autoritario como o primoriverista, época na que a citada permisividade cara a UGT estaba contrapesada coa semiclandestinidade forzosa da CNT, case desmantelada neses anos (RD do 7-V-1924, con orde de detención de todos os membros dos comités confederais da CNT, clausura dos seus locais, supresión da súa prensa) aínda que recolle Pereira24 que a CNT/CRG non foi ilegalizada en Galiza, cousa que permitiu aos anarcosindicalistas reconstruir a súa organización e medrar enormemente dende a súa «relegalización» en abril do1930, ademáis de na pesca e na alimentación pola integración de sociedades agrarias e «de oficios varios». Como é lóxico, foi notable a creación de sociedades e os cambios de adscripción sindical e política destas ao longo da xeira republicana, fóra do ámbito desta aproximación Cadro XVII . Afiliación sindical 1922
1928
1931
1932
UGT
10.106
10.746
—
24.862
CNT/CRG
25.526
—
13.218
32.517
(Pereira, 1994. González Probados, 2006)
22 GONZÁLEZ PROBADOS, M. A UGT na Galiza republicana (1931-1934): distribución cuantitativa e xeográfica, Sada, Edicións do Castro, [2006]; PEREIRA, D. A CNT na Galicia (1922-1936), Santiago de Compostela, Edicións Laiovento, 1994. 23 MÁIZ VÁZQUEZ, B. «Asociacionismo no Partido Xudicial de Pontedeume (1896-1936)», Revista Murguía, nº 5, (2005). 24 PEREIRA, D. A CNT..., op. cit.
BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ
57
CADRO XVIII. Organizacións mariñeiras e proletarias anteriores a 1931. Partido Xudicial de Pontedeume Cooperativa de consumo. San Xoan de Piñeiro,Mugardos. UGT Sociedad de Canteros . Mugardos. UGT. Sociedad de labradores y marineros. Mugardos. ¿CNT? Centro Obrero de Cultura. O Seixo, Mugardos. UGT. Sindicato de Marineros y Pescadores. Pontedeume. CNT Sociedad agricola «Nueva Concordia». Cabanas. CNT Sociedad de oficios varios. Fene. UGT Sindicato de Trabajadores. Pontedeume. CNT Sindicato de pescadores y similares. Ares. CNT Sociedad de Oficios vários. Miño. UGT.
1912 1912 1913 1913 1914 1917 1918 1920 ¿1921? 1923
(Elaboración propia)
E a República foi vindo ... Para entender o republicanismo triunfante en 1931, debemos ter en conta que con Primo de Rivera non houbera prohibición estricta de actividades políticas antimonárquicas, senón control, censura e represión certamente selectiva, especialmente dura contra o «separatismo», o anarcosindicalismo (en contraposición, no 1927 naceu a FAI) e algúns intelectuais, pero permitindo as actividades do PSOE, a constitución da FUE, e, por exemplo, continuar a súa andaina ao Seminario de Estudios Galegos. Por outra banda, ata 1927 non houbo verdadeira oposición á Dictadura, e o gonzo do seu rexurdir foi que ao baleiro triunfalismo do réxime se sumaba a percepción de que don Miguel, atoutiñante ata 1925, admirador de Mussolini, quería perpetuarse mediante unha Asamblea Nacional só consultiva e de elección corporativa, potenciando a Unión Patriótica como partido único, demandando a afiliación obrigatoria a ela de tódolos cargos públicos, etcétera, imposicións rexeitadas por intelectuais, sindicatos e partidos; ese foi o comezo do desprestixio do dictador e do fin da monarquía. Dende eses intres en España colleu forza a Alianza Republicana (1926), pulada por Azaña e Lerroux, en Galiza Casares Quiroga foi quen de ir aglutinando o republicanismo, o agrarismo se posicionaba, o socialismo partidario rexurdía, a UGT se desmarcaba da dictadura, a CNT se reconstruía, medraba
58
GALIZA ENTRE PRIMO DE RIVERA E A IIª REPÚBLICA. UNHA ACHEGA
a conflictividade obreira cando chegaban os primeiros efectos dunha crise económica,..., de xeito que cando o 30 de xaneiro de 1930 don Miguel Primo de Rivera presentou a súa demisión, se manifestaba con forza anovada a oposición, e, retardado coa Solución Berenguer, o fin da monarquía estaba fixado para máis cedo que tarde. Unha editorial de A Nosa Terra nese mesmo mes de xaneiro, titulaba, en español, ¡Cuando venga la República!. Consideran Grandío25 e Velasco26 que a organización fundamental do republicanismo galego dende antes da proclamación da IIª República foi a ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma), constituída en setembro-outubro do 1929 á medida de Santiago Casares Quiroga; nutrida por sectores das clases medias, a ORGA estaba implantada principalmente nas provincias de Coruña e Pontevedra, tiña agrupacións por todo o territorio e moitas sociedades agrarias próximas a ela. Acadaba forza algo menor o veterano Partido Radical, moi lonxe o Partido Socialista, e aínda máis lonxe un mínimo Partido Comunista e un galeguismo político moi maneado por unha ORGA de retorica tepedamente galeguista27, que, engadindo a denominación Federación Republicana Galega (FRG), absorbeu parte das antigas Irmandades da Fala. O acordo de Lestrobe de marzo do 1930, onde estiveron representados a totalidade dos partidos republicanos actuantes en Galiza e presente a CNT, permitiu á ORGA atribuirse no Pacto de San Sebastián de agosto do 1930 a exclusiva representatividade do antimonarquismo galego, ata certo punto aceptada no acordo de Barrantes de setembro. Precipitáronse os posicionamentos coa demisión de Berenguer en febreiro do 1931, correspondéndolle ao almirante Aznar convocar eleccións municipais por Decreto do 17 de marzo do 1931, precedido dun escandaloso telegrama remitido o día 10 dende o Ministerio da Gobernación aos gobernadores provinciais: Próximas elecciones municipales interesa conocer si cuentan capital y principales ciudades esa provincia con elementos que aseguren mayoría monárquica dentro aplicación respetuosa ley. Deberá V.E. procurar con gestiones privadas concordia fuerzas políticas tal clase para que triunfo monárquico dé sensación verdadera opinión pública. Coñecido este texto, o periódico coruñés «El Noroeste» resumía atinadamente nos días seguintes eses vindeiros comicios municipais como opción entre la 25
GRANDÍO SEOANE, E. Caciquismo e eleccións na Galiza da II República, Vigo, A Nosa Terra,
1999. 26 27
VELASCO SOUTO, C. Galiza na II República, Vigo, A Nosa Terra, 2000. BERAMENDI, X. Historia..., op. cit.
BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ
59
vieja política y la nueva política, que non era outra cousa que a dicotomía monarquía/república. Cara a esas eleccións as forzas antimonárquicas espallaron os seus comités e agrupacións locais, conformando a denominada conjunción republicana, agraria, socialista («as esquerdas» en expresión da época), coalición de amplo espectro alí onde era posible e existían esas forzas, e decir, artellando listas electorais con persoas procedentes do republicanismo estricto, do galeguismo, das sociedades agrarias, das agrupacións socialistas, dos comunistas e dos antimonárquuicos sen partido. No outro bando, a Unión Monárquica Nacional de Calvo Sotelo e pretendidos independentes herdeiros da vella política, representaban a única forza a bater. As de Abril eran só eleccións municipais pero foron un plebiscito, pois, en palabras de Grandío28, na maior parte dos concellos discutíase nas urnas sobre o sistema de goberno, co apoio cara unha candidatura monárquica ou outra de oposición republicana. A participación, dificil de coñecer con exactitude, foi superior ao 55% nos lugares que teño revisado, anotando Pereira29 a postura dos anarcosindicalistas: A afiliación á CNT votaron masivamente ás candidaturas republicanas. As cifras desa xornada de abril e das elección parciais do 31 de maio, repetidas por denuncias de fraude en certas mesas, son suxeito de interpretacións ás veces contradictorias e outras canto menos curiosas cando se basean en antigos estudos da miña autoría30, redactados nun tempo no que non había acceso a moitos arquivos nen os medios actuais; polo dito, ofrezo nos Cadros XIX e XX os resultados máis axustados que ata a data poiden elaborar, tendo en conta que moitos alcaldes e concelleiros que inicialmente non foran elixidos como republicanos ou socialistas senon como outros/no consta, e máis especificamente como agrarios, pero que nas súas intervencións utilizan expresións como «compañeiros» ou «camaradas», pasaron a pouco ás fieiras dos partidos do arco republicano. Clarexan outros extremos a análise da aplicación do artículo 29 da lei electoral (proclamación directa de candidaturas cando eran únicas) e aquels que foron verdadeiramente electos.
GRANDÍO SEOANE, E. Caciquismo..., op. cit. PEREIRA, D. Foulas..., op. cit. 30 MÁIZ VÁZQUEZ, B. Galicia na II República e baixo o franquismo: 1930-1976, Vigo, Edicións Xerais, 1988. 28 29
60
GALIZA ENTRE PRIMO DE RIVERA E A IIª REPÚBLICA. UNHA ACHEGA
Cadro XIX Concelleiros polo art. 29 e por votación o 12 Abril de 1931, completados nas eleccións parciais do 31 de Maio do 1931 Polo Art. 29
Monarq. Repub. Social. Comun. Outros
N.C.
Total
Coruña
123
81
3
—
42
204
453
Lugo
241
169
8
—
9
–
427
50
71
—
—
195
66
382
Pontevedra
144
105
22
—
28
161
460
Subtotal I
558
426
33
—
274
431
1.722
N.C.
Total
Ourense
Por votación
Monarq Repub. Social. Comun. Outros
Coruña
260
358
37
2
124
209
990
Lugo
299
180
11
—
55
—
545
38
129
14
—
453
134
768
Pontevedra
148
65
26
2
113
161
515
Subtotal II
745
732
88
4
745
504
2.818
1.303
1.153
88
4
1.019
935
4.540
Ourense
Total electos
(Elaboración propia dende Anuario Estadistico, 1931 e BOPs)
Cadro XX. Adscripción (incompleta) de concelleiros en Xullo e Outubro do 1931 En xullo do 1931 segundo B. Máiz, 1988
En outubro do 1931 segundo B. Máiz, 2007
Monarquicos
1.334
1.331
Republicanos
1.158
1.564
121
138
4
5
Agrarios
405
251
Sen definir
333
298
3.355
3.587
Socialistas Comunistas
Total
(Elaboración propia dende B. O. P. de Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e prensa)
Polo que recollín a testigos, a República foi proclamada en Vigo antes que en ningún outro lugar por man dun grupo de republicanos que, comandados por
BERNARDO MÁIZ VÁZQUEZ
61
Amado Garra, se presentaron na porta do concello na madrugada do 13 de abril para, con permiso dun garda municipal (proclame usted lo que quiera, Don Amado), arriar a bandeira bicolor, erguer a tricolor e marchar durmir, sen máis. Os días 13, 14 e 15, espontaneamente, tomaron posesión as novas corporacións como representantes legitimos del pueblo (Fene), entre grandes muestras de regocijo popular en el exterior (Mugardos), e poucos «excesos» houbo en Galiza, agás algún asalto a locais de Unión Monarquica Nacional e a algunhas igrexas, vandalismo controlado de imediato polas novas e provisorias autoridades: Guardad el orden y la disciplina como único medio para hacer justicia y para consolidar la libertad y la democracia (alcaldía de Coruña, abril de 1931). Ao abeiro dos primeiros decretos do goberno republicano o país comezaba cambiar, nas tan coñecidas palabras de Rafael Dieste era un tempo de esperanza, pero despois do éxito municipal, repetido nas eleccións parlamentares a Cortes Constituíntes de xuño co triunfo das candidaturas republicanas e socialistas (Cadro XXI, sendo complexas determinadas ubicacións políticas posteriores), resultando electos catro deputados galeguistas. Había que gobernar nunha situación que económicamente se presentaba dificil, cando medraban os emigrantes «retornados» forzosos e os sindicatos demandaban a «reCadro XXI. Resultados das eleccións de 1931 a Cortes Constituíntes Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Total
ORGA/FRG+ asociados
9
1
—
3
13
Partido Radical
—
5
3
3
11
PSOE
3
—
1
4
8
PRS
—
—
2
—
2
DLR
—
2
—
1
3
Galeguistas
—
—
1
1
2
AR
—
—
1
—
1
Independentes
4
2
—
—
6
Unión Monárquica
—
—
1
—
1
P
(Elaboración propia dende Anuarios Estadisticos e prensa)
volución social», convocando folgas de maior impacto que as dos anos anteriores (Cadro XXII). Destacan pola súa virulencia a conflictividade no sector
62
GALIZA ENTRE PRIMO DE RIVERA E A IIª REPÚBLICA. UNHA ACHEGA
pesqueiro no bienio 1932-1933 e a do sector naval ferrolá en 1933, que motivou unha ampla solidariedade, con demisión das corporacións da bisbarra a causa del conflícto obrero provocado por los despidos en la SECN ... siendo este uno de los ayuntamientos afectados y en solidaridad con los demás, como aprobou por unanimidade a corporación mugardesa. Cadro XXII. Número de folgas e de «obreiros» en folga 1930
1931
1932
1933
Coruña
8 / 4411 persoas 23 / 2.538 persoas 14 / 1130 persoas 18 / 4.705 persoas
Lugo
1 / 200 persoas
5 / 1.040 persoas
2 / 290 persoas
8 / 2.33 persoas
Ourense
1 / 280 persoas
5 / 3.380 persoas
—/—
8 / 4.351 persoas
Pontevedra
4 / 519 persoas
13 / 3.587 persoas 8 / 6062 persoas
16 / 8.663 persoas
(Elaboración propia dende «Anuarios Estadísticos» 1931, 1932, 1933, 1934)
E para rematar, aínda non correspondendo a esta achega, preguntémonos se a autonomía para Galiza, era unha demanda verdadeiramente sentida polos galegos. A resposta non é doada, nen siquera analizando as memorias, a prensa e a documentación partidaria, agás, loxicamente, a dun Partido Galeguista que naceu como tal en decembro do 1931. Fracasados en 1931 varios proxectos de estatuto (o da ORGA, o do SEG, o dos parlamentarios), a Constitución Republicana marcaba o camiño xurídico, seguido correctamente polo concello de Santiago na convocatoria enviada o 19 de marzo de 1932 aos demáis concellos de Galiza. Nos meses seguintes, despois de consultas e emendas que arriquecían a ponencia, foron adheríndose á convocatoria 211 concellos do total das 315 corporacións municipais galegas; deses pronunciamentos va unhas mostras: Este ayuntamiento está conforme con obtener la Autonomía (Cabanas, 5 de Xuño do 1932). Se publicarán bandos sobre el Estatuto de Galicia que se va a debatir (Fene, 2 de outubro de 1932). Quedan autorizados el Alcálde y secretario para pasar a la ciudad de Santiago u otra en la que se verifique el congreso regional pro-estatuto, percibiendo 100 pesetas (Monfero, 22 de outubro de 1932). O proceso continuou coa Asemblea de Decembro do 1932, pero o que segue vai máis aló do obxecto deste análise.
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA DE CONCELLOS (1932) Emilio Grandío Seoane Universidade de Santiago de Compostela
O propósito fundamental destas liñas reside en contextualizar a actividade das agrupacións políticas no ano 1932, das súas maquinarias organizativas, no momento concreto no que ten lugar a Asamblea de Concellos en Compostela. Moitas das análises realizadas ata a data sobre o período republicano atópanse claramente influenciadas. No intre en que se redacta isto a perspectiva sobre a II República atópase moi influenciada por un debate de contido claramente político, que os historiadores podemos entender como vencellado, máis non imprescindible para unha análise axeitada. O debate político actual ten como unha das súas pezas claves o recoñecemento desta sociedade no seu pasado, especialmente nese período traumático e tráxico, que todo o mundo trata cun respeto ó falar dél, máis absolutamente crucial para o desenvolvemento do presente. Cando se fala hoxe en día dos anos da II República inmediatamente asocianse dúas ideas principais. A primeira, a vencellanza coa guerra civil. A segunda, a identificación case automática cos dous primeiros anos de goberno de coalición republicana-socialista. Non hai un coñecemento total do que foi a II República, posiblemente porque os historiadores non fomos quen ainda de ser capaces de comunicar a súa realidade. Tamén porque hoxe en día respecto a este tema segue a haber moita máis memoria que historia, máis reconstrucción individualizada a posteriori dos feitos que unha difusión serea e con rigor, deixando que os profesionais da historia fagamos efectiva esa idea común de convertirnos en ‘notarios do pasado’. Semella no imaxinario colectivo desta sociedade que é imposible diferenciar o período republicano coa guerra civil. Sobre elo querría facer dúas mencións: unha, é que esta tese, maioritaria, non se achega dende logo ós propósi-
66
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
tos dos historiadores, xa que a nosa función reside en tentar explicar as motivacións, obxetivos, realidades e percepcións dos homes e mulleres nun tempo e nun espazo concreto. Creo que a estas alturas semella obvio insistir en que en 1932 non había ningunha ‘guerra civil’ en España. Non imos negar que non existiran enfrontamentos dialécticos entre distintas tendencias ideolóxicas; tampouco podemos obviar que algúns responsables políticos comenzaban, dende unha estratexia partidista nítida e clara, a difundir a idea dunha sociedade esgazada en virtude das primeiras aplicacións administrativas dos dirixentes republicanos… máis aquelo non era nin moito menos unha guerra civil, senón un sistema democrático dentro do contexto internacional dos convulsos anos trinta que comenzaba a desenvolver un novo xeito de participación política cidadán. E faciase con moitos problemas e atrancos, algúns froito da escasa lectura política dos gobernantes e outros do escaso convencemento nas bondades do sistema e da súa duración por parte dos grupos da oposición e sindicatos, máis ninguén pode negar que aquela era unha democracia que precisaba dun tempo máis sereo para ser cimentada. A segunda das mencións reside na incapacidade desta sociedade que vivéu moitas décadas baixo un réxime dictatorial de recoñecerse nos seus valores. A idea presente da identificación entre réxime democrático e guerra civil non procede dende logo do ano 1932, senón que se crea nos anos finais da República e se difunde dende a guerra civil, máis é o franquismo de varias xeracións o que a cimenta. Os políticos republicanos non vían predeterminado un desastre máis que nalgúns casos e xa tras as eleccións de febreiro de 1936, cando a situación política virara tras 1933 dun xeito rotundo. E aínda así, podese percibir esta sensación a través do rumor dunha conspiración militar reaccionaria, que difunde intencionadamente durante os escasos meses da Fronte Popular a idea dunha preparación revolucionaria. Durante o franquismo difundíuse a idea de que a democracia era un réxime de goberno que non conviña a súa sociedade. Que non era axeitada para a ‘naturaleza española’. Que só podía traer desgrazas e enfrontamentos colectivos. Vamos… que os españois non se podían gobernar sós, precisaban dalguén que os conducise e lles insistira no camiño correcto. Esta idea calou, e non só foi expresa reiteradamente na formación en valores de varias xeracións, senón que consecuentemente coa falta de rápidez dos cambios culturais, nos anos setenta seguía moi presente. De feito, ainda que cun obxetivo distinto, o chamado ‘pacto de silencio’ –do que non é o motivo destas liñas entender se foi acertado ou errado– ven precisamente da praxis desa idea: ollemos todos cara o futuro porque sobre o que fixemos no pasado
EMILIO GRANDÍO SEOANE
67
non nos podemos entender. De certo que as guerras civiles son posiblemente a experiencia máis traumática que pode sofrir unha sociedade: escasos valores positivos se poden entresacar delas ó cabo do tempo. Máis neste caso ven baseado nunha idea común de que había que construir algo novo, xa que aquel abortado en pouco tempo ‘experimento’ democrático –xunto coa idea negativa difundida tamén nos anos trinta da primeira experiencia republicana española, a I República– non aconsellaba construila dende esa vía que se consideraba sen saída. Sen embargo, e ainda que non explícitamente, de xeito implícito se recoñecía tamén por todos que a única pauta, a exclusiva referencia para construir unha democracia participativa, eran os anos da II República. A segunda referencia inmediata do concepto II República é a da súa actividade entre os anos 1931 e 1933. Este é sen dúbida o período máis recoñecido, ainda que non necesariamente o de maior actividade gubernativa. Durante os escasos cinco meses que durou o período de goberno da FP, a súa actividade foi celérica, aprobando e poñendo en práctica de xeito rápido non só aqueles aspectos incluidos no programa da coalición electoral, senón tamén proxectos ambiciosos e novedosos. Só a tentativa de pronunciamento militar reaccionario de xullo de 1936 foi quén de acelerar cara un proceso revolucionario no territorio mantido pola República e de facelos desaparecer naquelas outras zonas, como acontece con Galicia, onde os sublevados foron quén de manter o control dende os primeiros días. Outra idea que precisa dunha maior difusión social é precisamente a de que a II República foi uniforme, propiciada posiblemente pola mensaxe apriorística da guerra civil que non deixa analizar axeitadamente os períodos como se non existira. Non é o mesmo a República de 1931 que a de 1936, como non o é a sociedade española e galega de 1932 e a de 1934. Se nos fixamos só no plano institucional é evidente que hai tres períodos, correspondentes ás tres maiorías parlamentarias: goberno de coalición republicanosocialista, goberno de coalición de radicais e cedistas, goberno da coalición Frente Popular. Máis internamente é ben certo que na primeira lexislatura non é o mesmo a difusión do discurso e da praxis política entre os meses da primaveira e o verán de 1931 que nos meses finais de 1932 tras a tentativa de Sanjurjo, nen tras os feitos de Casas Viejas dos primeiros días de 1933. Tampouco se poden calibrar e analizar a segunda lexislatura sen ter en conta os feitos de outubro de 1934 ou o desmoronamento do prestixio e credibilidade política dos radicais. E poderíamos seguir…
68
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
Tamén debo insistir en que esta análise esquece elementos e intensifica outros que naqueles anos trinta atopábanse presentes. Non se pode analizar a II República dende a perspectiva dunha sociedade opulenta como a española de principios do século XXI. Aquela era unha sociedade moi desequilibrada social e económicamente, e me atrevería a decir que tamén moi desestructurada. As referencias identitarias só por falar do plano ideolóxico-político eran moi firmes máis de escasa conciliación: dende o republicanismo burgués ata os grupos anarquistas, dende a referencia do catolicismo como núcleo difusor dun determinado modelo de sociedade ata as identidades de clase dos sindicatos maioritarios. Todos eles tiñan en sí mesmos unha determinada idea de República: unha cultura propia e singular, xenerada durante décadas, un xeito de ver a sociedade na que vivían e o seu futuro. Seguemos a ter unha perspectiva excesivamente ‘interiorizada’ da II República: os sistemas democráticos parlamentarios liberais daquel tempo que se atopan no espazo cultural común europeo estan nun franco proceso de crise. É mais: o que resulta novo para a sociedade española dos anos trinta é vello para boa parte das democracias parlamentarias europeas. O novo, a moda, a ola do momento son as mensaxes que difunden a eficacia dos réximes totalitarios, tanto a dereita como a esquerda. A perspectiva de liberación da opresión do patrono do réxime socialista como a eficacia na xestión sen moitos remilgos do fascismo italiano e alemán por parte dos sectores conservadores. Sobre todo a chegada ó poder do nacionalsocialismo a Alemania da República de Weimar radicaliza os plantexamentos teóricos das masas: tanto na reacción fronte a ela dende a esquerda, como da súa imitación, ainda que só sexa na difusión dunha imaxe e dun discurso moderno, por parte dos grupos da dereita. A II República segue a ser unha cuestión historiográfica que non se explica cos debidos matices, o que impide en parte unha explicación sinxela e coherente –dacordo os tempos comunicativos do momento en que escribimos– do que pasou neses cinco anos. Máis 1932 sexa quizas o ano no que ten unha aplicación máis consecuente o réxime republicano. Se ben 1931 foi un ano acelerado, xa que a caida de monarquía e a ocupación dese baleiro de poder deixado polos sectores republicanos provocou unha aceleración do tempo político e a convocatoria dunhas Cortes Constituintes. A finais dese 1931 a aprobación dunha nova Constitución abría o espazo da actividade política cotidiana. 1932 era o momento político no que comenzaba a amainar esa sensación de urxencia na actividade republicana, ante unha dereita que comenzaba a entrar no xogo político auspiciada polo liderazgo dun Gil Robles e a o apoio da
EMILIO GRANDÍO SEOANE
69
xerarquía eclesiástica. Tamén era o momento en que comenzan a variar as estratexias dos sindicatos de clase, nomeadamente a CNT, que entende que aquela non é a súa República, e que comenzara a loitar coas súas armas pola súa. Esto provoca un incremento progresivo ó longo deste ano das actividades violentas dos membros destes sindicatos, ademáis dunha forte aplicación coa chegada dos efectos da crise económica mundial da convocatoria de folgas de carácter non só social, senón directamente político, de acoso á dirección daquela República burguesa. Os apoios socialistas á esta entrarán nesta deriva tamén nun proceso de franco retroceso, ante a aplicación da denostada Lei de Defensa da República polo Ministro de Gobernación Casares Quiroga e os seus Gobernadores Civís. Menos dun ano despois da proclamación da República a estratexia política de boa parte das formacións variara sustancialmente, máis só pasaran meses, non décadas. O republicanismo burgués levaba agora as riendas da situación política e tentaba dirixir o proxecto de cambio. Da oposición a este encargabanse especialmente os sindicatos de clase, que participaban naquelas xuntanzas, mítines e estratexias de acción social, máis que agora no 1932 atopábase dividido entre os uxetistas que se repartían entre a acción sindical reivindicativa e as vantaxes do seu apoio ó goberno, e os anarquistas, que compartían a sensación de que non era suficiente este cambio, prefigurando a estratexía de acceso ó poder e de cambio social do que daquela era a referencia revolucionaria por excelencia: a Unión Soviética. Daquela sociedade maioritariamente católica que asumía o réxime monárquico como consustancial á natureza e esencia política de España pásase, tras varios meses de fondos debates, á constitución do primer partido confesional español, que moviliza e activa os resortes da rede social católica en pro da súa participación na política democrática, ainda que cun discurso fondamente combativo e reacio ós proxectos republicanos, especialmente en materia relixiosa e do papel asignado á participación da relixión católica no Estado.
O poder local galego na consolidación do réxime republicano A chegada da II República colleu a contrapé a numerosos dirixentes políticos. Esta posición de pé cambiado non foi debida só a un posicionamento estático da política mantido durante décadas de conservación do poder nas mesmas familias, que se víu potenciado cunha sensación de falta de relevo interno na etapa da Dictadura de Primo de Rivera, senón que o relevo non se
70
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
vía de xeito doado. Só basta con darlle un repaso á composición das corporacións galegas dos anos finais da Dictadura para observar que non se presumía moito futuro. A designación gubernativa de xestores coñecidos como ‘interinos’ prefigurou en parte a mesma sensación que se acadaría no poder local do ano 1935, tras a suspensión gubernativa dos membros de esquerda das corporacións locais eleitas en abril de 1931. Máis o relevo tampouco se percibía nítidamente. O proxecto de Alianza Repúblicana dende 1926 tentou aglutinar a boa parte destas elites locais máis cunha excesiva dependencia do proxecto radical lerrouxista, que á marxe do referente republicano observábase xa esgotado nos seus plantexamentos programáticos. Unha nova formulación máis anovada como a da ORGA que tentaba conxugar plantexamentos como a chegada dunha República Federal cun recoñecemento explítico dun réxime estatutario para Galicia, permitíu dende 1929 relanzar unha nova estratexia dende as elites políticas progresistas galegas. A creación da FRG tras o Pacto de Lestrove en 1930 permitíu xenerar unha estructura mínimamente unitaria que fora quén de entrar na oposición republicana do Estado cunha presencia directa tanto no Pacto de San Sebastián como no mítin conxunto de afirmación republicana. As elites republicanas galegas –véxase Abad Conde ou Casares Quiroga– posicionábanse no Estado. Sen embargo, a creación desa mínima estructura organizativa conxunta preparada para tomar o poder que foi a FRG, debido á celeridade da súa constitución e tamén á súa mesma consideración de elites, tiña notables eivas na súa rede de apoio local. Foi o cambio de sistema político o que posibilitou este cambio. Tras o 14 de abril de 1931 as Xestoras Provinciais da FRG asumiron o control do poder. Tamén do local. A finais dese mes a situación destas Xestoras era dun dominio prácticamente absoluto. Boa parte destas elites locais que non participaran de xeito previo na actividade contra a monarquía agrupáronse ós novos detentadores do poder local, ben a través da ORGA ou PR, como a través de pseudos filiacións ambiguas que permitían a súa participación no novo réxime como ‘agrarios’, ‘republicanos’, ‘republicanos independentes’… Ó cabo dos anos, especialmente tras a estabilización do réxime político neste 1932, estas mesmas elites integraránse en agrupacións novas como ‘Acción Republicana’… Esa imaxe da FRG de ser os ‘xestores do novo poder’ provocou unha entrada masiva dentro destas estructuras de partido. A dereita estase a reconstituir nestes intres. Todo 1931 é un ano de fortes e intensos debates perfilando cal pode ser a estratexia maioritariamente asumi-
EMILIO GRANDÍO SEOANE
71
da polo espazo conservador. É evidente que nestes primeiros intres de dominio absoluto da opción política progresista o importante era reactivar a movilización conservadora. Non había millor xeito naquel intre que reactivar a rede asociativa católica. As diferentes estratexias a nivel estatal de reconstitución dunha dereita católica, exemplificadas nas dúas primeiras direccións de Angel Herrera e Gil Robles, demoraron nestes meses a difusión da súa mensaxe. E complexizáronse ainda máis cos proxectos conservadores que tentaban a xeración de dereitas que asumiran explícitamente o réxime republicano de seu. Así aconteceu no caso da provincia da Coruña nomeadamente a través de grupos que gozaban de certo apoio institucional e que sairon derrotados na súa loita pola posición hexemónica da dereita a finais de 1931. 1932 foi así un ano de intencións e de proxectos. Foron meses de clarificación do que significaba a República. Non foi casual que o Partido Galeguista creárase precisamente nos días finais do ano 1931: o proxecto orguista, xa no poder, non atendía as expectativas de recoñecemento identitario de boa parte dos grupos galeguistas que o apoiaran antes de convertirse en poder efectivo. 1931 foi o ano no que as elites republicanas foron cada vez máis elites; no que os sectores sindicais recuperaron de xeito pleno o seu papel de presión ás institucións e elites económicas –nunca esquencido totalmente–; no que a dereita presentou un proxecto modernizador de partido, disposto a competir cos posicionamentos republicanos. É evidente que cada un destes tres grandes grupos comenzarían a diferenciarse e presentar proxectos distintos a medida que avanzaba a República. Aquel foi o momento no que todo era posible na República. No que o réxime gozou dunha maior credibilidade: como proxecto de futuro por parte da esquerda; cunhas taxas de oposición sindical ainda non moi intensas; cunha dereita hexemónica que pretendía recuperar o poder perdido a toda costa. Estas expectativas complexizábanse no ámbito local. O poder municipal é fundamental no entorno político galego. Sen a súa colaboración as perspectivas dificúltanse, ata o punto de ser capaz de determinar mesmo estratexias de carácter estatal. Sen embargo, a nova disposición republicana das circunscripcións electorais atendendo a entornos provinciais determinou as estratexias das organizacións galegas. Realmente non había espazos políticos galegos, senón un espazo organizativo conxunto conformado dende os posicionamentos de poder acadados atendendo como unidade a circuns-
72
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
cripción electoral. Dentro desa unidade había un entorno de dirección política que tiña como referentes os deputados e gobernadores civís galegos. Cara o interior o control provincial establecíase dende o poder das agrupacións locais máis influintes, especialmente os daqueles entornos urbáns e vilegos máis determinantes tanto no voto como na capacidade de influencia relacional. Atendendo a esa realidade o mapa político local galego de 1932 preséntasenos dun xeito parcelado e complexo, atendendo as distribucións institucionais. A provincia da Coruña é por definición un territorio ‘casarista’. Da cidade da Coruña xurde dende a súa capitalidade provincial, vía Goberno Civil –enlace directo co Ministerio de Gobernación– non só o líder do republicanismo galego progresista en Madrid, Casares Quiroga, senón tamén da outra opción do republicanismo histórico galego, Abad Conde do Partido Radical. Este último comenza a ocupar, co seu traslado cara a Madrid en virtude da súa elección como deputado –por certo, non pola provincia da Coruña senón na repetición das eleccións a Cortes Constituintes na circunscripción lucense1– altos postos no organigrama do partido a nivel estatal. A longa tradición republicana da cidade empapa boa parte da estructura local de elites sociais, consolidándose como centro da difusión do republicanismo que ocupa o valeiro de poder da primaveira de 1931: os homes de Casares Quiroga. O espazo político que ocupan os orguistas é amplo. Non é casual que no seu proceso de refundación dun ano despois da proclamación da República se denominen como o ‘Partido Republicano Galego’, tentando asumir a hexemonía de todo o republicanismo burgués, dende a dereita ata a esquerda. É ben certo que o espazo do Partido Radical en abril de 1931 fora captado durante os meses previos, e polo tanto provocou que os dirixentes radicais procuraran un novo espazo cara ó centro-dereita, implicándose na defensa a nivel local dos sectores católicos fronte ás compoñentes laicas do novo réxime drixido, entre outros, polos sectores ‘casaristas’. Se ben este proceso é xeral ó radicalismo do Estado, debido á necesaria ubicación tras uns primeiros meses dunha situación de oposición ó proxecto republicano-socialista no poder, é tamén certo que nesta provincia as organizacións e elites afectas e integradas no Partido Radical tiveron unha deriva
1 GRANDÍO SEOANE, E. Caciquismo e eleccións na Galiza da II República, Vigo, A Nosa Terra, 1999, p. 59.
EMILIO GRANDÍO SEOANE
73
moi temprana, forzados polo inmenso espazo recollido pola ORGA no control de poder local da provincia da Coruña. Os ‘casaristas’ controlaban dous dos tres núcleos urbáns da provincia, A Coruña e Santiago, cada unha coa súa dinámica local singular. No caso da primeira o control orguista da cidade ‘casarista’ por excelencia presumíase absoluto, en virtude dos excelentes resultados das municipais do 12 de abril. Sen embargo, o control interno da corporación, especialmente na dirección e conxunción das distintas organizacións republicanas existentes, moi especialmente entre os ‘casaristas’ e os radicais-socialistas, mantivo a súa dirección nunha permanente tirapuxa, que mesmo provocou que os orzamentos de 1932 foran aprobados de xeito problemático no derradeiro intre do prazo legal establecido2. As diferencias internas entre ‘casaristas’ –no poder do Estado e no Concello– e os ‘radicais-socialistas’ –como conciencia crítica interna dese poder dende o ámbito local– marcarán boa parte da actividade do primeiro bienio na cidade. A resposta destes últimos sectores na súa oposición interna á ORGA foi rotunda no plano autonómico. Convertiránse, dentro dunha estratexia na procura do seu espazo político local, en defensores do mantemento da posición hexemónica da cidade fronte á Santiago na súa condición de capitalidade do Estatuto. Non era unha situación de pracidez política nin moito menos, ainda que establecíase dentro dos cauces normais do debate sobre distintos proxectos de cidade. E tamén do diálogo entre diferentes elites de poder. Polo que respecta á Compostela os resultados electorais das únicas eleccións municipais da II República amosaron unha corporación dominada por sectores republicanos independentes, que ben cedo se decantaron polo seu achegamento ó poder casarista. Se descontamos a cidade de Ferrol, de goberno dirixido polo PSOE, podemos decir que prácticamente toda a provincia semella á altura deste ano un semifeudo dos homes da ORGA-PRG. A estas dúas cidades determinantes na súa area de influencia hai que engadirlle o control da Deputación Provincial dende os primeiros momentos, en Xestoras designadas polos Gobernadores Civis e que dende o primeiro intre caeron nas máns de afíns a Casares: Somoza, Wonemburger, Insúa…
2 Os orzamentos dese ano foron aprobados xa co ano en curso, nos primeiros días do mes de marzo, e coa oposición dos radical-socialistas e o apoio dos concellais monárquicos a un orzamento elaborado polos casaristas; Arquivo Municipal da Coruña, Borrador de Actas do Concello da Coruña, Caixa 678, sesión do 9 de marzo de 1932.
74
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
A isto hai que engadirlle o control de boa parte das corporacións locais. Neste ano 1932 o dominio dos concellos da provincia por parte da ORGA era do 70% do total, deixando o 30% restante para o resto de formacións3. Por riba e para ponderar ainda máis esta sensación de total dominio, habería que citar a victoria electoral das eleccións a Cortes Constituintes na provincia, daquela chamada por González López ‘lista de notables’ da ORGA. Eses homes constituiron o segundo eslabón da estructura organizativa interna, é decir, o Comité Directivo real e efectivo tras a presenza do seu líder Casares. Dende o plano do poder local o ano 1932 nesta provincia é sen dúbida o ano do dominio dos ‘casaristas’, da súa máxima plenitude de sensación de poder, elites que tras a súa integración no proxecto de estado de Izquierda Republicana, e sobre todo, tras as eleccións da Frente Popular, tentarán recuperar este espazo perdido dende 1933. No caso da provincia de Lugo ten lugar neste ano un proceso semellante ó da circunscripción coruñesa de captación de elites. Según a estadística de composición dos concellos da provincia lucense en outubro de 1932 observamos que a maioría do control dos municipios tamén son afíns á dirección do goberno republicano: no 56% dos concellos gobernaban orguistas ou dirixentes do PRG, 37 de 66 concellos. Ademáis habería que engadirlle a dirección dos mesmos en 12 concellos de organizacións moi semellantes ó PRG, como o partido Acción Republicana de Azaña, que ten durante este ano un ascenso espectacular nas provincias galegas. De feito o fenómeno de expansión de Acción Republicana, ten moito que ver coas diferencias internas dentro dese republicanismo burgués progresista polo liderazgo exclusivo de Casares e a dirección colexiada do partido polos seus máis achegados, dando unha imaxe de ‘coruñesismo burgués’ que restaba a captación de apoios doutros lugares de Galicia. Ainda que é neste ano de 1932 cando comencen a plantexarse estas diferencias internas –intensificadas en 1933– o certo é que a orientación ideolóxica de ambalas dúas formacións, sen ter en conta os problemas de funcionamento interno da organización, é moi semellante. De feito, no goberno do Estado son unha opción unitaria. Elo incrementaría o dominio desta tendencia progresista na provincia, ó que se lle pode engadir a existencia de 3 3 Elaboración propia de fontes procedentes do Arquivo do Reino de Galicia, Fondo Goberno Civil, Mazo 2777; citado en «O poder político nos concellos da provincia da Coruña durante a II República», Poder local, elites e cambio social na Galicia non urbana (1874-1936) [Congreso, Santiago de Compostela, xuño, 1996], FERNÁNDEZ PRIETO, L. et al. (eds.), Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, 1997, p. 249.
EMILIO GRANDÍO SEOANE
75
concellos dominados por sectores que se denominan ‘republicanos independientes’ e dos outros tres do PSOE –integrantes tamén da coalición gubernamental–4. A paisaxe que nos amosa o informe anterior pode resultar sorprendente se só temos en conta os resultados electorais xerais da provincia de Lugo a Cortes Constituintes para valorar a orientación política das súas elites. Eleccións que, por certo, foron as únicas que en Galicia tiveron que ser repetidas por problemas de fraude sen pasar o dictame da Comisión de Actas do Parlamento Galego. Nesas eleccións o dominio foi para os homes do Partido Radical xunto a sectores conservadores, ainda sen decantarse pola opción católica da logo chamada URD-CEDA. O certo é que neste prazo de tempo que trascorre entre os veráns de 1931 e 1932, boa parte do espazo político lucense fora captado pola maioría gubernamental, en base a sustitución de corporacións dos concellos, como pola mesma deriva dos seus dirixentes a hora de conformar un goberno local estable. Mais ainda da visión que dan estas cifras o certo é que o control do conservadurismo no espazo local lucense mantívose con moita maior intensidade que na provincia da Coruña. É certo que nesa estadística de outubro de 1932 só aparecen 7 corporacións nas que dominen os homes do Partido Republicano Radical –dun total de 66–, máis son dunha importancia esencial xa que nelas atopamos cabeceiras de comarcas como Mondoñedo ou Ribadeo, e sobre todo Lugo. A capital da provincia é fundamental para entender as súas redes de influencia. A capacidade centralizadora de Lugo na toma de decisións é moito maior dende o plano comparativo que a que pode ter a capital da provincia da Coruña, xa que non hai ningun outro núcleo urbán na circunscripción que poida competir con ela por poboación ou capacidade relacional co Estado. Ademáis o peso dos sectores monárquicos ainda é visible neste entorno provincial. Ano e medio despois do cambio de réxime a dirección de tres corporacións ainda defínense como ‘monárquicas’ –entre elas Monforte–, con todo o que representaba a partir das primeiras disposicións do goberno republicano respecto ó mantemento do antigo réxime. Non hai que esquencer que Lugo é unha das únicas sete capitais de provincia española na que os seus resultados electorais nas municipais de abril de 1931 amosaron un triunfo dos candidatos monárquicos, ainda do seu proceso de desunión interna. O control 4 As cifras da provincia son resultado da elaboración do autor a partir do AGA, FG, Provincia Lugo, Mazo 159/3.
76
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
‘casarista’ é moito máis aparente que formal, debido sobre todo á conservación do control da capital polos sectores conservadores. No caso de Ourense, esta mesma estadística realizada no mesmo mes e ano para os concellos da súa provincia, reflectía un dominio do Partido Republicano Radical no 41% dos concellos. O escaso peso organizativo da ORGA nos primeiros intres da proclamación da República xunto a trascendencia dos homes do radicalismo neses meses finais da Monarquía, provocou que a Xestora Provincial da FRG dirixira o tránsito cara os sectores máis afíns á República, ainda que non estiveran baixo o control ‘casarista’. O peso destes últimos a nivel da totalidade dos concellos da provincia é escaso xa que só dirixían tres concellos. Ainda sumándo ós oito municipios que tiñan corporacións dirixidas por sectores vencellados á Acción Republicana, a súa diferencia de peso político cos radicais era evidente. Despois dos Concellos do PRR a segunda formación política en número de corporacións é a dos radicais-socialistas que teñen pouco máis do 9% do total da provincia, é decir, 32 puntos de diferencia entre a primeira e a segunda formación5. Mais se hai algo que determina sen dúbida o rumbo político desta provincia é o control da rede calvosotelista vencellada directamente á súa persoa. A partir de 1933 ó calvosotelismo lle chegará o seu momento de eclosión chegando a determinar todos os procesos electorais e políticos da provincia. De feito hai unha diferencia de base entre as provincias galegas meridionais e septentrionais. Así como nas do norte a organización republicana depositaria da proclamación da República son os ‘casaristas’, no caso das circunscripcións situadas máis o sur o control vai vir dos ‘radicais’. No caso de Pontevedra, ainda que cunha maior presencia orguista, e sobre todo radical-socialista especialmente dende a cidade de Pontevedra, o dominio virá da man de Emiliano Iglesias, man dereita de Lerroux dende varias décadas. Habil propagandista6, a rede de apoio institucional e asociativo tecida por él convertirano no referente do sis5 Resultados a partir de elaboración propia procedente de informes do AGA, FG, Provincia Ourense, Mazo 115/2. 6 «Emiliano acudía sempre ás chamadas de Romero, ben para disertar no local provisional, ou ben para dar mitins nos 1º de maio na Xunqueira. Romero, brazo dereita do radicalista, participa con él nas campañas electorais para solicitarlle o voto. Eleccións que Iglesias gañaba con suma facilidade, superando ós rivais con notable diferncia. Os propios adversarios políticos recoñécenlle o talento. Por se iso non fose suficiente, Emiliano sabía persuadir con argucias populistas xa regalando medias ás mulleres na Ameixoada ou xa repartindo cartos entre os rapaces que atopaban nos mítins» GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, X. M.; VILLAVERDE ROMÁN, X. C. Moaña nos anos vermellos, Sada, Ediciós do Castro, 1999, p. 174.
EMILIO GRANDÍO SEOANE
77
tema nesta circunscripción no cambio de réxime, chegando a controlar de xeito absoluto os procesos electorais ata o derrumbe final do PRR en 1935. Emiliano Iglesias xogou, dende a súa plataforma de poder galega, un papel determinante no rumbo do Partido Radical en Madrid7. 1932 pode considerarse como o ano de maior estabilidade institucional en relación co devir político e social. Mais algúns conflictos que agardaban ser resoltos mantíñanse latexantes na sociedade galega. O recoñecemento da identidade galega, a través da consecución dun Estatuto de Autonomía, non era precisamente o que neste intre nucleaba a maioría dos debates políticos: asumíase como algo que o propio goberno debía impulsar na súa concepción territorial do Estado. Citemos só outros dous de especial trascendencia no ámbito galego: a loita polo poder da rúa, na capacidade das institucións republicanas de manter a orde pública ante folgas e altercados de carácter violento; e o conflicto relixioso, auténtico núcleo de diferencia na convivencia cotidiana das comunidades sociais, especialmente naquelas de ámbito máis reducido.
Conflictividade social: a loita polo poder da rúa 1932 foi o ano no que as organizacións de clase entenderon que aquel modelo de República non era o seu. A ‘República burguesa’ –como foi chamada– non coincidía nos seus proxectos de reivindicación revolucionaria, e boa parte do sindicalismo amosóuse especialmente crítico co papel institucional que recolleran os homes da UGT8. A clase traballadora comenzaba a recoller
7 As actividades de Emiliano Iglesias e o control do aparello do partido foi un dos motivos da escisión do grupo de Martínez Barrio: «Las objeciones de Martínez Barrio al Gobierno dirigido por los radicales no eran de índole puramente ideológica, dado que éste también estaba muy influido por las prácticas corruptas de uno de los socios más estrechos de Lerroux. Desde noviembre de 1931, cuando Emiliano Iglesias había sido declarado moralmente incompatible con las Cortes, Martínez Barrio había sentido ‘repugnancia moral’ por el conciliábulo corrupto que tenía como centro el lugarteniente del líder radical» TOWNSON, N. La República que no pudo ser. La politica de centro en España (1932-1936), Madrid, Taurus, 2002, p. 266. 8 Na xornada reivindicativa por excelencia do primeiro de maio dese ano, a CNT repartíu panfletos por toda Compostela co título de Al pueblo trabajador de Santiago no que se difundía a ‘traición’ da clase política republicana ós traballadores e moi expresamente ós dirixentes da UGT pola súa participación no réxime–: «Los canallas, traidores, los dirigentes de la U.G.T declaran fiesta nacional este día; ellos que han traicionado todo movimiento obrero, tienen el atrevimiento de festejar un día para nostros de triste recuerdo. Banquetes, borracheras y discursos para los traidores encumbrados… Llevamos un año de República, y se cuentan por cientos los muertos a balazos, por el delito de exigir parte de lo que le prometieron en sus marañas electorales los actuales gobernantes. Si pedimos tra
78
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
os problemas da crise económica mundial que, como se de fichas de dominó se tratarán, batía nun e noutro Estado facendo desaparecer boa parte do liquido financieiro circulante. A resposta dos anos trinta por boa parte das masas traballadoras era precisamente a radicalización da súa acción política, tendo sempre como referencia unha revolución triunfante, a de 1917, que derá co desenvolvemento nun novo modelo socioeconómico: a Unión Soviética. A situación española non era allea o contexto mundial. O terremoto que significou o cambio das conciencias de boa parte das sociedades do capitalismo liberal derivará dende finais da Primeira Guerra Mundial en sucesivas réplicas en boa parte dos estados europeos, con desigual éxito. Ademáis, o rumbo das culturas políticas no contexto do Estado español do primeiro terzo do século XX marca precisamente sucesivas tentativas de cambio social a través da violencia. Non era allea ó debate político. Xa sen falar dos cambios gubernativos de todo o século XIX a cargo dos espadóns, temos tentativas de crise institucional en 1909 e 1917, o golpe éxitoso de Primo de Rivera ou o fracaso da ‘revolución republicana’ de finais do ano 1930. A aplicación da violencia en política atopábase latexante na tradición política española, independentemente das posicións de esquerda e de dereita. Sen embargo, o ano 1932 non foi un ano caracterizado por unha excesiva actividade violenta, coa excepción do fracasado golpe monárquico de Sanjurjo. Houbo outros dunha maior intensidade insurreccional por parte sobre todo das organizacións anarquistas, como por exemplo o ano seguinte. 1933 si que pode ser considerado como o momento no que a violencia de carácter terrorista, especialmente anarquista, e os procesos insurreccionais acadaron o seu punto máis álxido durante a República. O ano previo, 1932, foi o ano da concienciación da potencialidade deste recurso, do recoñecemento interno desta capacidade. Mais voltando a idea anterior, a maior parte desa conflictividade social plántexase dende a perspectiva da folga, ben ante motivos de carácter político ou de cuestións meramente económicas. De carácter político pudieron ser os actos de protesta ante a actuación da Guardia Civil nos feitos de Arnedo e Castilblanco. A campaña de protesta por parte dos sectores obreiros ante os feitos foi intensa, e significou o pistoletazo de saida na súa campaña bajo, se nos encarcela y deporta; si pedimos pan, se nos contesta con balas de mauser, y mientras la miseria y depauperación se adueña de nuestros hogares, los asesinos de Galán y García Hernández se divierten, discursean y se dan ‘cachetitos’ en las Cortes prostituyentes» Arquivo Reino de Galicia, Fondo Audiencia Territorial, Causas Criminales, Santiago, 2683/1.
EMILIO GRANDÍO SEOANE
79
de oposición ó Ministerio de Gobernación. Un artigo de Victoriano Cremer titulado Guardia Civil, ya estás vengada publicado o sabado 16 de xaneiro de 1932 no xornal Solidaridad Obrera, provocou o procesamento por inxurias á Guardia Civil do autor e do director do xornal naquel intre, José Villaverde Velo, posto en libertade provisional o 4 de febreiro9. Esta campaña foi apoiada e impulsada como se dunha pinza se tratara polos sectores de dereita que comenzaban a organizarse non tanto na defensa da orde pública que tiña que facer o Goberno senón pola salvaguarda da Benemérita10. Outro elemento político de especial incidencia neste anos sería a oposición ás deportacións de militantes anarquistas levadas adiante en febreiro polo Ministerio de Gobernación. Esta campaña provocou dende a suspensión dun banquete republicano en Ferrol polas protestas ou incidentes no mesmo Calo pola aplicación da convocatoria de folga, chegando a ordear o Gobernador Civil da provincia da Coruña a detención dos comités de folga contra as deportación, pechando entre os días 15 e 17 de febreiro os centros sindicalistas e comunistas na Coruña, Santiago e Ferrol11. Esta actividade de resistencia a través especialmente da convocatoria de folgas provocou o reforzamento da plantilla de orde público en Galicia: o 18 de marzo de 1932 chegaron á Coruña cen números da Guardia de Asalto, nova policía republicana encargada de manter a orde pública e de distanciar nos ámbitos urbáns esta actividade reservada inicialmente para o Exército12. Mais especialmente intensa foi precisamente a folga dos transportes convocada no mes de maio dese ano. Foi unha folga que converxeu con toda unha serie de elementos de disconformidade con ese proxecto de República Burguesa. Inicialmente concebida como un xeito de presión cara a patronal, derivou en Galicia en numerosos altercados de carácter violento, a dimisión 9 As frases do artigo que foron motivo da denuncia eran os seguintes: «La sinrazón de un atentado tan bárbaro a un pueblo indefenso. El extertor de los trabajadores caidos. El clamor de los ancianos asesinados… Estos fusiles que, manejados por inconscientes instrumentos de su fobia sanguinaria son su postrer defensa, son el plinto tambaleante sobre el que se eleva el torso caduco del becerro de oro… Y mientras estos con las fauces aún resecas, agotan la ubre de la vaca del presupuesto nacional, la Guardia Civil –inconsciente instrumento de su fobia sanguinaria– ametralla en la calle al que trabaja, al que produce todo y que, sin embargo, no posee nada» Arquivo Reino de Galicia, Fondo Audiencia Territorial, Causas Criminales, A Coruña, 2970/3. 10 A URD de Santiago nos primeiros días de xaneiro de 1932 realizou unha homenaxe expresa á Guardia Civil por estes feitos, insistindo que adheríase á «actuación del benemérito instituto, cuyos prestigios son los de la causa del orden y del Derecho» El Ideal Gallego, do 8 de xaneiro de 1932. 11 El Pueblo Gallego, do 12, 16 e 17 de febreiro. El Compostelano, do 16 e 17 de febreiro de 1932. 12 El Compostelano, do 18 de marzo de 1932.
80
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
de varias corporacións, etc. A converxencia doutros elementos, especialmente do factor desemprego, con especial incidencia no caso da Constructora Naval ferrolana, acendou unha chispa que durou prácticamente un mes, ata que nos primeiros días do mes de xuño o Ministerio de Gobernación decidíu deter outra vez os Comités de Folga. Nalgúns lugares concretos a folga rematou nun enfrontamento aberto entre policias e manifestantes13. O saldo do conflicto rematou con numerosas detencións e incluso algunha morte14. Ainda que a clausura dos centros obreiros durou só unha semana, o certo é que servíu para paralizar esta folga. A indignación dos sectores de dereita ante os problemas da folga foi evidente15, sendo utilizada a propaganda de organizacións que nestes meses pretendían a súa reconstitución dende bases totalmente anovadas16.
O problema relixioso: catolicismo e poder político Xa dende os primeiros días tras a proclamación da Segunda República a conflictividade vencellada ás cuestións relixiosas e sobre o papel que na sociedade xogaba a confesión católica era evidente. A imbricación e identidade común de Estado e Monarquía coa relixión católica era moi forte entre sectores conservadores. De feito, as orixes do conflicto nestas datas non deben ser olladas só dende a perspectiva presentista do ano 31, senón do peso que a tradición católica xogaba nas distintas comunidades locais de atoparse vencellada ó poder do Estado español. Para os homes e mulleres do primeiro terzo do
13 Así aconteceu en Ferrol onde o 21 de maio tras a explosión de dúas bombas nos transformadores eléctricos, sete policias deteñen no local do Sindicato General de Trabajadores a varios «individuos significados por sus ideas avanzadas». No camiño cara a Comisaría formóuse tras deles unha agrupación de entre 40 ou 50 persoas que tras comenzar a berrar «a ellos que son pocos y hay que libertarlos» pretenderon a súa liberación. O enfrontamento rematou con disparos e varios feridos: Arquivo Tribunal Militar Territorial Cuarto, Ferrol, Causa 27/32. 14 Morreu un obreiro no Camiño Novo de Compostela; El Compostelano, do 24 de maio de 1932 e datas seguintes. 15 Algúns dos sectores da dereita máis radical comenzaron a ser sinalados nese espazo de control da rúa, como aconteceu co caso de Juan Canalejo na Coruña, que na noite do 7 ó 8 de xuño lle explotóu unha bomba no seu kiosco adicado á venta do pan na Rúa San Andrés, sendo tasados os danos en aproximadamente catro mil pesetas; Arquivo Reino de Galicia, Fondo Audiencia Territorial, Causas Criminales, A Coruña, 2909/15. 16 A ferrolana Pita Lasantas, membro da URD de Ferrol, deu un mitin no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o día 5 de xuño no que abordou o tema da folga nos seguintes termos: «Se ha querido sitiar por hambre al pueblo… mientras que los dirigentes de aquella masa obrera reciben cuanto quieren. ¡Ellos no pasan hambre!... Habrá pobres en Ferrol, no os lo niego… pero merced a esta imposición han aumentado»; El Ideal Gallego, do 10 de xuño de 1932.
EMILIO GRANDÍO SEOANE
81
século XX, independentemente do seu posicionamento económico, a imaxe da xerarquía católica e de boa parte dos seus representantes locais era a do achegamento ó poder. A Constitución confesional da Restauración deu de dereito un ‘status quo’ preeminente os representantes da Igrexa, reafirmado ‘a posteriori’ nos anos da Dictadura de Primo de Rivera. A oposición á monarquía, ó réxime institucional de finais do século XIX e as primeiras décadas do século XX en España, tiña non só referentes identitarios opostos ó réxime monárquico –na súa orixe dende culturas políticas ben diversas: republicanismo burgués, obreirismo…–, senón tamén lles unía un fondo anticlericalismo, máis producto da intervención directa na esfera civil que por motivos confesionais. Deste xeito foi bastante frecuente neste 1932 expresións públicas dese anticlericalismo como a denuncia aberta contra os disfraces do antroido dese ano nas rúas de Compostela en semellanza dunha procesión do Santo Enterro17; ou altercados motivados por manifestacións anticlericais por parte de membros de organizacións obreiras, como por exemplo na Coruña18. Tras aquela primeira riada anticlerical en Galicia dos meses de abril e maio de 1931, o certo é que comenzaron a sair xa dende os primeiros días manifestacións de párrocos criticando sen ningún tipo de mesura ó novo réxime republicano, saudado como si se tratara do demo. Esta crítica intensificóuse tras a aprobación da Constitución republicana, tras a discusión e a difu-
17 A noite do 9 de febreiro, unha das comparsas do antroido que pasaban pola Rúa Calderería de Santiago tentaba reproducir de xeito cómico a procesión do Santo Enterro. Unha parella da Guardia de Seguridade lles pedíu a súa documentación que derivou nunha discusión e posterior agresión cunha pedrada a un dos Guardias. A Causa voltóuse retomar en marzo de 1935, sen tomar ningún tipo de disposición nos anos anteriores, xa cun goberno conservador. Esta nova tentativa de encausalos insistía no feito da agresión ós sectores católicos: «Formaron una comparsa que circuló por las calles de dicha ciudad simulando grotescamente una procesión del Santo Entierro con la intención de escarnecer públicamente los sentimientos de los católicos de Santiago». A Causa de delito contra a libertade de conciencia e cultos foi beneficiada finalmente polos efectos da amnistia decretada tras o triunfo da FP nas eleccións de febreiro de 1936; Arquivo Reino de Galicia, Fondo Audiencia Territorial, Causas Criminales, Santiago, 2909/12. 18 Como o feito acontecido o 23 de xuño que reproducimos textualmente: «Pasaba por la calle de Fermín Galán de esta población un carro arrastrado por un asno y conducido por Jaurés García García, cuyo asno llevaba colgado al cuello un amuleto en el que tenía un cristal pequeño que mirando por él se veía un Apóstol y un collar con una cruz. Visto lo cual por D. Eduardo Rodríguez Losada Rebellón que por dicha calle pasaba arrebató del repetido asno el collar y la cruz que rompió, ocasionando con ello daños que fueron valorados pericialmente en la cantidad de tres pesetas» Arquivo Reino de Galicia, Fondo Audiencia Territorial, Causas Criminales, A Coruña, 2909/12.
82
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
sión dos seus artigos referentes ó papel da confesión católica nas súas relacións co Estadoo. 1932 foi especialmente intenso neste plano polo feito de que neses meses puxeronse en aplicación por parte das corporacións locais republicanas as novas disposicións en materia de xurisdicción civil, nomeadamente a secularización dos cementerios o transito da propiedade dos camposantos cara ós Concellos. Ou tamén a prohibición do aparello exterior da confesión relixiosa, como por exemplo as procesións con motivo de festividades relixiosas, os recorridos mortuorios con mención expresa ou o mesmo toque de campás. Este proceso se fixo de xeito inmediato, e de feito en boa parte de Galicia non se deu rematado totalmente, debido entre outras cuestións o replantexamento da cuestión relixiosa e da súa posición no Estado republicano posta en marcha polos gobernos da dereita tras a súa victoria electoral de novembro de 1933. Mais 1932 foi o ano no que as multas polas manifestacións antirrepublicanas feitas polos párrocos ás actividades dos novos dirixentes republicanos comenzaron a difundirse e multiplicarse. Detrás delo atópase de xeito elocuente unha decisión rotunda por parte da xerarquía eclesiástica de tentar retomar o espazo social perdido a través da acción política: a constitución tras o verán de 1931, e moi especialmente nos meses finais dese ano e nos primeiros de 1932, da primeira e única ata o momento organización política de dereitas confesional, propiciou que a imaxe deste partido fora a do ‘partido dos curas’, sen nengún tipo de problemas. Deste xeito, coa utilización das redes da institución eclesiástica en beneficio dunha determinada opción política, permitíuse que algúns párrocos entenderan que se lles permitía esta irrupción na vida civil dos seus feligreses, e dende boa parte das súas alocucións dominicais podían insistir nos aspectos que eles consideraban máis negativos do que xa daquela consideraban unha forte agresión ós dereitos dos católicos. Os membros da URD tomaron unha decidida resolución estratéxica de salientar estes feitos, xa que boa parte do seu discurso atopábase centrado en convertir istas actitudes gubernativas, lícitas dende a práctica de goberno, nun conflicto, en agresións directas sobre o seu sistema de valores. As disposicións dos Gobernadores Civís neste senso eran calificadas como ‘antirelixiosas’. De feito a primeira vez que El Ideal Gallego deixou asinar a súa editorial a un membro da URD foi atendendo precisamente a esta temática: Ruiz del Castillo calificou de ‘absurdo’ a diferente actitude mantida polo Gobernador Civil da provincia da Coruña respecto da prohibición dos
EMILIO GRANDÍO SEOANE
83
enterros relixiosos, prohibidos en Santiago e Arzúa e permitidos en Ames, Muros, Noia ou Negreira19. Non se criticaba tanto o feito en sí, como o xeito de realizarse. Os fenómenos de queima de igrexas voltaron a reproducirse pola xeografía galega, especialmente nun dos triangulos territoriais máis conflictivos neste senso: o conformado polas cidades de Ferrol, A Coruña e Betanzos. Precisamente no mes de agosto na primeira destas cidades traducíuse en fenómenos anticlericais como o incendio da Igrexa de Caranza e a tentativa nas igrexas do Carme e de San Xoan de Filgueira, e a capela de San Roque20. En xuño tamén localizáronse por parte da Guardia de Asalto varios cartuchos de dinamita na porta do Convento Residencia dos Salesianos da Coruña21. Sen embargo, o momento deste ano onde houbo unha mais intensa reactivación de sucesos anticlericais foi precisamente nas datas posteriores ó fracaso do golpe de Sanjurjo. A orientación decididamente pro monárquica do golpe permitía entender que a relixión católica –e polo tanto, os seus representantes–, eran decididamente partidarios do retorno do antigo réxime, e de xeito consecuente con esta idea, tamén implicados dun xeito ou doutro na conspiración golpista. Algúns deles fixeron naquelas datas clara ostentación do seu apoio ó retorno do antigo réxime, e as multas por feitos anteriores o 10 de setembro referidos á obstrucción da nova legalidade republicana difundíronse de xeito notable na prensa de finais dese mes e primeiros días do seguinte22. Nos días finais dese mes os xornais atopábanse cheos de novas referentes á multas ós párrocos por non respetar as disposicións guber19 Ruiz del Castillo insistía en que «esta conducta implica la sustitución del derecho por el arbitrio». Semella que o escrito tivo certo efecto xa que poucos días máis tarde os enterros relixiosos autorizáronse outra vez en Santiago; Las manifestaciones públicas del culto y una circular gubernativa», El Ideal Gallego, 7 de xullo de 1932. 20 El Pueblo Gallego, 13 e 17 de agosto de 1932. 21 Concretamente o día 10 de xuño; no Arquivo Reino de Galicia, Fondo Audiencia Territorial, Causas Criminales, A Coruña, 2917/29. 22 Boa parte da prensa conservadora galega foi suspendida durante varios días, como aconteceu co El Ideal Gallego, voceiro oficioso da URD-CEDA. Nas súas editoriais do primeiro día en que retornaba ás rúas deixaba unha opinión ambigua sobre o acontecido nas horas anteriores: «Es para nosotros de menos importancia el problema político… Cuán sinceras son nuestras condenaciones del movimiento subversivo cuyo intento se ha invocado para decretar nuestra suspensión… Nosotros sostenemos el principio de la lucha legal» «Donde estábamos», El Ideal Gallego, 15 de setembro de 1932. «Gratitud hacia todos los que nos alentaron en la hora de la persecución. Eramos optimistas; pero la realidad ha superado nuestras esperanzas» «Cómo se llevó a cabo nuestra suspensión», El Ideal Gallego, 15 de setembro de 1932.
84
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
namentais, ben do matrimonio civil ou da organización de procesións. De feito, do contexto imperante nestas datas respecto do papel expresamente político xogado pola xerarquía eclesiástica nestes momentos resulta a consideración do Goberno Civil da Coruña de tentar declarar como clandestinas as follas parroquiais debido a que non se axustaba á Lei de Imprenta de xullo de 1883, data na que se regulaban ás asociacións de carácter relixioso23. Tras a tentativa de Sanjurjo o conflicto relixioso ralentizóuse. A elo obedeceu sen dúbida a postura mantida pola principal organización de dereitas, que aproveitou estas datas finais de outono para reconvertir o seu proxecto, e deixar fora todo o lastre que significaba dentro da organización aquelas orientacións máis decidamente pro-monárquicas. Se lle dotaba así dun aspecto renovado á agrupación, sen abandoar a súa orixinal identidade. As formulacións defensoras do antigo réxime, tras o fracaso dun golpe que tentaba botar abaixo a democracia republicana, agruparonse nun novo partido que se ben dividía as forzas da hexemónica organización de Acción Popular, reafirmaba no réxime ós que permanecían nela. Os seus dirixentes víronse forzados a desprenderse destos sectores, cando menos formalmente, e entre outras circunstancias, polos seus efectos negativos de imaxe. Tamén hai que decir que ainda que esto se fixo de xeito rápido e con suficiente luz e taquígrafos, o certo é que os efectos foron minimizados. Esta situación ben podería ser explicada por dúas circunstancias. A primeira, que as relacións internas entre dirixentes e afiliados, cando menos a nivel local, seguiron sendo excelentes, asumindo as dúas organizacións URD-AP-CEDA e Renovación Española –ou logo Bloque Nacional– unha converxencia de intereses incrementada pola campaña realizada no ano seguinte contra o Proxecto de Congregacións, que aglutinou a todo o conservadurismo. A segunda, que a estructura de eleccións xerais favorecía nos seus resultados a formación de macrocoalicións electorais, o que forzaba tamén a necesidade de non manter moitas discrepancias en beneficio do obxetivo común da chegada ó poder. En 1933 esta unidade foi efectiva dende a oposición; en 1936, dende o poder, a unidade do conservadurismo tivo moitos problema ata última hora, e consecuentemente deteriorábase a súa principal ‘marca de imaxe’.
23
El Pueblo Gallego, 30 de setembro de 1932.
EMILIO GRANDÍO SEOANE
85
Mais voltando ós meses posteriores á tentativa de Sanjurjo, a política da dereita católica varía na súa relación coas disposicións gubernativas da Igrexa. Así por exemplo nas primeiras discusións sobre o Proxecto de Congregacións, que tiña lugar nestes primeiros días de outubro, a súa disposición resulta bastante conciliadora, nunha inicial dinámica dun diálogo dende posicionamentos distintos, sen rexeitar en nada o debate como medio de resolución dos conflictos24. De feito por estas datas comenzaban a impartirse clases de relixión organizadas pola Asociación Católica de Padres y Jefes de Familia nas escolas parroquiais e escola nocturna católica de obreiros, ante a supresión da asignatura nos centros oficiais25. Como vemos, o panorama neste momento da realización da Asamblea de Concellos de Compostela sobre o tema relixioso non era precisamente o máis complicado da II República, senón posiblemente o de maior consenso dos cinco anos. A cultura democrática semellaba que comenzaba a dar visos de consolidación nun tema nuclear nas identidades culturais políticas.
As principais estructuras de partido na Galicia da Asamblea de Concellos Falar de organizacións de partido a altura deste ano 1932 é case como falar dos seus primeiros pasos. A chegada da II República provocou un aldabonazo na constitución de organizacións políticas e de agrupamento das elites socioeconómicas, das que algunhas podían ter certa experiencia, máis non era o mais frecuente na súa maior parte. Algunhas organizacións tiñan unha estructura previa a abril de 1931 que permitíu que no momento da saída do novo réxime se atoparan moito máis preparadas para afrontar o novo rumbo político, nomeadamente o Partido Republicano Radical, a ORGA-PRG ou o PSOE. Sen embargo, outras organizacións tras observar os primeiros rumbos desa República decidiron xurdir, ben para ocupar espazos baleiros, como o caso da URD-CEDA, ben para respostar a determinadas demandas de certas elites que consideraban que non se atopaban ben cubertas, como o caso do 24 «Si el Estado republicano quiere introducir reformas en la organización eclesiástica… sólo tiene un camino para que los católicos españoles acepten sinceramente el estado de cosas que se fije: negociar con Roma. El Papa no negará sin duda al Estado español nada de lo que dentro de sus fines solicite de sus súbditos católicos» «El Proyecto de Confesiones y Congregaciones. Su defecto fundamental», El Ideal Gallego, 18 de outubro de 1932. 25 «Empiezan las clases de religión», El Ideal Gallego, 22 de outubro de 1932.
86
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
Partido Radical Socialista ou o Partido Galeguista. Desbotado o traballo sobre a intervención que os homes deste último tivo sobre o proceso estatutario, e que será recollido nomeadamente noutra ponencia nestas mesmas páxinas, centraréime en abordar de xeito moi sucinto o panorama político a través dunha selección de catro organizacións que ben pola súa presencia expresa ou pola súa ausencia determinaron o rumbo neste momento do proceso estaturario: a) O Partido Republicano Radical, como organización con máis ‘pedigree’ republicano, máis que neste ano tenta de xeito desesperado ampliar o seu espazo político determinante en Galicia cun discurso ambiguo fronte ás reformas estatutarias. b) a ORGA ou PRG, organización representativa do republicanismo galego en e dende Madrid, considerada para as elites galegas como a imaxe do goberno neste ano 1932, que ten serios problemas internos de consolidación do seu proxecto, ademáis dunha non doada convivencia daqueles dous exes discursivos iniciais: o da defensa da República e o do Estatuto, ceñíndose moito máis que ningunha organización galega polos ‘tempos’ dictados dende a dirección do Estado en Madrid. c) o Partido Republicano Radical-Socialista, auténtico ‘Pepito grillo’ do republicanismo burgúes progresista moi dependente dos ritmos das súas influencias locais, nomeadamente dende a súa posición de privilexio na cidade da Coruña. d) e a Unión Regional da Derechas, a URD, o partido hexemónico dos sectores conservadores, a necesaria oposición a un goberno progresista máis que dentro dunhas perspectivas ‘accidentalistas’ que se ben funcionan de xeito excelente cara ó seu electorado, mantiña posicións ambiguas e mesmo contradictorias dependendo do ‘tempo’ político ante o que se atope. Non se pretende insistir moito no posicionamento destas formacións ante o Estatuto, xa que non forma parte do noso contido específico, máis que naqueles casos concretos que entendemos demandan unha aclaración ó respecto do funcionamento interno dos partidos. a) Xa mencionamos que no seu conxunto o Partido Republicano Radical era a altura deste 1932 unha das organizacións hexemónicas no espazo políti-
EMILIO GRANDÍO SEOANE
87
co galego. A organización chegou a contar con preto de 200 asociacións locais espalladas por toda Galicia. Precisamente foi o ano 1932 o ano no que máis se volcou en consolidar ese espazo organizativo de carácter local, nunha notable movilización das sús redes. O seu obxetivo foi sen dúbida recoller, dende as súas elites urbáns e vilegas, ampliar a súa esfera de actuación recollendo influencias clientelares no ámbito máis rural, mesmo recuperándoas daquelas que se implicaran nalgún xeito no réxime anterior, ben pola súa dependencia da monarquía ou mesmo da Dictadura de Primo de Rivera. Son elites xeralmente cun poder relacional moi importante e que integránse dentro da estructura do Partido Radical porque lles ofrecen un ‘caché’ republicano baseado na historia do Partido e no prestixio neste senso do seu líder Lerroux, máis sen pedirlles en contraprestación moitos reparos de carácter ideolóxico. As críticas dende o ambito do republicanismo de esquerda e do obreirismo cara a aplicación desta estratexia polo radicalismo son constantes. Se ben o sistema republicano necesitaba dunha necesaria converxencia, precisamente para non deixar moitos ‘agraviados’ polo camiño. De feito, a moitas destas élites, a estratexia do PRR de derivar ideolóxicamente cara posicións conservadoras, sobre todo defendendo nalgúns espazos locais intereses directos da Igrexa, era consecuente coa entrada destas elites políticas sen organización. Como exemplo decir que o ex alcalde de Ourense durante a Dictadura Osvaldo Basalo entrou no Partido Radical e foi candidato por este partido ás Cortes Constituintes26. A súa consideración da ORGA-PRG como o seu enemigo principal en Galicia, é determinante para entender esta estratexia de captación de élites ó longo deste primeiro bienio republicano. Os ‘casaristas’ non só eran o seu principal contricante político na procura do espazo republicano en Galicia, cun control do poder local hexemonizado polas dúas organizacións entre as provincias meridionais e septentrionais, senón que ademáis o líder Casares era o Ministro de Gobernación, a ORGA era o partido do goberno, ante o que tiñan que dirixir as súas críticas na procura do poder. O proxecto estatutario á altura da primaveira de 1932, cando recolle o Concello de Santiago o seu rumbo, é unha cuestión que o PR entende claramente vencellada ó goberno da Repú26 Según as declaracións doutro radical, Quintás, a súa casa «era un centro clerical donde se conspira abiertamente contra la República» en TOWNSON, N. op. cit., p. 69.
88
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
blica, e polo tanto, ós ‘casaristas’. De ahí que na sesión do concello compostelano do 27 de abril onde se asume a dirección do proxecto estatutario, non asistan os representantes locais do PRR. Tamén hai que decir que do mesmo xeito que falamos no caso da ORGAPRG en Casares Quiroga, o PRR dependía totalmente da figura do seu líder. De feito, ainda que a tradición republicana do Partido Radical non podía disociarse da imaxe dun Lerroux, o certo é que o partido, xa a altura dos anos republicanos, desdibuxóuse tanto de contido na carreira polo poder que prácticamente só lle quedaba a figura dun Alejandro Lerroux, como se comprobou tras novembro de 1933. Un exemplo: o partido, ainda que tivo xuntanzas e asambleas de distintos ámbitos, nunca tivo un Consello Nacional27. Tras o fracaso do golpe militar de Sanjurjo –o cal por certo, non representou nada sorpresivo para Lerroux nin para Emiliano Iglesias– o PRR tivo que reorganizarse, como moitas outras formacións políticas. Despexóuse o panorama conspirativo para moitas organizacións. Neste caso a Asamblea Regional do PRR realizada o 10 de outubro, significou un paso máis cara o proceso estatutario –mesmo con formulacións a favor de eliminar as autoridades provinciais e marcar un espazo político galego único– e o seu apoio cara a celebración dun plebiscito e da Asamblea de Concellos, ainda das declaracións contradictorias dalgúns dos seus dirixentes, empeñados en manter unha posición crítica –neste caso no apartado territorial– respecto do Ministro de Gobernación. b) O poder ‘casarista’ a altura de 1932 era un feito. Se ben a estructura organizativa e a rede de poder local da ORGA podía compararse coa do Partido Radical, ainda que dependendo das circunscricións, había un elemento clave que lle permitía distanciarse na súa posición de prestixio: a súa relación con Madrid. Só en cinco anos pasóuse dun control cando menos nominal dos cadros radicais coa Alianza Republicana de 1926 ó cambio total dos resortes do poder central en 1931 en mans dun Ministro de Gobernación como Casares Quiroga, que utilizou dun xeito moi efectivo a ORGA como plataforma de lanzamento persoal en Madrid. Ser Ministro de Gobernación nestes anos non era só formar parte do gabinete ministerial: significaba ter boa parte dos resortes de control do Estado, non só no plano político senón tamén no social, coa dirección das forzas de orde pública. Daquela bicefalia imaxinaria da década dos vinte entre Casares e Abad Conde non quedaba en 1932 práctica27
Idem, p. 92.
EMILIO GRANDÍO SEOANE
89
mente nada, salvo o distanciamento evidente dos dous proxectos e o ascenso nos organigramas de partido de ambas as dúas persoas. Ese cordon umbilical que mantiña a ORGA e os ‘casaristas’ unidos con Madrid foi un salto absolutamente definitorio. Naquela Galicia o poder local podía estar espallado, ou máis ou menos fraccionado, máis as relacións coa administración central eran coto dos homes da ORGA. Aquela plataforma de lanzamento acada neste ano a súa posición de maior prestixio, reforzados na súa imaxe externa pola ‘glorificación’ da figura do republicano Casares. Sen embargo, esta situación case idílica agachaba unha realidade interna distinta desa imaxe triunfalista. Este crecemento tan rápido impidíu que o proxecto orguista tivera unha cimentación necesaria dende abaixo. A estructura organizativa tiña unhas bases febles. A ORGA nunca foi un partido de masas, senón de elites. Ainda que a súa rede de poder local se derramara e difundira por toda a xeografía galega, era coñecido que boa parte deste impulso interno lle ven pola atracción do poder efectivo e real que representaba as cuotas de control da maquinaria do Estado. O 23 de abril deste ano de 1932 a ORGA celebra a súa I Asamblea Regional, da que sae rebautizada con outro nome: ‘Partido Republicano Galego’. A altura desa primaveira ten lugar a primeira xuntanza colectiva da organización, por certo, xa coas rendas do poder republicano nas súas máns, non antes. O cambio de nome resposta a unha doble perspectiva de futuro. Primeiro atópase a reafirmación de dar unha imaxe identitaria de galeguidade, distanciándose só do chamado Partido Republicano Radical, o seu opoñente directo, nunha única verba: a de ‘Gallego’, deteriorada un tanto tras o abandono da organización dende finais do ano anterior da súa orientación máis galeguista e pro estatutaria. En segundo lugar, a reafirmación da súa posición en Galicia ven refrendada no nome: eles queren ser o partido da República en Galicia, e con tal imaxe véndese o seu proxecto no gabinete ministerial de Madrid, tras ter como cheque de crédito político o éxitoso cambio do poder cara a República realizado pola FRG. De todos os xeitos o cambio de nome tampouco foi tomado de xeito unánime. Propónse outro alternativo por parte do sector máis conflictivo da organización neste momento: o grupo de Pontevedra pretendrían reformulalo cun nome que no futuro recuperaríase non moito tempo máis alá: ‘Izquierda Republicana Gallega’, insistindo na súa condición progresista e non tanto a de
90
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
partido institucional do PRG. O posicionamento neste aspecto do seu líder foi clave na decisión final, como en moitas outras. Outro elemento máis a considerar dentro do cambio de nome. As perspectivas do proxecto estatutario para Galicia seguen a ser firmes ainda do fracaso dos primeiros anteproxectos do ano anterior, por certo lanzados polos homes da ORGA. Nestes meses será cando o Concello de Santiago apoiado pola maioría dos homes do Partido Galeguista collan o relevo dos casaristas, dándolle un importante pulo no momento xusto. É a esa identidade a que o PRG pretende apelar coa nova denominación, cando menos en parte. Esta Asamblea servíu para reafirmarse na súa orientación de esquerda e autonomista, mesmo cando xa o rumbo na confección do Estatuto deixara de estar na dirección hexemónica. O acordo do 23 de abril animou os sectores do partido máis autonomistas á relanzar o proxecto estatutario, dirixíndoo dende o Concello de Compostela e do Alcalde compostelano López Pol. Nas sesións da redacción do anteproxecto de Santiago os membros do PRG apoiaron esta iniciativa, ainda que eso sí, según as testemuñas, con pouca preparación previa. Mais xa nesta primeira Asamblea comenzan a aparecer as primeiras críticas internas especialmente sobre o mesmo funcionamento da organización. Cuestións como que boa parte das decisións da Asamblea xa foran previamente pactadas polos representantes provinciais case sen escoitar os membros con voz da xuntanza, ou as declaracións expresas dalgúns dos seus militantes en torno a que el partido prefiere la calidad al número… A cuestión de fondo que se deducía destas críticas era realmente a falta de representatividade, a ausencia dun debate interno pleno e o monopolio do liderazgo e das tomas de decisión exclusivamente por Casares dende Madrid28. Estes problemas de organización interna, lóxicos nunha organización que medrara tan rápido en pouco tempo, comenzaban a asomarse nesta xuntanza da primaveira, máis a non resolución desas sensacións sobre todo por aquelas organizacións locais que se sentían pouco representadas apareceron á luz pública ós días seguintes. Prácticamente en todas as provincias galegas xurdiron conflictos pola falta de consideración e de representatividade das organizacións de base: 28 Os datos desta Asamblea son recollidos das novas publicadas polo periódico El Faro Villalbés, nº 2, maio de 1932. El Faro Villalbés, nº 23, maio de 1932.
EMILIO GRANDÍO SEOANE
91
Lugo: O 23 de maio os dirixentes das principais organizacións republicanas da provincia lucense asinaron un comunicado conxunto solicitando a renovación total da Xestora da Deputación Provincial, evidentemente nomeada polo Ministro de Gobernación a través do seu Gobernador Civil. Os homes da ORGA-PRG lucenses tamén asinaron ese manifesto. O 26 de xullo o Ministro Casares recibíu a carta de dimisión do Presidente da Xestora Vázquez Campos29. A Coruña: Nese mesmo mes de xullo a crise organizativa do PRG aceleróuse apuntando a un dos seus puntos máis delicados. A man dereita de Casares na cidade, Somoza Gutierrez, dimitíu como Presidente da Deputación Provincial. E non foi só él, senón tamén o seu Vicepresidente, Arturo Taracido, tamén home de confianza do Ministro. As causas non podían ser máis sorprendentes: as discrepancias coa dirección unilateral do partido por parte do Ministro. Pontevedra: Como se de fichas de dominó se tratara, logo de dimitir Somoza e Taracido, o Alcalde de Pontevedra, Ossorio Tafall, tamén dimite, tras as súas desavenencias e disputas permanentes coas ordes do Gobernador Civil de Pontevedra. As dimisións de A Coruña e Pontevedra, dúas das súas organizacións claves, foron determinantes. Atópanse moi vencelladas. A dirección unilateral de Casares dende Madrid só tiña en conta para algún tipo de debate a aqueles homes con quen podía contar no organigrama de partido de xeito máis rápido e eficaz, é decir, os deputados a Cortes, constituidos ‘de facto’ no Comité Directivo do partido, xeralmente para reafirmar as ordes de Casares. Ante ista actitude, xa non era únicamente que as organizacións non afíns directamente a Casares se rebelaran, senón que só un ano máis tarde de chegar ó poder, dun Estado que se estaba a construir, organizacións tan directamente implicadas coa mesma figura de Casares rebelabánse contra esta actitude. Así, do verán ó outono o PRG atópase nunha non doada tesitura coa rebelión de boa parte dos seus efectivos sobre como se leva o partido. De feito o modelo de resolución de conflictos de Casares inicialmente non diferíu moito do levado adiante ata daquela, xa que convocou unha xuntanza extraordinaria con doce deputados orguistas, que permitíu solventar de xeito provisional as 29
AGA, FG, Provincia Lugo, Mazo 159/2.
92
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
discrepancias. Sen embargo, estas eran de tal calibre que non houbo xeito de calmar os animos mais que a través dunha nova Asamblea xeral, a segunda realizada en só seis meses. A II Asamblea Regional tivo lugar o 18 de outubro en Lugo, o que pode darnos a entender o importante peso organizativo que comenzaba a ter a organización provincial lucense no proxecto casarista. Non había lugar a dúbidas sobre cal era o motivo principal da Asamblea: conocimiento del programa del partido redactado por la Comisión que fue designada al efecto, e debate dunha ponencia sobre as normas para la actuación política inmediata, y especialmente respecto a las relaciones con otros partidos30. 1932 non era precisamente unha balsa de aceite para os ‘casaristas’. A imaxe externa proxectada de triunfo en Galicia cara Madrid comenzaba a agrietarse, precisamente dende a base do seu poder. Casares, cara a opinión pública, mantiña o seu proxecto político vencellado totalmente a súa persoa, como proba as súas declaracións poucos días despois da II Asamblea: «Si alguien todavía en nuestras filas siente escrúpulos en su conciencia honrada para secundar una política francamente izquierdista, yo no trato de atarle con ambigüedades. Debe dejarnos y puede hacerlo con dignidad. Agradecemos su colaboración hasta ahora, pero no debe seguir por más tiempo nuestro camino… Porque no me interesa un partido numeroso. Porque no deseo muchedumbres detrás de mí. Sólo gentes que quieran, a mi lado, cumplir con su deber de republicanos y gallegos… Donde quiera que surja o intente sostenerse un caciquismo, allí llevaremos una guerra sin cuartel… Y si surgiera entre elementos del propio partido con mayor rigor todavía»31. c) Mánténdose nun territorio fronteirizo entre o PRR e o PRG atopábanse os homes do Partido Radical-Socialista. A medio camiño entre variadas liñas ideolóxicas –a tradición republicana do Partido Radical, o reformismo progresista burgués de Azaña e ‘Acción Republicana’ e o camiño singular aberto por Casares e os orguistas– os radicais socialistas teñan unha dependencia notable do seu espazo físico de actuación. A súa escasa difusión polos ámbitos vilegos e
30 31
El Faro Villalbés, 14 de setembro de 1932. ‘En Lugo. Del discurso del Sr. Casares Quiroga’ El Faro Villalbés, 7 de novembro de 1932.
EMILIO GRANDÍO SEOANE
93
rurais contrapoñíase na súa presenza activa e determinante en boa parte dos ámbitos urbáns galegos, nomeadamente en Lugo, Pontevedra e A Coruña. A súa proposta ideolóxica iráse decantando a partir de 1933, no momento definitivo da escisión entre moderados e progresistas. Precisamente estes últimos, liderados por Marcelino Domingo, serán os que reciban a maior cantidade de agrupacións locais e de maior trascendencia. Andando os meses, tras a derrota electoral de novembro de 1933, encadráronse dentro do proxecto de ‘Izquierda Republicana’, espacio conxunto de azañistas, casaristas e radicalsocialistas. De moi especial interese para o tema que estamos a abordar é o da organización radical-socialista na Coruña. Convertida tras as eleccións de abril de 1931 na segunda forza política –9 concellais–, tras os ‘casaristas’ –12–, da corporación municipal herculina, a súa presión cara o goberno local dirixido pola ORGA-PRG é constante, provocando mesmo o non apoio dos primeiros orzamentos ou tamén a elección dun Alcalde de consenso, como Iglesias Corral –por certo, o Alcalde que durou máis tempo a fronte da corporación herculina durante os anos republicanos–. Non hai que esquencer, ainda que esta cuestión non se corresponde exactamente co tempo do que estamos a falar, que cando Iglesias Corral sae da Alcaldía, é sustituido por un radical-socialista, Alfredo Suárez Ferrín. Sobre todo nos primeiros anos a liña que separaba na práctica ós representantes radical-socialistas da ORGA e do Partido Radical era moi estreita. De feito, o sector que dende principios de 1932 controlaba o xornal El Noroeste, no que o seu principal representante era Domingo Quiroga, alióuse con elementos do Partido Radical para organizar a Agrupación a la Tercera República, de notable trascendencia posterior no debate estatutario. O contexto político na cidade da Coruña respecto ó Estatuto movíase nun camiño intermedio de ambiguedade calculada. Había un punto no que boa parte das elites locais non podían transixir, independentemente dos debates sobre algúns outros puntos do articulado, como era o da capitalidade. As conversas mantidas durante 1932 respecto do proxecto recoñecíanlle a capitalidade para Compostela, circunstancia que movilizou de xeito importante a boa parte da sociedade herculina, acostumada dende a implantación do Estado Liberal a recoller a sede das institucións de relación co Goberno Central. Esta movilización social provocou que a corporación local se sentira inclinada a
94
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
manifestarse rotundamente contraria a esta circunstancia. De todos os xeitos, a posición variaría catro anos máis tarde, xa integradas boa parte das formacións republicanas dentro dun proxecto conxunto, Izquierda Repúblicana, e dunha plataforma electoral como foi a Frente Popular. Mais a movilización social desencadenada na cidade durante estas datas tivo un referente político moi nítido. Foi a Agrupación a la Tercera República a que liderou e protagonizou este debate sobre a capitalidade. Poucos días antes da Asamblea de Concellos, concretamente o 6 de decembro, convocóuse un mítin no Teatro Rosalía de Castro coa participación do radical Emiliano Iglesias. Dous días máis tarde, a Camara de Comercio da cidade reclamaba a capitalidade. Todo elo tiña como fin primordial non tanto a presión sobre a dirección compostelana da Asamblea, senón sobre todo o posicionamento que debía tomar a corporación herculina a través do seu Alcalde Iglesias Corral. O día 13 ten lugar o debate na corporación local sobre a asistencia do Concello á Asamblea, e son precisamente os sectores casaristas –Insua, Somoza…– os que manifestanse reiteradamente a favor da súa presencia, xa que, según as verbas de Somoza, a autonomía podería resentirse coa abstención da Coruña32. O día despois desta xuntanza terá lugar un grande mitín de boa parte das formacións políticas locais, na que se asume a asistencia da cidade, mais entendendo que a capitalidade convertirase na cuestión prioritaria, prácticamente a única que se debe considerar. Tras a lectura do texto final da Asamblea de Concellos de Compostela, son precisamente os radicais-socialistas os únicos que votaran en contra dese acordo. Mesmo os socialistas manteñen a abstención, posiblemente condicionados pola súa posición institucional, nun tema no que só estiveron dacordo a partir de 1936. A posición do Concello da Coruña, que non tomou parte expresa en ningunha deliberación da Asamblea, reservóuse remitíndolle á decisión da corporación local días máis tarde. A decisión final de rexeitamento do pleno local foi tomada o 18 de xaneiro de 1933 por unha pequena maioría: 13 concellais en contra por 10 a favor. A ORGA e Iglesias Corral votaron a favor 32 De feito, esta é a mesma idea da Deputación da Coruña, Xestora Provincial que, como xa vimos, neses meses atópase controlada por sectores do PRG locais, que deixa constancia no seu Libro de Actas da non unanimidade dos membros da corporación respecto da súa representación na mesma: «Tenemos que ratificar ahora con el mayor entusiasmo nuestras convicciones autonomistas, y por tanto la Diputación, no obstante su carácter puramente administrativo, no puede ni debe quedar al margen del movimiento iniciado alrededor de este asunto tan trascendente para Galicia. No considera oportuno entrar en la discusión del Estatuto, por ser ello misión de los Ayuntamientos» Arquivo da Deputación da Coruña, Libro de Actas 1932, Sesión do 9 de decembro, páxs. 439-440.
EMILIO GRANDÍO SEOANE
95
do Estatuto. Entre outras circunstancias seguíuse a consigna de Somoza do ‘mal menor’, xa que entendíase que se non se votaba a favor a cidade tería que soportar notables problemas relacionais posteriores33. Esta tese non calou entre os concellais da oposición de esquerda e dereita, plantexada como unha defensa en común dos intereses locais. Unha última petición de Somoza e Taracido de ‘parchear’ a resolución foi solicitar da corporación ainda que non apoio expreso, si unha contribución económica para levar adiante o proxecto, mais tamén foi rexeitada. d) 1932 foi tamén o ano da reconstitución da dereita política. Se 1931 representa o momento no que se debaten os posicionamentos sobre como recuperar o espazo de poder perdido, xa a finais dese mesmo ano comenzan a percibirse signos de reformulación do que eran unhas organizacións participantes de xeito decidido na política activa. O ‘shock’ plantexado tras a fuxida da monarquía xunto á colocación das bandeiras tricor nas institucións oficiais, e a chegada de novas e renovadas elites políticas, provocou naqueles meses unha sensación de baleiro e de perda de identidade en boa parte das clases dirixentes galegas. O primeiro que necesitaban solventar era como ser capaces de reconfigurarse. As opcións atopábanse ben establecidas: ou ben aceptar o réxime de xeito explícito e colaborar nel. dotándolle á República dunha dereita que lle faltaba na maioría do territorio español; ou continuar na estratexia mantida ata daquela, que consistía en recoñecer só no indispensable o novo réxime, aglutinando nunha teoría ‘accidentalista’ á maior parte do espectro da dereita política, dende os monárquicos ás posicións mais centristas. Sen embargo, a postura ‘accidentalista’ non foi inventada en 1931. Procede do xérme básico de apoio e movilización desta nova dereita hexemónica: dos postulados teóricos da xerarquía católica. Ademáis, á marxe do recurso teórico, foi o aproveitamento desta tupida e cimentada rede de relacións confesionais a que permitíu un crecemento tan rápido e constante desta nova dereita organizada. Unha dereita católica que, ainda que cunha sólida base en elementos vellos e tradicionais, tiña unha imaxe externa organizativa e de discurso totalmente anovada. A adaptación á nova linguaxe republicana debía ser o máis eficaz posible, e así, tras o tempo demorado no proceso de creación 33 Non andaba moi errado Somoza na súa proxección de futuro. Poucos meses máis tarde, en xullo, o Concejal herculino Blanco Lemus facía constar nas actas do Concello a súa protesta contra o feito de que polas rúas de Santiago se lle prendera lume ós cartaces de festas da Coruña, ademáis doutras manifestacións en contra do mesmo Alcalde Iglesias Corral; Arquivo Municipal da Coruña, Borrador de Actas do Concello da Coruña, Caixa 681, Sesión do 26 de xullo de 1933.
96
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
dirixido por Angel Herrera no verán de 1931, lle sucedeu en outono un novo líder que plantexou un cambio de ritmo notable na fundación de novas organizacións e de presenza no debate politico diario: Gil Robles. A combinación deses dous parámetros: pensamento tradicional e renovación da súa imaxe externa foi unha grande parte do éxito desta nova Unión Regional de Derechas. Neste ano 1932 as organizacións de dereita católica asisten a un forte desenvolvemento organizativo. Plantéxase como único obxetivo a recuperación do poder perdido, a resolución dunha próxima convocatoria electoral, procurando dende todos as frontes á xeneración dun discurso de conflicto sobre a acción da coalición republicano-socialista. Neste ámbito o peso das mulleres foi fundamental, xa que é a primeira organización que contempla –e pon en práctica– as mulleres como suxeito con dereitos políticos plenos. Ainda que os procesos electorais con intervención da muller non terán lugar ata novembro de 1933 o certo é que as intencións do novo goberno republicano xa son ben coñecidas: as mulleres ían participar co seu voto nas seguintes eleccións xerais. Dende os primeiros meses de 1931 a muller é un obxeto político a convencer, o que provoca a adaptación dos discursos tradicionais, circunstancia que a dereita católica leeu perfectamente. Do mesmo xeito que no organigrama xeral da dereita católica galega a URD compostelana xoga un papel determinante, dende a súa xefatura territorial ‘de facto’ dende a capital arcebispal, tamén neste plano abordado da muller ten lugar este cambio. Lugo é unha das poucas provincias de España onde esta reconstitución da dereita católica é liderada nos primeiros meses por unha muller, Mercedes Sánchez Arrieta34. Sen embargo, o grao de virulencia verbal da dereita católica neste momento non é o mesmo que o ano seguinte, sobre todo a partir dos feitos de Casas Viejas e dos debates parlamentarios de Proxecto de Congregacións35. Neste ano 1932 hai certa connivencia co proxecto republicano, posiblemente forza-
34 O 2 de marzo de 1932 realizóuse a constitución oficial da ‘Agrupación Femenina Lucense’, con Mercedes Sánchez Arrieta como Presidenta, o primeiro grupo local creado afín á URD. Sánchez Arrieta era considerada como unha das primeiras impulsoras do asociacionismo católico femenino en España; GRANDÍO SEOANE, E. Los orígenes de la derecha gallega: La CEDA en Galicia (19311936), Sada, Ediciós do Castro, 1998, p. 105. 35 Semella como que o cambio de estratexia estivera preconcebido dende os meses anteriores. A editorial do El Ideal Gallego do primeiro día de 1933 facía balance do ano anterior en Galicia avisando do futuro: «Hasta ahora es nuestra tierra un paraíso comparado con las restantes regiones españolas… No falta quien crea que nos hallamos próximos al fin y que no tardará en iniciarse la era de reconstrucción después de la de destrucción que venimos padeciendo» «Glosa del día. Balance de un año», El Ideal Gallego, 1 de xaneiro de 1933.
EMILIO GRANDÍO SEOANE
97
do pola prioridade establecida de creación da organización, e para evitar aqueles temas que fagan fuxir a posibles colaboradores. Ou tamén sabedores da súa debilidade inicial, especialmente no seu peso parlamentario e institucional36. O mesmo nome da agrupación galega, ‘Unión Regional de Derechas’, reflicte un cambio no discurso tradicional conservador. Hai serios propósitos de reconfigurar o mapa territorial do Estado, nuns meses iniciais nos que a formulación que pretende ser hexemónica polos partidos no goberno é a dun Estado federal. Xunto á ‘Derecha Regional Valenciana’, a URD foi a agrupación desta dereita católica máis implicada nesta reformulación do discurso sobre a fórmula territorial de Estado. E de feito, no mesmo momento de creación da ‘Confederación Española de Derechas Autónomas’ (CEDA) en marzo de 1933, a organización encargada de levar adiante a ponencia congresual sobre este aspecto foi a URD, na intervención de Carlos Ruíz del Castillo37. Este impulso organizativo sofre un parón a partir de setembro de 1932 co golpe de Sanjurjo. Esta sublevación foi saudada inicialmente por certos sectores con xúbilo. Deste xeito sairon á luz os grupos pro-monárquicos menos moderados das comarcas galegas. Clausuráronse numerosos locais conservadores, baixo a acusación de favorecer o retorno da monarquía. Os máis recoñecidos persoaxes destes grupos monárquicos foron vixiados e en ocasións separados dos seus cargos públicos, como acontece co Director de ‘El Ideal Gallego’, José Martínez Pereiro38. Do mesmo xeito que a vertente anticlerical é considerada como resposta por boa parte da esquerda obreira ante feitos insurreccionais como o de Sanjurjo, a reorganización da dereita católica tamén vai provocar que en momen36 Tras os feitos de Sanjurjo e a Asamblea Extraordinaria de Outubro de AP, voltóuse a relanzar o proceso de creación de organizacións en Galicia. O xornal El Ideal Gallego saudaba esta acción cunha editorial nos seguintes termos: «De nuevo las diversas fuerzas derechistas se lanzan a la palestra de la ciudadanía» «Del momento. Vuelta a empezar», El Ideal Gallego, 10 de novembro de 1932. 37 O título da ponencia, presentada inicialmente na Asamblea Regional de Santiago do mes de febreiro de 1932, era o de Confederación o fórmula de inteligencia para federar las derechas españolas, e convertirase finalmente no discurso oficial neste tema da CEDA tras a súa formal constitución uns días máis tarde; en GRANDÍO SEOANE, E. Los orígenes…, op. cit., p. 140. 38 José Martínez Pereiro era Letrado Asesor do Concello durante os sucesos de agosto de 1932, e foi separado deste cargo o 24 dese mesmo mes –nunha decisión tomada directamente polo Ministro de Gobernación Santiago Casares Quiroga–, reincorporándose o 6 de marzo de 1935; ‘Expediente de reposición de José Martínez Pereiro’; no Archivo General de la Administración (Alcalá de Henares), Fondo Administración Provincial y Municipal, Serie Personal, caixa 178, mazo 10.
98
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
tos de afirmación dunha suposta fortaleza das forzas de esquerda, os locais vencellados a estas organizacións convertíronse en obxetivos da violencia política. Así aconteceu tras a victoria electoral de febreiro de 1936, máis tamén catro anos prefigurábase en certas localidades, como por exemplo Ferrol, onde tras unha manifestación contra a asonada militar fracasada, realizáronse asaltos á librería católica e ó xornal dereitista ‘La Verdad’, xa suspendido polo Goberno Civil como moitos outros desta tendencia39. O golpe de Sanjurjo provocou unha escisión interna dentro da dereita católica que fixo sair dela ós sectores máis promonárquicos e, tras os resultados finais da Asamblea Extraordinaria de outubro de 1932, a consecuencia da creación dunha nova organización: ‘Renovación Española’. O discurso nestes meses da dereita rebaixóuse de tono. Na procura do espazo electoral republicano, a connivencia cos grupos golpistas non era precisamente ben recibida. De feito, a finais do mes de novembro, circulan rumores pola cidade da Coruña da posibilidade dunha repetición dun golpe pro monárquico, o que provoca que algunha noite saian as tropas á rúa. A postura desta dereita é inequívoca: «Creemos conocer lo bastante los trabajos derechistas que en La Coruña se desenvuelven para poder afirmar rotundamente que no hay fuerza alguna organizada entre nosotros… que piense en separarse ni un negro de uña de la legalidad»40. Evidentemente os feitos de agosto condicionaron a posición da URD sobre o Estatuto. Só dous días despois da volta ás rúas do El Ideal Gallego este titulaba a toda plana ‘Anteproyecto del Estatuto Gallego’, tendo tamén a editorial reservada a este tema. Non só isto. O tema do Estatuto está moi presente nestes meses finais do ano nas páxinas do voceiro oficioso da organización católica: así o 24 de setembro aparece un texto en galego dun dos membros máis destacados da URD, Eugenio Vázquez Gundín41. É máis, un mes máis tarde, nun artigo de opinión asinado por Sal Lence sobre o tema plantexábase a posibilidade real de que a dereita asumise de xeito pleno e decidido o Estatuto galego. Ante os prexuizos previos existentes
El Pueblo Gallego, do 12 de agosto de 1932. «Un rumor absurdo», El Ideal Gallego, 29 de novembro de 1932. 41 Insistíase en que este artigo atopábase en galego ó seguir a liña do autor de aplicación práctica das leis; «Os arrendos d’as terras», en El Ideal Gallego, 24 de setembro de 1932. 39 40
EMILIO GRANDÍO SEOANE
99
ante este proceso estatutario que semellaba capitalizado polas esquerdas, o autor insistía en que «a este sector le diría que la Autonomía no es de derechas ni de izquierdas: es de todos y para todos». Remarcabase o feito deste cambio de táctica da dereita: a colaboración cara a Asamblea de Santiago de Portal Fradejas e Reino Caamaño, a participación en galego nos medios de comunicación de Vázquez Gundín e sobre todo, a actuación das organizacións de dereita católica: «la misma Acción Popular, de bien acusado derechismo, acordó en una de las conclusiones aprobadas en su última Asamblea, reconocer la personalidad de las regiones»42.
Tempo de construcción Á vista das liñas anteriores semella que o panorama político nos meses finais de 1932, intre no que ten lugar a Asamblea de Concellos, era moi esperanzador para o futuro da República. Tras o golpe de Sanjurjo impulsáronse boa parte dos proxectos que o gabinete republicano-socialista atemperaba debido ó temor sobre posibles repercusións dos feitos. Circunstancias como a reforma agraria ou o impulso dos Estatutos de Autonomía foron situacións que se viron ben situadas para realizalas precisamente neste intre. Nestas datas boa parte das organizacións políticas atopábanse nun momento de reflexión sobre o seu futuro. Non só na dereita, forzada polo presunto apoio ó golpe do sector monárquico. Tamén dende os sectores máis decididamente partidarios do réxime republicano. De feito, os dous partidos máis representativos do republicanismo galego do momento –PRG e PRR– realizan sendas Asambleas no mes de outubro. O fracaso do golpe militar foi un elemento engadido que obrigou ás cupulas directivas das distintas organizacións políticas a ler con outros ollos a sociedade sobre a que operaban. O goberno republicano de Azaña reafirmóuse no seu prestixio durante un tempo. O certo é que estes meses finais de 1932 semellaban propicios para proxectos políticos que requerían a maior cantidade posible de consenso.
42 O autor insistía nesta idea de normalidade democrática na elaboración dun réxime estatutario para Galicia: «He asistido a reuniones galleguistas y a mí, que soy hombre de derechas, nadie me molestó por mis ideas. Antes al contrario, fui objeto de amables consideraciones» «Autonomía Gallega. Un llamamiento a las derechas», en El Ideal Gallego, 27 de outubro de 1932.
100
VENTOS DE CAMBIO: OS PARTIDOS POLÍTICOS NA GALICIA DA ASAMBLEA…
Estes meses foron un tempo de construcción. Edificábase unha nova República. Reafirmabase o proxecto reformista. Mais tamén asistimos a unha reconstrucción da dereita baixo novos modelos organizativos e tamén ó ascenso dos posicionamentos insurreccionalistas dos sindicatos de clase. O relanzamento dos proxectos de Estatuto, entre eles do galego tras do catalán, atopábase nun momento axeitado para a súa tramitación. Só pequenos grupos políticos opoñíanse de xeito frontal. O consenso era elevado. Ventos de cambio.
O NACIONALISMO NA GALICIA DA ASEMBLEA DE CONCELLOS Justo Beramendi Universidade de Santiago de Compostela
Todos os aspectos da realidade do nacionalismo galego no anos trinta que se contemplan no presente traballo son un brevísimo resumo de investigacións moito máis detalladas que levo publicando durante anos. Concretamente, o lector interesado en ampliar informacións pode consultar o meu último libro1. As modestas dimensións destas páxinas veñen dadas polo seu carácter de conferencia dentro do ciclo dedicado á conmemoración da Asemblea de Concellos galegos que aprobou en Santiago o proxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia en decembro de 1932.
Os precedentes inmediatos Como é ben sabido, o galeguismo político experimenta entre mayo de 1916 (fundación das primeiras Irmandades da Fala) e novembro de 1918 (I Asemblea Nacionalista en Lugo) unha mutación ideolóxica e organizativa que implica o final da súa fase rexionalista e o comezo da nacionalista. Entre novembro de 1918 e setembro de 1923 os dirixentes e ideólogos das Irmandades completan o desenvolvemento dun rico corpus doutrinal do nacionalismo e duns programas que se manterán con moi poucos cambios ata a Guerra Civil. En efecto, no período 1918-1936 ten lugar o desenvolvemento das ideoloxías propiamente nacionalistas que forman un conxunto internamente diverso pero cun núcleo común: un concepto de Galicia-nación que presenta un alto 1 BERAMENDI GONZÁLEZ, J. De provincia a nación. Historia do galeguismo político, Vigo, Ed. Xerais, 2007.
104
O NACIONALISMO NA GALICIA DA ASEMBLEA DE CONCELLOS
grao de unicidade en todas as variantes ideolóxicas. A obra de Vicente Risco2 é decisiva na formulación dese concepto e na construcción de moitos aspectos básicos do discurso nacionalista. Risco recolle o legado de Murguía e combínao con outras influencias como o irracionalismo filosófico, o determinismo xeográfico, o neotradicionalismo e a etnografía. O resultado é a súa concepción da nación como «feito natural, feito biológico, independente da vontade dos homes», e o seu afirmar: «Galicia é xa unha nación». Porque para el as nacións, eixos motrices da historia, non poden ser algo continxente, como todo o que depende do albedrío humano, senón entes moito máis estables, como a propia Natureza. E como todo o natural e vivo, a nación é tamén un sistema orgánico de relacións e valores que se xerou no decurso da historia e que nos ven dado. Nesa xénese salienta moito o elemento terra que el coloca en pé de igualdade coa raza (celta), de modo que foi a interacción de ambas a que creou a alma nacional ou Volksgeist galego, substancia actual da nación. E isto non impide que a lingua siga a ser para Risco factor principal de diferenciación e conservación da nacionalidade, en consonancia coa tradición anterior do galeguismo. En todo caso, a formación da nación tivo lugar en tempos prehistóricos e dende aquela a esencia nacional mantívose case inalterable ata hoxe (agás na moi importante incorporación do cristianismo á alma galega), malia a dominación romana, a latinización, as invasións, etc. Por outra parte, dende a Idade Media ós nosos días vense desenvolvendo o antagonismo nacional entre Galicia e Castela, Outro nacional por excelencia e orixe case exclusiva de todos os problemas e males da nación galega. En función de todo isto négase a existencia dunha nación española. España non é nación senón Estado plurinacional na súa composición (Castela, Cataluña, Euskadi, Galicia), aínda que non na súa función, pois está só ó servicio dunha nación, Castela, que o utiliza para asoballar, negar e explotar ás outras tres. Ata aquí os riscos maiores do concepto de Galicia-nación que, con variacións menores,é asumido por todas as tendencias do nacionalismo galego. Estas tendencias, dúas principais e dúas secundarias, son: a) a liberal-democrática [Antonio e Ramón Villar Ponte, Lois Peña Novo, Xan Vicente Viqueira, Alfonso R. Castelao, Alexandre Bóveda]. Continuadora 2
En especial: RISCO, V. Teoría do nacionalismo galego, [Ourense], Imp. La Región [1920].
JUSTO BERAMENDI
105
do rexionalismo liberal, recibe influencias krausistas, rexeneracionistas e pimargallianas. Concibe o nacionalismo como un instrumento para implantar en Galicia, non só a liberdade nacional, senón tamén o progreso material e intelectual e a democracia máis avanzada. Porén, non entende ese progreso ó modo capitalista convencional, como o avance imparable da gran industria e a gran banca, senón en clave reformista pequenoburguesa: como un un desenvolvemento baseado na xeralización e consolidación da pequena propiedade (agraria, industrial, comercial), protexido e alentado polo poder político mediante unha fiscalidade progresiva que alimente unhas institucións públicas de crédito, e centrado na modernización agropecuaria e na creación de agroindustrias. Para fomentar e garantir mellor ese proceso, os pequenos propietarios deberían agruparse en cooperativas de producción, comercialización e/ou consumo. b) a neotradicionalista [Antonio Losada, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Paulino Pedret, Xosé Filgueira]. Herdeira do rexionalismo de Alfredo Brañas, experimenta a influencia do socialcatolicismo e procura adaptarse ós novos tempos renunciando ó carlismo político e a algúns anacronismos socioeconómicos como o foro. Con todo, mantén, en indiscutible continuidade co seu precedente inmediato, a concepción católica del mundo como núcleo central do seu pensamento por entender que constitúe o único fundamento lexítimo «do ser íntimo e tradizoal da nosa terra». Isto implica saudade dos séculos idos, e en particular da pasada hexemonía da fidalguía na sociedade galega, e hostilidade á civilización contemporánea, esa –en palabras de Otero Pedrayo– «cultura laica e mecánica que no nome da liberdade quer matar a Deus, e no nome da fisioloxía e a química asesina a liberdade». De aquí a súa oposición ás actividades económicas, ós sectores sociais, ás ideoloxías e ós sistemas políticos propios desa civilización eminentemente urbana e antinatural: ó comercio e á industria moderna; a burgueses e proletarios; ó liberalismo, ó marxismo e ó anarquismo; á democracia inorgánica plena. De aquí tamén o seu empeño en eternizar o ruralismo de Galicia, aínda que, iso sí, mellorando as condicións de vida e traballo do campesiño mediante un cooperativismo e unha organicidade aldeana tutelada ideolóxicamente pola Igrexa e sociopolíticamente polos neofidalgos. c) as tendencias secundarias: arredistas e socializantes. O nacionalismo separatista é un fenómeno marxinal en 1918-36. Fóra de considerar que España si é unha nación, á que non pertence Galicia, e de avogar pola independencia desta, as súas aportacións ideolóxicas son prácticamente nulas. Tres son os grupos que obedecen a esta orientación, e os tres a cál máis cativo e efíme-
106
O NACIONALISMO NA GALICIA DA ASEMBLEA DE CONCELLOS
ro. O primeiro, o Comité Revolucionario Arredista Galego, dirixido por Fuco Gómez, xurde na Habana en 1922, eclípsase en 1923 e volve a publicar algúns panfletos nos años trinta. O segundo nace en Buenos Aires contra 1926, arredor da Sociedade Nazonalista Pondal e a revista A Fouce e perdura ata o comezo da Guerra Civil. O terceiro, Vangarda Nazonalista Galega, encabezado por Alvaro das Casas, é unha minúscula e brevísima escisión do Partido Galeguista en 1933, que apenas dura uns meses. A tendencia socialista ten a súa primeira manifestación na evolución personal de Xaime Quintanilla, médico e fundador da Irmandade de Ferrol. En 1922 xa está afiliado ó PSOE pero milita asemade na Irmandade Nazonalista Galega. Durante a Dictadura de Primo de Rivera rompe definitivamente os seus vencellos organizativos co nacionalismo. Sen embargo, non realiza ningún labor de síntese ideolóxica entre nacionalismo e marxismo. O mesmo cabe decir de Ramón Suárez Picallo, líder sindical na emigración arxentina que se vincula ó nacionalismo cando retorna a Galicia e será un destacado dirixente do Partido Galeguista. O terceiro caso, e o de máis entidade, é o de Xan Xesús González e a súa Unión Socialista Gallega (1932). Aínda que se trata dun grupo diminuto que desaparece nuns meses, e aínda que a producción teórica do seu mentor é tamén pequena e pouco consistente, estamos perante o primeiro gromo real dun galeguismo socialista, tanto no ideolóxico como no organizativo. E asi, en 1932, a USG amosáse no seu Manifiesto fundacional como o xermolo necesario para a creación dun partido «típicamente marxista», o que implicaba a tarefa de «incorporar á vida galega a esencia marxista do Partido Socialista hespañol». Para isto asume o programa do PSOE en todo o que non atentase contra os dereitos nacionais de Galicia e, por outro lado, proclama a Galicia «nazonalidade ibérica» á que, por selo, se lle debe polo menos a autonomía. As ideas das tendencias principais concrétanse nuns programas (o da Asemblea de Lugo de 1918, o da Irmandade Nazonalista Galega de 1922-24 e o do Partido Galeguista de 1931) dos que os puntos básicos e comúns son: Autonomía integral, isto é, federación ou confederación das nacións ibéricas (Castela, Cataluña, Euskadi, Galicia e, a ser posible, tamén Portugal). Cada Estado federado contaría cun Parlamento e un goberno propios, elixidos mediante sufraxio universal de homes e mulleres, e estaría dotado de todas as facultades, agás as delegadas expresamente na Federación (defensa, relacións exteriores, moeda, aduanas, comunicacións internacionais, Códigos menos certos aspectos do Dereito Civil) e gozaría de total autonomía económica e fi-
JUSTO BERAMENDI
107
nanciero-fiscal, pois a Federación se sostería mediante o sistema de cupo o concerto entre as nacións. Galeguización: cooficialidade do castelán e e galego; reposición do dereito foral; potenciación de todas as manifestacións da cultura enxebre; predominio do galego no ensino a todos os niveis; os funcionarios serían galegos ou coñecedores da súa lingua, dereito e cultura; e tenderíase a un sistema de partidos políticos propios. Reformas político-administrativas: eliminación do caciquismo, o cunerismo e o fraude electoral. Supresión das Deputacións Provinciais e dos Concellos rurais. Dotación de persoalidade xurídico-administrativa ás parroquias rurais e ás comarcas. Amplia autonomía para todas as administracións locais. Fomento das formas de democracia directa (concello aberto parroquial, iniciativa lexislativa popular, referéndum). Reformas socioeconómicas. Cambio de política arancelaria en sentido librecambista. Modernización das vías de comunicación (estradas interiores e de acceso a Galicia, ferrocarrís, portos). Atención preferente ó sector primario mediante a mellora do nivel técnico-productivo das explotacións (maquinaria, abonos, selección de sementes e de razas), diversificación da producción agropecuaria, grandes investimentos en infraestructuras e equipamentos colectivos, capacitación masiva do campesiño e capitalización das unidades de producción para adecualas ás esixencias dos mercados modernos. Desenvolvemento xeralizado da agroindustria co fin de aumentar o valor engadido. Reforma das estructuras de comercialización. Transformacións no réxime de propiedade da terra e nas relacións de producción: abolición do foro, vía unha redención financiada en parte polo Estado, cambio dos contratos de arrendamiento e parcería en beneficio do campesiño. Tendencia, mediante a protección ás Sociedades Agrarias, á xeralización das cooperativas de producción, consumo e venda, único modo non revolucionario de que o predominio da pequena propiedade e o minifundio non implicasen eternizar a miseria dos labregos e o atraso económico do país. En cambio, é rechamante o relativo desinterés polos problemas do mundo urbano para o que nunca se elaboran programas tan polo miúdo como para o campo. Ó parecer, prefiren que as cidades sigan a ser pequenas e cunha función subordinada á modernización agraria. Con todo, nos anos trinta, propoñen a aplicación dunha lexislación social que alivie a sorte do obreiro urbano. Eran ademáis partidarios de nacionalizar a maior parte do capital e do aforro galegos mediante un-
108
O NACIONALISMO NA GALICIA DA ASEMBLEA DE CONCELLOS
ha banca pública que estimularía unha especie de capitalismo popular que nunca definen con precisión. Ó seu servicio esbozan unha nova política fiscal progresista que deixaría de gravitar sobre os impostos indirectos, castigaría ás fortunas improductivas, abarataría a administración tributaria e non gravaría as rentas máis modestas. Esta riqueza discursiva contrasta cun crecemento da militancia, unha implantación social e unha capacidade de incidir na dinámica política do país moi febles tanto pola ineficacia do modelo organizativo das Irmandades, moi alonxado aínda do propio dun partido político moderno, como polas crecentes diverxencias entre un sector neotradicionalista e outro liberal-demócrata, diverxencias que no plano táctico se traducen na dicotomía abstencionismo versus participación electoral e que acaban provocando na IV Asemblea Nacionalista (Monforte, 18-20 de febreiro de1922) unha escisión. Por un lado ficarán a poderosa e liberal IF da Coruña e algúns grupos menores do contorno, que mantén os vellos esquemas organizativos e a proclividade ás alianzas cos republicanos. Polo outro, o resto de grupos que fundan a Irmandade Nazonalista Galega, máis centralizada, con forte influencia ideolóxica dos teóricos máis conservadores, aínda que a súa marca de identidade non será o tradicionalismo senón un purismo nacionalista que a leva a practicar un belixerante abstencionismo electoral. En conxunto, o nacionalismo desta primeira andaina non supera en ningún momento os 700 afiliados, dos que a metade estaban concentrados na Coruña, e segue recluído na mesma matriz social das súas orixes decimonónicas: as clases medias con claro predominio dos sectores destas menos vinculados ás actividades económicas: profesionais liberais, profesores, intelectuais e funcionarios.
No limiar da República A chegada da Dictadura de Primo de Rivera en setembro de 1923 forza a dsbandada case total das Irmandades. Só a da Coruña consegue resistir, aínda que moi diminuída. Hai que esperar a finais de 1928 para os primeiros sinais de reactivación que non teñen consecuencias prácticas ata un ano despois. E o que acontece daquela demostra que a obrigada paréntese non servira para aminorar as diverxencias internas. O grupo coruñés, receando da viabilidade política dun nacionalismo a cara descuberta en Galicia, aposta pola camuflaxe en forma de fusión orgánica cos
JUSTO BERAMENDI
109
republicanos autonomistas. E asi, en setembro de 1929, Antón Villar Ponte, o fundador da primeira Irmandade, e tras el case todos os nacionalistas coruñeses converxen con Santiago Casares Quiroga e os seus fieis para fundar a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA). Case todas as demáis Irmandades, que aproveitan o devalo da Dictadura para empezar a reorganizarse por toda Galicia baixo diversas denominacións, rexeitan esa vía e insisten en intentaren unha vez máis a da política abertamente nacionalista. O último esforzo de reunificación é a VI Asemblea (A Coruña, abril de 1930), á que asisten tamén os coruñeses. Malia a aparente unanimidade coa que se adoptan todos os acordos (entre eles crear un Partido Autonomista Agrario), as consecuencias prácticas son nulas. Os acordos non se cumplen e, a partir dese momento, cada quen vai polo seu lado. Deste modo, a caída da Monarquía e o advenemento da República sorprenden ó nacionalismo nunha situación de intensa recuperación de efectivos e actividade, pero co proceso de reunificación aínda nos seus primeiros pasos. Por iso en cada provincia teñen que afrontar tan decisivo reto político como boamente poden. Na provincia da Coruña, a deserción do peso pesado capitalino e a fragmentación organizativa no resto (Irmandade, Agrupación Nazonalista e Esquerda Galeguista en Santiago; Grupo Nazonalista en Noia e outros menores) impiden a presentación de candidaturas propias nas eleccións a Cortes Constituíntes. O mesmo acontece na de Lugo, onde os grupos da capital, de Viveiro e de Ribadeo eran insuficientes de todo punto. En cambio a situación era moito máis favorable na Galicia sur, cara onde se despraza agora o centro de gravidade do nacionalismo, a causa do intenso labor de propaganda e proselitismo que realizaran durante os dous anos anteriores tanto o núcleo de Ourense, encabezado por Risco, Otero Pedrayo, Leuter González Salgado e outros, como os de Pontevedra (Castelao, Bóveda, Filgueira, Basanta) e Vigo (Paz Andrade, Álvarez Gallego, Gómez Román) e a unha estreita colaboración entre ambas provincias que lles permitira potenciarse mutuamente. O resultado era unha tupida rede de agrupacións locais nas dúas circunscripcións electorais que foi a base, en abril-xuño de 1931, dun logro político que tardaría 65 anos en igualarse: o nacionalismo galego, con só as súas organizacións políticas, enviou deputados ás Cortes de Madrid.
110
O NACIONALISMO NA GALICIA DA ASEMBLEA DE CONCELLOS
No mesmo mes de abril constituíuse a toda presa o Partido Nazonalista Repubricán de Ourense que, en colaboración coa Federación Republicana Gallega (novo nome da ORGA) e o Partido Radical Socialista, obtiveron catro das nove actas, unha delas para Otero Pedrayo, que foi ademáis o máis votado desta coalición con 24.704 votos, fronte ó máximo de 31.039 votos obtidos por Luis Fábrega, do Partido Radical. En Pontevedra, a acción conxunta do Grupo Autonomista Galego de Vigo, o Partido Galeguista de Pontevedra e outros dez grupos locais presentou en solitario e polas minorías a Candidatura Galeguista, integrada por Alfonso Castelao, Valentín Paz Andrade e Ramón Cabanillas. As irregularidades, en beneficio sobre todo do Partido Radical, foron tan grandes que nin siquera chegaron a publicarse na prensa os resultados exactos das listas maioritarias (entre 40.000 e 45.000 votos), pero si os das minorías. Castelao, con sus 19.217 votos, foi elixido deputado. De non mediar fraude, é moi probable que Paz Andrade lle acompañase. Aínda que fosen só dous deputados (cos que colaborarían Antonio Villar Ponte e Ramón Suárez Picallo, elixidos en Coruña dentro das listas da ORGA-FRG), non deixaba de ser un fito no devir do galeguismo político, que sería sabiamente aproveitado para impulsar aceleradamente o crecemento do nacionalismo nos anos seguintes. Xa que logo, o nacionalismo, por unha ou outra vía, coloca catro dirixentes históricos no Congreso. O resto da representación galega eran 15 deputados da FRG-ORGA e afíns, 9 do Partido Radical, 8 do PSOE e 9 independentes, deles 3 de dereitas. Nun primeiro momento, os nacionalistas intégranse cos da ORGA e outros independentes na chamada Minoría Galega do Congreso (19 deputados), na esperanza de que este grupo parlamentario, de acordo co seu programa, presionaría a prol dunha Constitución federal. Pero cando viron que Casares Quiroga tiña unhas prioridades diferentes e subordinaba o obxectivo autonomista á colaboración co republicanismo azañista para a definición dunha República non federal, Castelao, Otero Pedrayo e Suárez Picallo abandonaron o grupo e seguiron loitando pola meta política central do nacionalismo nese momento: o deseño federal do Estado. Só Villar Ponte, fiel ó seu compromiso de fundador da ORGA, ficou no grupo parlamentario ata o final da lexislatura. En febreiro de 1934, libre xa de calquera atadura co partido de Casares, ingresará no Partido Galeguista.
JUSTO BERAMENDI
111
En todo caso, a batalla parlamentaria arredor do modelo de Estado é o primeiro factor que pon de manifesto a necesidade de contar cun instrumento organizativo capaz, no só de aproveitar ó máximo os escasos efectivos existentes, senón de incrementalos substancial e rápidamente de modo que o nacionalismo deixase de ser unha forza marxinal na dinámica política galega. Como é ben sabido, o proceso constituínte saldouse co descarte da solución federal e o ensaio dunha nova fórmula a medio camiño entre esta e o centralismo de sempre: o Estado «integral», expediente ad hoc para contentar ó nacionalismo catalán e incorporalo inmediatamente á defensa da República, pero que abría unha puerta a posibles Estatutos de Autonomía para aquelas «rexións» que probasen sen lugar a dúbidas a súa vontade autonomista cumprindo requisitos realmente duros, entre eles un plebiscito final no que os votos afirmativos fosen cando menos ¡os dous tercios do censo electoral! Se ben esta autonomía estaba moi por baixo das arelas do nacionalismo galego, os galeguistas, demostrando unha boa dose de realismo, aceptárona como mal menor e dispuxéronse a facer todo o posible por conseguila. O segundo factor que facía máis acuciante atender esa necesidade era a iniciación en Galicia do proceso autonómico en paralelo coa discusión en Madrid dos proxectos constitucionais. O 4 de xuño de 1931, a ORGA-FRG, facendo de momento honor a súa definición autonomista, convocou na Coruña unha asemblea de partidos políticos e forzas vivas para empezar a debatir a natureza do autogoberno galego. Presentáronse tres proxectos, redactados respectivamente polo Secretariado de Galicia en Madrid (unha entidade na que se refuxiaran vellos rexionalistas como Rodrigo Sanz), polo Instituto de Estudios Gallegos de A Coruña (de carácter tibiamente descentralizador) e polo Seminario de Estudos Galegos (entidade nacionalista), ademáis de dúas ponencias, unha da ORGA e outra de Labor Galeguista de Pontevedra. O texto do SEG, elaborado por Alexandre Bóveda, Valentín Paz Andrade, Vicente Risco, Lois Tobío y Ricardo Carballo Calero, era naturalmente o máis ambicioso. Recollía o esencial do programa nacionalista e baseábase na premisa dunha República federal. Pero nin siquera foi aceptado como base de discusión da Asemblea. O debate xirou arredor do texto non articulado que presentara a ORGA que, sen embargo, partía da mesma permisa e non se diferenciaba nos puntos básicos do presentado polo SEG. Para algo estaba redactado por Antón Villar Ponte e Lois Peña Novo, dous ex-nacionalistas que aproveitaron que Casares Quiroga estaba moi ocupado en Madrid coa política estatal
112
O NACIONALISMO NA GALICIA DA ASEMBLEA DE CONCELLOS
para facer aprobar un proxecto que desagradou moito ó líder da ORGA cando o coñeceu. Non obstante, e cumprindo o mandato da asemblea, tal proxecto foi entregado á Minoría Galega do Congreso. Pero no serviu para moito porque a definición da República ía por outro camiño, de modo que cando finalmente o Congreso aprobou a Constitución, houbo que abandoar o resultado da asemblea coruñesa por ser claramente inconstitucional. En todo caso, unha parte dos deputados galegos adaptárono con dilixencia á nova Carta Magna. E asi, en decembro de 1931, cando a Constitución foi promulgada, xa había un proxecto viable de Estatuto galego sobre a mesa. Agora, para cumprir as previsións constitucionais referentes á autonomía, había que convencer a un número suficiente de representantes e dirixentes políticos para que o asumisen e se esforzasen porque o fixesen seu unha maioría dos Concellos na que habitasen cando menos os dous tercios da poboación do país. E para isto era imprescindible que a tendencia máis proclive a esa autonomía, a nacionalista, contase cun partido político forte que actuase como o catalizador do proceso. Estaba clara, pois, a urxencia de acabar canto antes coa fragmentación do nacionalismo en varias decenas de pequenos grupos locais.
A construcción dun partido moderno A iniciativa partiu do grupo de Pontevedra. A finais de novembro de 1931, un «Comité Xeral do Partido Galeguista», presidido polo enxeñeiro de Facenda, Pedro Basanta, e no que actuaba de secretario o tamén funcionario de Facenda, Alexandre Bóveda, convocou a todas as organizacións nacionalistas a unha asemblea a celebrar en Pontevedra os días 5 e 6 de decembro. Sería asemade a VII e derradeira das Irmandades e a I do Partido Galeguista. Asistiron unhas 80 persoas en representación de 32 grupos ou a título individual. Estaban presentes os deputados Otero Pedrayo, Castelao e Suárez Picallo. Neste acto, o nacionalismo galego, dividido dende 1922, volveu unirse nunha soa organización que agrupou todas as súas tendencias ideolóxicas dende o tradicionalismo a ese «marxismo» do que fixo confesión pública Suárez Picallo, supoñemos que para escándalo íntimo de máis dun dos presentes. No acto aprobáronse o programa e os criterios de organización, e foi elixido un Consello Executivo, con mandato ata a asemblea seguinte e ó que se
JUSTO BERAMENDI
113
encomendou a redacción dos Estatutos. A composición deste órgano revela a procura dun triple equilibrio: xeográfico, xeracional e ideolóxico. O organigrama e as normas de funcionamento correspondían xa ás dun partido político moderno, que se rexía por criterios totalmente democráticos. As células básicas eran os «grupos galeguistas» locais de polo menos dez afiliados. Estes grupos estaban dotados dunha directiva elixida e renovada anualmente polos seus membros. O órgano de máxima soberanía, e o único capacitado para fixar a liña política (incluídas as alianzas) e elixir tanto á dirección do partido como ós candidatos nas eleccións xerais e autonómicas, era a Asemblea, constituída polos delegados dos grupos, a razón de un por cada 25 afiliados ou fracción. Prevíase unha asemblea anual ordinaria. A dirección política correspondía ó Consello Ejecutivo, formado por 15 membros que nomeaban de entre eles una Secretaría Executiva, integrada por catro secretarios (Xeral, de Organización, Técnico e de Propaganda). Os cargos institucionales non podían pertencer á dirección do partido. A revista A Nosa Terra convertíase en voceiro oficial do PG. Estas normas aplicáronse nas semanas seguintes con bastante eficacia, pois agás algunhas desercións case anecdóticas case todos os grupos e nacionalistas entraron na nova disciplina. O novo partido, malia as tensións internas, que non desapareceron, amosou, non só unha notable capacidade integradora, senón tamén unha extraordinaria aptitude para o crecemento. Como pode apreciarse na Táboa 1, en só catro anos e medio o número de afiliados case multiplicouse por 5. E o mesmo cabe dicir do de agrupacións locais que pasou de 30 a 109. Ademáis o nacionalismo deixa de ser un fenómeno case exclusivamente urbano para estar presente tamén en todas as vilas maiores e nun número apreciable de municipios rurais. Evidentemente este rápido crecemento é un fenómeno compartido con todas as forzas políticas na Segunda República, pero no noso caso resulta máis rechamante dado o baixísimo punto de partida. Por desgracia, a inexistencia de estudios equiparables para os demáis partidos de Galicia impídenos unha comparación precisa dos diferentes ritmos. En todo caso, o que pode afirmarse con certeza é que o nacionalismo tiña, nas vésperas da Guerra Civil, unha tupida e equilibrada rede organizativa que, ademáis, aceleraba o seu progreso. É moi probable que, de non interrupirse tráxicamente este desenvolvemente cando aínda estaba lonxe de chegar ó seu teito, o Partido Galeguista conseguiría, noutros catro ou cinco anos, consolidarse como unha das organizacións
114
O NACIONALISMO NA GALICIA DA ASEMBLEA DE CONCELLOS
máis sólidamente implantadas do panorama político galego. Os avances paralelos nos planos social e electoral, que comentaremos despois, corroboran esta apreciación. TÁBOA 1. PARTIDO GALEGUISTA EVOLUCIÓN DE EFECTIVOS Dec. 31Marzo 32
Abril 32Out. 34
Nov. 34Maio 35
Xuño 35Xullo 36
A CORUÑA SANTIAGO FERROL
32 86
83 125 20
90 135 23
153 182 31
LUGO OURENSE PONTEVEDRA VIGO
15 112 64 64
40 179 114 270
40 211 114 270
75 233 128 278
GALICIA URBANA
373
831
883
1.080
Prov. Coruña Prov. Lugo Prov. Ourense Prov. Pontevedra
67 24 22 129
266 61 80 271
275 72 133 271
591 209 231 527
GALICIA VILEGA
242 257*
678 758*
751 821*
1.558 1.738*
1 96 44
43 78 224 200
50 78 164 177
409 171 405 230
GALICIA RURAL
141 335*
545 751*
469 664*
1.215 1.764*
TOTAL GALICIA
756 965*
2.054 2.340*
2.103 2.368*
3.853 4.582*
Prov. Coruña Prov. Lugo Prov. Ourense Prov. Pontevedra
* Valores estimados tendo en conta os grupos dos que se descoñecen os efectivos.
O programa aprobado en Pontevedra, e que o PG manterá invariable, respectaba o esencial do de Lugo de 1918. Non obstante, había variacións de matiz e concrecións suficientemente significativas para que as comentemos brevemente.
JUSTO BERAMENDI
115
Nos aspectos específicamente nacionalistas, a tradicional petición de autonomía exprésase por primeira vez mediante o principio da «autodeterminación política de Galicia dentro da forma de goberno republicana», se ben este principio se concreta despois, para encaixar na legalidade constitucional, no objetivo dunha autonomía «integral» con parlamento e goberno propios e dotados das máximas competencias factibles dentro da Constitución, «como aspiración mínima e inmediata». Ademáis, repítesen as vellas reivindicacións da cooficialidade de galego e castelán, a «soberanía de Galicia para determinar a orientación das súas institucións pedagóxicas», a autonomía financiera mediante o sistema de concerto co Estado, a reinstauración do dereito foral galego e a creación dun Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. No deseño do sistema político ideal e na posición de Galicia, «célula de universalidade», no concerto mundial, a tendencia democrática de centro-esquerda prevalece claramente sobre a ala dereita do nacionalismo: proclámase o pacifismo e o internacionalismo, e avógase por un «federalismo internacional», pola igualdade plena de dereitos para a muller, o sufraxio universal con representación proporcional en grandes circunscripcións, certas doses de democracia directa (referéndum, revocabilidade, concellos abertos) e a incapacitación política de quen «non rindan función útil á colectividade». As medidas para reformar a planta político-administrativa do Estado en Galicia son as xa coñecidas: supresión das Deputacións, autonomía municipal e substitución de concellos rurais polo binomio comarca-parroquia. No ámbito socioeconómico hai un claro avance respecto dos programas anteriores en sentido progresista. Fóra das clásicas medidas en favor do labrego (extinción forzosa dos foros sen que isto grave sobre el cultivador directo e todo o programa agrario xa exposto), pídese unha reforma fiscal progresiva e, sobre todo, aparece por primeira vez a preocupación por mellorar a sorte do traballador urbano: recoñecemento de dereitos sindicais, réxime «integral» de seguridade social, prohibición de traballar ós menores de 16 anos e participación dos obreiros nos beneficios das empresas. Propónse mesmo unha ampliación do dereito de expropiación «que faga posibre a socialización de riquezas naturales i-empresas económicas e unha extensa municipalización de servicios púbricos». Parece claro, pois, que o nacionalismo galego destes anos dirixe á sociedade unha proposta, non só inequívocamente nacionalista, democrática e repu-
116
O NACIONALISMO NA GALICIA DA ASEMBLEA DE CONCELLOS
blicana, senón tamén dun reformismo social con certos acentos que hoxe chamaríamos socialdemócratas, pese a que o marxismo estaba totalmente ausente da ideoloxía inspiradora dese programa. E por primeira vez na xa longa historia do galleguismo político, esa apelación atopa un eco social minoritario pero xa non marxinal. Dous indicadores nolo confirman. O primero, que se cuantifica na Táboa 2, é a diversificación das bases sociais do nacionalismo. O segundo é a evolución dos resultados electorais. Verbo da composición social, xa dixemos que o galeguismo político fora sempre asunto case exclusivo dalgúns grupos intermedios (intelectuais, profesionais liberais, funcionarios e, en moita menor medida, comerciantes e pequenos empresarios). A evolución que resumea Táboa 2 demostra que esta tradición esfúmase de súpeto, polo peso maioritario que chegan a ter campesiños, artesáns, empregados, dependentes e incluso pequenos continxentes de obreiros e mariñeiros, e isto malia o crecemeento en termos absolutos da presencia nos grupos sociais de sempre. E se ben a composición social dos órganos de dirección non experimenta unha evolución paralela, está claro que o PG tendía a reproducir na súa composición social a estrutura da sociedade galega, coa decisiva excepción dos sectores máis poderosos (grandes empresarios, xerarquía eclesiástica, altos funcionarios). Polo tanto, a súa crecente influencia política non se asentaba nunha implantación social polarizada, senón moi distribuída, condición necesaria para aspirar á hexemonía sociopolítica se o crecemento continuaba ata un nivel crítico. Nivel que, como sabemos, nunca alcanzou a causa da Guerra Civil. En todo caso, o galeguismo derriba agora os muros do ghetto sociopolítico en que permanecera encerrado durante case un século, e empeza a crear unha conciencia nacional minoritaria, pero xa non insignificante. Proba disto é que outras forzas galegas non nacionalistas comezan a recoñecer, ou cando menos a non rexeitar de plano, algúns valores e símbolos etnonacionais, co que principian a crearse as condicións de futuro para a extensión social dunha consideración positiva da etnicidade e, en consecuencia, a superar un dos bloqueos maiores para iniciar un proceso de nacionalización alternativo. A interrupción deste proceso cando aínda estaba nos seus primeiros pasos impediu a súa consolidación, pero non impedirá que, cando acabe a súa represión polo franquismo, as condiciones de partida neste eido sexan, por primeira vez, relativamente favorables.
JUSTO BERAMENDI
117
TÁBOA 2. PARTIDO GALEGUISTA COMPOSICIÓN SOCIOPROFESIONAL PORCENTUAL TOTAL GALICIA PROFESIÓN
Marzo 32
Out. 34
Maio 35
Xullo 36
1.3 0.8
0.5 0.3
0.5 0.3
1.0 0.1
1. Propietarios 2. Empresarios industriais 3. Empresarios banca, comercio e servicios 4. Directivos empresas 5. Pequenos empresarios 6. Comerciantes A.TOTAL PROPIETARIOS E EMPRESARIOS
1.0 0.8 6.9 9.7
0.7 0.4 5.3 5.5
0.6 0.3 5.2 5.3
0.3 0.2 4.5 5.3
20.6
12.7
12.2
11.4
7. Profesións xurídicas superiores 8. Médicos e farmacéuticos 9. Técnicos Superiores 10. Profesionais medios 11. Axentes comerciais B. TOTAL PROFESIÓNS LIBERAIS
7.4 6.4 1.6 2.6 2.6 20.7
2.3 2.7 0.7 1.1 1.9 8.7
2.3 2.8 0.6 1.1 2.0 8.9
1.5 1.7 0.5 0.8 1.4 6.0
12. Funcionarios civís superiores 13. Militares 14. Clérigos 15. Funcionarios medios C. TOTAL FUNCIONARIOS E CLÉRIGOS
1.1 0.2 0.3 5.6
0.5 0.2 0.1 2.6
0.5 0.2 0.05 2.5
0.3 0.1 0.03 1.8
7.2
3.4
3.2
2.2
16. Profesores de Universidade 17.Profesores Ensino Medio 18. Mestres 19. Escritores e artistas 20. Periodistas D. TOTAL INTELLIGENTSIA
0.3 3.0 8.6 1.1 1.5 14.5
0.1 1.1 4.8 1.3 0.5 7.8
0.1 1.0 5.1 1.2 0.5 7.9
0.1 0.7 5.1 1.3 0.3 7.5
4.6 1.4 9.7 2.6 0.3 1.5 0.3 0.2 2.8
9.3 2.5 9.5 2.5 0.5 3.7 0.8 1.1 18.3 0.2
9.5 2.9 9.4 2.5 0.5 3.7 0.9 1.1 18.4 0.2
10.9 2.7 6.6 2.1 0.5 3.5 1.1 0.9 28.7 1.5
21. Artesáns 22. Novos Autónomos 23. Empregados 24. Dependentes de comercio 25. Funcionarios subalternos 26. Obreiros 27. Asalariados servicios 28. Xornaleiros urbanos 29. Labregos 30. Xornaleiros rurais
118
O NACIONALISMO NA GALICIA DA ASEMBLEA DE CONCELLOS
PROFESIÓN
Marzo 32
Out. 34
Maio 35
Xullo 36
1.5 24.9
3.4 51.8
3.0 52.3
2.4 61.0
6.3 5.4 0.3
6.3 7.8 1.3 0.2 100.0 1.657 2.054
6.0 7.9 1.3 0.2 100.0 1.737 2.103
4.4 6.1 1.1 0.2 100.0 3.223 3.853
31. Mariñeiros E. TOTAL CLASES POPULARES 32. Estudiantes Universidade 33. Estudiantes Medias 34. Mulleres non activas 35. Pensionistas Profesións coñecidas Total profesións coñecidas Afiliados computados
100.0 607 756
No que atinxe ós resultados electorais, o sistema da Segunda República, con listas abertas polas maiorías ou polas minorías, non facilita unha exposición sintética e clara dos datos. Na Táboa 3 damos o número máximo de votos obtidos polos candidatos nacionalistas. O lector deberá ter en conta que en novembro de 1933 o PG presentouse en solitario nas catro circunscripcións mentres que en febreiro de 1936 competía dentro das candidaturas do Frente Popular, agás na provincia de Lugo en que este non chegou a formarse. Táboa 3. Partido Galeguista Resultados electorais 1931
1933
1936
Prov. Coruña
—
61.772
153.278
Prov. Lugo
—
6.192
5.255
Prov. Ourense
34.691
19.208
25.053
Prov. Pontevedra
19.551
32.325
103.436
Total Galicia
54.242
119.497
337.022
Como pode verse, hai unha gran descompensación entre os resultados obtidos nas provincias atlánticas, por un lado, e os de Ourense e, sobre todo, Lugo, polo outro. Non obstante, o ascenso electoral do nacionalismo no conxunto de Galicia é notable e vai paralelo á implantación organizativa. Pasa de ser políticamente marxinal en 1931 a constituir unha forza secundaria pero de crecemento rápido. As eleccións de novembro de 1933, nas que non hai coalicións claras agás na dereita, permiten medir ben este fenómeno. En Lugo persiste a marxinalidade e en Ourense pérdese unha boa posición de partida a causa do illamento preconizado polo sector conservador, cada vez máis críti-
JUSTO BERAMENDI
119
co coa República. Pero en Coruña e Pontevedra o PG sitúase como o primero dos partidos minoritarios, moi por diante do PSOE. Isto significa que nas provincias políticamente más importantes, por acaparar os dous tercios da poboación e un maior número de deputados, o nacionalismo convírtese nun sumando necesario para desfacer cualquera posible empate entre dereitas e esquerdas en Galicia, o que explica algúns aspectos da dinámica política galega que comentaremos despois. Os resultados das eleccións de febreiro de 1936 confirman isto, pois os candidatos del PG no Frente Popular son dos máis votados nesas dúas provincias.
A loita pola autonomía No tramo final de 1931 o proceso autonómico galego languidecía logo dese inicio precoz e relativamente vizoso que vimos nos primeiros meses da República. O cambio de prioridades da ORGA-FRG, a formación que tiña a capacidade maior de iniciativa, empezaba a deixar sentir os seus efectos neste asunto. A isto referíase Antón Alonso Ríos, cando, no banquete que pechou o acto fundacional do PG, atacou con dureza a quen «non souperon conservar ergueita a bandeira da autonomía claudicando ante outras suxerencias políticas». Esta situación, sumada á frustración de non conseguir unha estructura federal para o Estado, enfriaba, mesmo entre a esquerda do partido, o entusiasmo republicano de primeira hora. Pero, con pesimismo ou sen el, o PG tiña que esforzarse por reactivar o proceso. Por iso Castelao interviu no Congreso o 18 de decembro de 1931 para reclamar unhas normas procedimentais de desenvolvemento das previsións constitucionais nun discurso no que, por certo, poñía o dedo na gran chaga: en Galicia non había institucións lexitimadas para encabezar o proceso nin unha clara vontade autonomista no conxunto dos partidos. Pero quedou moi claro que dende o poder central non se ía facer nada por estimular o adormecido autonomismo dos galegos. Asi as cousas, o PG diríxiuse en xaneiro ós presidentes das catro Deputacións preguntando qué pasaba co proxecto que se lles entregara na Coruña, pois nin fora trasladado ós Concellos nin publicado para que o pobo opinase. E ofrecíase a axudar na organización da asemblea de municipios. Só contestaron o presidente da Deputación de Ourense, prometendo reunir á corporación para que se pronunciase, e o da de Pontevedra anunciando unha próxima reu-
120
O NACIONALISMO NA GALICIA DA ASEMBLEA DE CONCELLOS
nión das deputacións, reunión que no mes de maio seguía sen celebrarse. Pola súa parte, en febreiro, Ramón Suárez Picallo e Antón Villar Ponte intentaron sen resultados que a Minoría Gallega do Congreso fixese da autonomía o seu obxectivo político fundamental Pero outras xestións, máis persoais, acabaron dando froito, concretamente no seo da corporación municipal compostelana. Atendendo á petición de Castelao3, o concelleiro conservador Enrique Rajoy Leloup propuxo o 19 de marzo ó Concello de Santiago que este convocase á asemblea de municipios galegos prevista na Constitución. Rajoy, conscente de que era mellor eludir os argumentos nacionalistas (el tampouco non o era) se quería convencer ós seus compañeiros, entre os que non había ningún galeguista, poñía o exemplo das previsibles vantaxes económicas que a autonomía ía ter para Cataluña, especialmente en materia tributaria, algo sobre o que Alexandre Bóveda viñera insistindo arreo. E Galicia, segundo Rajoy, non podía deixar pasar esa oportunidade, tiña que superar unha impasibilidade «depresiva y suicida». Co apoio do alcalde, o republicano Raimundo López Pol, e doutros concelleiros como José Pasín Romero e Laureano Santiso Girón, a proposta foi aprobada vencendo as reticencias de quen xa conseguiran bloquear a anterior iniciativa do propio Rajoy en agosto de 1931. Por suxerencia do alcalde, e como primeiro paso, formouse unha Comisión Organizadora encargada de xestionar unha reunión de representantes de concellos e forzas políticas, previa á preceptiva asemblea municipal. A comisión compostelana, logo dalgunhas dificultades para a súa constitución definitiva, púxose a traballar no labor encomendado. Oficiouse a tódolos concellos galegos e levouse a cabo un programa de visitas persoais a gran número de municipios para animar unha resposta rápida e positiva. Ademáis, co fin de favorecer a creación dun ambente propicio, López Pol organizou unha reunión de forzas vivas (políticos, sindicalistas, empresarios e intelectuais), que tivo lugar en Santiago o 29 de maio. Desta vez as xestións foron dando algúns froitos. Determinados sectores empezaron a cambiar moi lentamente de actitude respecto do proceso autonómico. Cecais tivo algo que ver con ese cambio dos non galeguistas o feito de que por entonces estaba a discutirse no Congreso o Estatuto de Cataluña, cuestión esta que provocaba en certos sectores da sociedade galega reaccións tan negativas como as que xurdían en 3 CORES TRASMONTE, B. O Estatuto de Autonomía de Galicia (1932-1936). Os documentos oficiais, Santiago de Compostela, Foesga, 1998, p. 15.
JUSTO BERAMENDI
121
Castela ou en Aragón. Non podía ser que os galegos ficasen privados dos beneficios que de seguro ían conseguir os cataláns. Durante o mes de xuño, a comisión organizadora compostelana foi comprometendo asistencias á asemblea e finalmente esta tivo lugar o domingo 3 de xullo no Paraninfo da Universidade. Asistiron deputados, alcaldes, dirixentes do refundado PRG, unha numerosa representación do PG, algún membro do PSOE (Xaime Quintanilla), algúns conservadores como o avogado e deputado José Reino Caamaño, persoeiros independentes que participaran dende o principio no proceso como Rodrigo Sanz, e representacións corporativas. Debateuse o modelo de Estatuto que a asemblea debía considerar e decidiuse nomear unha comisión que redactase un novo texto, aínda que tería en conta os xa existentes e tamén a experiencia da tramitación do Estatuto catalán en relación cos problemas de constitucionalidade que puidesen xurdir. Non foi doado poñérense de acordo sobre a composición da comisión e os nomes dos seus integrantes, que finalmente ficou constituída por aprobación dunha proposta da Mesa4. O peso de nacionalistas e rexionalistas nesa comisión era moi superior á importancia destas tendencias no mapa sociopolítico de Galicia. En todo caso había nela un equilibrio político entre PG e PRG, cousa lóxica, e predominio dun autonomismo moderado. Aprobouse tamén a proposta de regulamento da Asemblea de Concellos, presentada pola comisión organizadora compostelana, á que se lle encomendou ademáis a propaganda e as finanzas do proceso. Nas semanas seguintes, o PG centrou case tódolos seus esforzos autonomistas en traballar no seo da comisión, que rematou a redacción do texto o 4 de setembro. Este proxecto recollía dos anteriores, especialmente do dos parlamentarios, a definición de Galicia como rexión autónoma e de quén era galego a efectos estatutarios, asi como a cooficialidade dos dous idiomas e a obrigatoriedade de coñecelos por parte dos funcionarios. Estruturaba os poderes de Galicia nunha Asemblea lexislativa elixida por catro anos mediante sufraxio universal e sistema proporcional, que determinaría ademáis o número de membros do executivo e podería revocalos; nun goberno formado por un 4 Os integrantes da comisión redactora eran: Presidente, Salvador Cabeza de León (presidente do SEG). Secretario, Enrique Rajoy Leloup (Decano do Colexio de Avogados de Santiago). Vugais: Manuel Iglesias Corral (alcalde da Coruña), Manuel Lugrís Freire (académico), Santiago Montero Díaz (Bibliotecario da Universidade), Jacobo Arias del Villar (enxeñeiro do servicio forestal da Coruña), Alejandro Bóveda Iglesias, Rodrigo Sanz López (presidente do SGM), Avelino López Otero (avogado, secretario do PRG) e Eladio Rodríguez González (presidente da RAG).
122
O NACIONALISMO NA GALICIA DA ASEMBLEA DE CONCELLOS
Presidente elixido directamente por catro anos, quen nomearía ós membros do Consello e podería disolver a Asemblea; e nunha administración de xustiza encabezada pola Audiencia Territorial. No capítulo das competencias autonómicas, amplíabanse algo as do texto dos parlamentarios5. En materia de ensino non se avanzaba moito. O poder central mantiña o control sobre a rede preexistente de centros en tódolos niveis e simplemente permítíase que a Rexión crease en paralelo os seus propios centros, dos que os títulos terían validez oficial se cumprían os mesmos requisitos xerais. Eso si, a Rexión podería adaptar a lexislación xeral nos niveis primario e secundario ás peculiaridades de Galicia. En tódalas escolas primarias sería obrigatorio o ensino das dúas linguas, e nos Institutos e Escolas Normais cursaríase a materia de lingua galega. Na Universidade, á que o goberno da República podería conceder unha autonomía a proposta da Rexión, esta podería soster cátedras de lingua e cultura galegas. Por outra parte, desaparecía da financiación calquera vestixio de cupo ou concerto. A Facenda rexional sosteríase básicamente cos impostos cedidos polo Estado ou coa participación nos non cedidos. Con todo, abríase a posibilidade de que a Rexión asumise toda a xestión tributaria, agás monopolios e aduanas, e fundase un Banco público. Ademáis, o artigo 27 daba satisfacción a unha vella arela arancelaria6. Por último, o art. 34 deixaba a criterio da futura asemblea lexislativa a decisión de onde ubicar a capital da autonomía. O texto someteuse a información pública para que se puidesen presentar emendas ate o 29 de setembro. Foi publicado íntegro en El Pueblo Gallego (Vigo), La Vanguardia Gallega (Lugo), El Heraldo de Galicia (Ourense), La Voz de Galicia e El Ideal Gallego (A Coruña); e El Eco de Santiago e El Compostelano (Santiago). Ademáis enviáronse varios milleiros de exemplares a institucións, partidos, sindicatos, asociacións e corporacións de toda índole. 5 Serían: nomeamento de xuices e maxistrados entre os das escalas do Estado, réxime local, dereito civil galego, organización do rexistro da propiedade e o notariado, ordenación e fomento de montes, agricultura e gandería, execución da lexislación estatal en minería, pesca e aproveitamento de augas, turismo, patrimonio artístico e cultural, obras públicas e comunicacións interiores, réxime cooperativo, asociativo, Aforro e Crédito, desenvolvemento da lexislación sanitaria do Estado, mando sobre a policía estatal, policía urbana e rural, e organización dos servicios derivados da lexislación social do Estado. 6 «A propuesta de la Región, y como compensación a los perjuicios que para su Economía representa el actual arancel protector, el Gobierno de la República desgravará el de maíces y forrajes que entren por puerto gallego para su consumo en Galicia como alimento, y el de las materias primas necesarias a las industrias básicas de Galicia. Se vigilará el destino de los artículos desgravados, para que los que salgan de Galicia o sean consumidos en otros empleos, devenguen los correspondientes derechos».
JUSTO BERAMENDI
123
Publicouno tamén A Nosa Terra (nº 297), acompañado da opinión que lle merecía ó PG: este non era o seu Estatuto, pero loitaría por implantalo e despois seguiría esforzándose por ampliar o autogoberno de Galicia, «Porque pra nós o Estatuto non é un fin, senón un medio: o de conseguir mais aixiña aquela finalidade». E aproveitaba a ocasión para criticar a posición dos socialistas galegos, a quen poñía de exemplo a actitude de Indalecio Prieto favorable á autonomía vasca. A comisión, logo de estudiar as emendas, decidiu aceptar só aquelas que, ó seu xuizo, melloraban «técnicamente» o texto. Pero nalgúns casos o cambio introducido non foi tan técnico. E así, modificou a definición do territorio para non dar a impresión de que o Estatuto consagraba a existencia das catro provincias; renunciou a considerar galegos, a efectos estatutarios, ós residentes fóra de Galicia; denominou Xunta de Galicia ó executivo; reduciu a tres anos o mandato do parlamento; introduciu a revocabilidade dos deputados por iniciativa popular, o referéndum e o dereito de iniciativa popular; eliminou o xuizo por xurados; e concedeu ó presidente da Rexión a atribución de nomear ó da Xunta e ós conselleiros, a proposta deste. En cambio negouse a fixar a capital, a institucionalizar as comarcas, a eliminar o galego como lingua oficial ou a rebaixar a súa presencia no ensino, a introducir mencións á relixión nun sentido ou noutro, a contemplar o sufraxio corporativo, a establecer unha segunda cámaran e a alterar as competencias dos órganos de poder e o sistema de elección do presidente. Rematado o trámite de audiencia pública, o 1 de novembro convocouse a asemblea de concellos para os días 17 e 19 de decembro en Santiago. A convocatoria, asinada en primeiro lugar por Xaime Quintanilla, como presidente da asemblea preparatoria, e por Raimundo López Pol, como presidente da comisión organizadora, levaba tamén o respaldo dos alcaldes de Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Mondoñedo, Betanzos, Tui, Noia, Lalín, O Carballiño e Sarria. O texto remataba con acentos patrióticos: «Ya lo sabeis, pues, Ayuntamientos de Galicia. Vuestro deber es acudir a la Asamblea de Santiago, y allí, pensando en vuestra responsabilidad histórica, trabajar por Galicia, y forjar la Carta de su nueva vida». Por fin, o sábado 17, ás doce da mañán, a asemblea de concellos iniciou as súas sesións na Facultade de Medicina. Logo de debates, ás veces moi intensos, que aquí non temos espacio para describir, o día 19 pola mañán procedeuse á votación final do proxecto resultante. Estaban debidamente represen-
124
O NACIONALISMO NA GALICIA DA ASEMBLEA DE CONCELLOS
tados 211 concellos dos 319 que había en Galicia, algúns por delegación no propio alcalde de Santiago ou en persoeiros presentes. Votaron todos a favor, menos 33 que terían de pronunciarse definitivamente en quince días e dous que non votaron por ausencia dos seus delegados (Beariz e As Somozas). Entre os que se reservaron estaba A Coruña. Fíxose constar que se no prazo dado non había decisión entenderíase que o concello votaba afirmativamente. Ás tres e media da tarde fíxose o reconto, retransmitido por radio ás repúblicas sudamericanas, mediante conexión facilitada gratuitamente por la Compañía Telefónica. Votaron a favor nese momento 176 concellos, que comprendían máis de dous millóns de persoas e 444.785 electores dos 559.087 que figuraban daquela no censo electoral. Polo tanto, sumaban a maioría absoluta dos concellos e máis dos dous tercios do censo. Estaba cumprido o primeiro trámite previsto no art. 12 da Constitución. Só restaba que o goberno convocase o referéndum para que, unha vez superado este, puidesen recibir as Cortes o Estatuto de Autonomía de Galicia. Pero o que parecía máis doado resultaría o máis difícil, aínda que nos primeiros momentos os nacionalistas confiaban nunha culminación rápida do proceso. Para asegurala formouse a Comisión de Propaganda do Estatuto con participación do PG, o Partido Republicano Gallego (novo nome da ORGA-FRG) e Acción Republicana. Pero será o primeiro quen leve o peso da campaña.Os seus teóricos aliados amosáronse cada vez más pasivos e o goberno central moi reticente a convocar a consulta. Estes atrancos en Galicia e Madrid induciron ó PG a formular duras críticas e a arreciar na súa campaña, que culminou en maio de 1933 coa sonada interpelación dos deputados nacionalistas ó goberno. Os discursos íntegros de Otero Pedrayo, Castelao e Suárez Picallo, así como un resumo do debate, publicáronse nun folleto do que se tiraron 10.000 exemplares. Ante estas presións o goberno prometera en abril convocar o referéndum despois das eleccións municipais parciais. Pasadas estas, por certo cunha derrota das esquerdas que anunciaba o desastre de novembro, cumpriu a promesa mediante un decreto polo que autorizaba o referéndum. Pero os segundos do goberno en Galicia se encargaron de convertir o decreto en papel mollado. En xullo, o Comité Central da Autonomía volveu reunirse e acordou convocar a consulta en setembro. Pero unha vez máis todo quedou en boas palabras. Non houbo máis propaganda que a realizada polo PG e la organización do referéndum foise aprazando ata que a convocatoria de eleccións xerais para novembro fíxoo imposible de momento.
JUSTO BERAMENDI
125
Todo isto incidiu sobre as soterradas diferencias internas do propio nacionalismo. Durante o primeiro ano de vida do PG, estas apenas saíron á luz. Só houbo unha minúscula e efímera escisión de carácter independentista, a de Alvaro das Casas e a súa Vangarda Nazonalista, que non tivo consecuencia ningunha sobre a estabilidade e evolución do PG. A II Asemblea do partido (Santiago, 10-11 de decembro de 1932), dedicada a respaldar a liña política e a perfeccionar a organización, transcurriu aínda nun clima de harmonía. Porén, o carácter laico da Constitución republicana, as agresións á Igrexa e a radicalización da loita de clases estaban tendo un efecto demoledor sobre la lealtade republicana do sector neotradicionalista e moi en especial sobre Vicente Risco. O moi escaso entusiasmo dos republicanos galegos constituía un argumento adicional para que acabasen opoñéndose a calquera alianza con partidos non nacionalistas de esquerda e centro-esquerda e volvesen a formular as teses illacionistas dos anos vinte. E en efecto, as tensións afloraron con forza na Asemblea extraordinaria que tivo lugar o 21 de outubro de 1933 en Santiago para decidir a posición do PG na inminente contenda electoral. A pesar de que a dereita xa era claramente minoritaria dentro do partido, Risco e os seus conseguiron, por derradeira vez, convencer á maioría de que o nacionalismo debía presentarse en solitario. É moi probable que os resquemores provocados pola actitude obstruccionista dos republicanos no asunto do Estatuto contribuísen moito a esta decisión. En todo caso, as consecuencias políticas inmediatas foron desastrosas, pois o PG perdeu os poucos deputados que tiña e quedou sen presencia parlamentaria. Non obstante, e como vimos, os resultados non foron tan malos dende o punto de vista do número de votos e isto serviu cando menos para demostrar ós demáis partidos que o PG podía ser un aliado electoralmente rendible, nomeadamente nas provincias de Coruña e Pontevedra. Ademáis, a maioría do partido tomou boa nota desta lección. A actitude do goberno central de centro-dereita durante o «bienio negro», que conxelou o proceso autonómico e incluso reprimiu o nacionalismo despois de outubro de 1934 –pese a que os galeguistas nada tiveron que ver coa chamada revolución de Asturias– acabou convencendo á maioría de que a única posibilidade de alcanzar a autonomía en Galicia pasaba por unha alianza coas esquerdas. Istopúxerase xa de manifesto na III Asemblea (Ourense, 13-14 de xaneiro de 1934). Nesta ocasión, Risco e os seus saíron derrotados, pois a asemblea aprobou un claro mandato de entendimento cos partidos republicanos que estivesen dispostos a actuar a prol da autonomía.
126
O NACIONALISMO NA GALICIA DA ASEMBLEA DE CONCELLOS
En consecuencia, a dirección do PG, pilotada por Castelao e Bóveda, iniciou unha aproximación á Izquierda Republicana de Azaña e os seus galegos de Casares Quiroga. A alianza fraguou en 1935 e soliviantou aínda máis á dereita católica do partido. O enfrontamento aberto produciuse na IV Asemblea (Santiago, 20-21 de abril de 1935). Con Risco cada vez máis afastado da vida do partido, esta vez foi Otero Pedrayo quen encabezou a última batalla interior a prol dunha orientación católico-tradicionalista do galleguismo. As súas posturas só recibiron o apoio dunha pequena minoría e as bases do PG subscribiron a alianza coa esquerda republicana. Como consecuencia, no mes seguinte escindiuse un pequeno grupo de afiliados, dirixidos por José Filgueira Valverde, que fundaron a Dereita Galeguista de Pontevedra, minúscula organización que casi non tivo actividade e que, dende logo, non logrou variar un ápice a deriva do conxunto do nacionalismo galego dende o centro á esquerda do espectro político. A crecente polarización política nos últimos meses de 1935, ante a perspectiva doutras eleccións xerais, levou ó PG, da man de Izquierda Republicana, a entrar no Frente Popular. Isto provocou unha segunda, e tamén pequena, escisión en Ourense, onde Vicente Risco e unha ducia de seguidores saíron do partido uns días antes das eleccións de febreiro de 1936 para que os seus nomes non se visen mesturados con tan inaceptable compañía, e fundaron outra Dereita Galeguista que só dera os seus primeiros pasos no momento da sublevación militar de xullo. O PG incorporouse ó Frente Popular co obxectivo principal de garantir a rápida culminación do proceso autonómico e co secundario de contribuir sinceramente á defensa da República democrática. Os resultados electorais obtidos en 1933 foron a súa baza negociadora para comprometer co primeiro obxectivo ó Frente Popular en Galicia. Non obstante, as restantes forzas resistíronse concederle unha presencia de peso nas candidaturas. Tras varias tirapuxas, conseguiu incluir en principio cinco candidatos: Castelao, en Pontevedra; Ramón Suárez Picallo y Antonio Villar Ponte, na Coruña; Alexandre Bóveda, en Ourense; e Xerardo Álvarez Gallego, en Lugo. Nesta última provincia, o Frente Popular en realidade non chegou a funcionar. E en Ourense, os demáis coaligados non fixeron honor ó compromiso e Bóveda só obtivo os votos estrictamente nacionalistas. En cambio, os tres primeiros foron elixidos deputados en febreiro de 1936, co que o nacionalismo recuperou exactamente a mesma presencia parlamentaria que tiña en 1931.
JUSTO BERAMENDI
127
Pero o máis importante non foi isto, senon que nesta ocasión os integrantes do Frente Popular e o goberno que se formou en Madrid respectaron os acordos programáticos e o referéndum da autonomía foi convocado para o 28 de xuño de 1936. O PG fixo un gran esforzo na campaña e os demáis (republicanos de esquerda, socialistas e comunistas) colaboraron con máis ou menos entusiasmo. En todo caso suficiente para garantir, dende as mesas electorais, a necesaria (e universal) manipulación electoral a que obrigaba nestes plebiscitos o inalcanzable quórum esixido pola Constitución. Os votos afirmativos superaron ampliamente os dous tercios do censo requeridos. Unha gran delegación de autoridades e parlamentarios de Galicia acababa de entregar ó Presidente das Cortes o Estatuto plebiscitado cando empezou a Guerra Civil. A teimosía de Castelao conseguiu que o texto adquirise estado parlamentario na última sesión de la cámara celebrada dentro da Península, en Montserrat en 1938, camiño da fronteira. E sete anos despois, en México, finalmente o Congreso republicano asumiría o Estatuto de Galicia. Gracias a este precedente lexitimador, a Constitución de 1978 incluirá a Galicia entre as tres Comunidades Autónomas, coñecidas como «nacionalidades históricas», ás que se lles concedeu un acceso privilexiadamente rápido á autonomía.
O PROCESO ESTATUTARIO: DA ASEMBLEA DE CONCELLOS Ó COMITÉ CENTRAL DE AUTONOMÍA Baldomero Cores Trasmonte
1. A observación singular dunha gran empresa colectiva Un acontecemento histórico das dimensións do primeiro proceso estatutario galego, pendurado entre profundas escisións ideolóxicas ou enconados sentimentos, pode a istas alturas ser recoñecido e observado desde moi distintos puntos de vista. Entre os anos de 1931 e 1936, con profundos silencios tamén, foise configurando un modelo autonómico que, aínda que non chegou a callar institucionalmente, será, co tempo un elemento inspirador do que, en conexión con aquel, podemos coñecer coma o segundo proceso estatutario galego, si ben entre aquel e o novo existan importantes diferencias desde moi distintos puntos de vista. Desde algunha desas perspectivas, por exemplo, contemplamos nós mesmos, en máis dunha ocasión, o devalar estatutario desde algunas posicións teóricas diferentes, aínda que sempre chegando a conclusión de que tiña os tons dunha gran Odisea galega, na que estiveron presentes a Galicia territorial, a terra, e a Galicia extraterritorial, a Galicia emigrada. E quen dí nós, quere usar en plural aquel esforzo pioneiro no estudio estatutario, xa que foron algúns, non moitos, pero eficaces estudiosos daqueles procesos e daquelas escisións ideolóxicas. Unhas veces, mirámolos feitos estatutarios desde o punto de vista dinámico, atraídos polo desacougante devalar dos feitos; era, de certo, un enfoque intrigante, porque permitía recoñecelas peripecias da gran empresa autonómica galega, desde as pistas en principio secas e austeras da documentación oficial, da que moi axiña tivemola ocasión de posuir e poñer a disposición de
132
O PROCESO ESTATUTARIO: DA ASEMBLEA DE CONCELLOS Ó COMITÉ…
quen quixera estudala. Outras veces, sempre tentando conservalo sentido dinámico, queríamos sorprendelos segredos da escisión ideolóxica, co visible contraste de forzas, para comprobalos efectos dos conflictos sociais, dos intereses e das ideoloxías, sobre persoas e asociacións que se opoñían á creación estatutaria e as que loitaban contra as inercias e resistencias sociais, políticas e ideolóxicas. Quizáis, á vista de tales estudos, fora de razón acudir a outros aspetos singulares, desde o que se puideran albiscar novos puntos de vista, desde os que fora doado explicar cada acto, a xustificación de cada conducta, a maneira en que se asentan as ideas colectivas no ánimo dos seus protagonistas e coma o esforzo de cada un dos individuos repercute sobre os valores colectivos. Iniciabamos un dos posibeis traballos singulares, desde a perspectiva dos roles, desde as conductas esperadas e as expectivas de acción que cada personaxe físico ou asociativo despertaban dentro do sistema social. A teoría dos roles, base dos comportamentos esperados desde un sistema social determinado, permitiunos, por exemplo, no Congreso sobre «A Galiza de Bóveda», celebrado en Pontevedra o dia 28 de novembro de 2003, estudar as expectativas e a conducta dos individuos, a súa interacción no sistema social, a súa relación coas pautas configuradas pola comunidade, e aquelas formas individuais que tentan alteral-os roles normais e aceptados coma normais polo grupo social. En «Os senadores da Universidade de Santiago», en 1998, aplicabámola idea da encarnación dos roles, nacida do exame directo das situacións, a un momento histórico definido, ó tempo que vai entre 1877 e 1923. Coma os roles non nacen por xeración espontánea, senón que latexan no seo dos estatus e dos sistemas sociais, aquela encarnación podía ser unha boa maneira de entendel-o tempo e as circunstancias en que se desenvolvían os personaxes que as encarnaban, e que unhas veces defendían a situación dominante, mentres que outras tentaban alterala, para dar fe da súa forza creadora, transgresora ou conflictiva. Pensamos que foi unha boa vía, para recoñecer polo entramado dos roles preexistentes coma se encarnaban nas persoas, e coma istas, ó mesmo tempo, contribuían a modificalas súas variacións, transformacións e interpretacións persoais, que alteraban os roles, para darlle outro sentido. Poden producirse situacións conflictivas no exercicio dos roles, e hai que escoller entre un e outro, ou facelos compatibles. E podemos saber coma nacen ises comportamentos esperados, e coma se van moldeando nas realidades concretas.
BALDOMERO CORES TRASMONTE
133
Coa mesma intención, faremos agora o posible para describir de modo particular, desde a perspectiva do proceso e dos procedementos, que fixeron posible que os ideais e pensamentos dos participantes no proceso estatutario puideran facerse realidade. Na dialética entre o caos e a organización, a capacidade de previsión e de regulación das forzas e das tendencias fixo posible que o proceso estatutario acadara os obxectivos propostos na fase intragalaica.
Entre o proceso e o procedemento A expresión proceso estatutario, aplicada primeiro ó desenvolvemento do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1932 á 1936, e logo ó do segundo de 1981, está a vista que fixo fortuna. Foi espallándose de maneira natural, entre os que a consideraron conveniente para comprender mellor os problemas que os tan complexos feitos suscitaban. Agora, sin pensar no modesto acuñador e primeiro difusor de tan cómodas e expresivas voces, interesa describir o proceso estatutario, pero non tanto no seu devalar histórico ou ideolóxico, tal coma fixemos tantas veces, coma desde unha perspectiva máis formalista, orientada cara unha visión das decisións organizativas e procesalmente concretas. A voz proceso é moi rica en matices, mírese desde calquera das súas visións filosóficas, biolóxicas, físicas ou sociais. Sin perda das experiencias acadadas ó longo do tempo, coma unha aportación máis ó estudo do autonomismo galego, o marco das súas posibilidades de aplicación desde o seu aspecto formal e moi vario e complexo, fronte ó que en principio puideran parecer as formas por si mesmas. Agora tentamos aplicar esta vía procesalista á realidade estatutaria de 1932 a 1936, mirada desde esta perspectiva máis formalista, menos vibrante, pero por igual interesante. Queremos, en definitiva, transportar o conceto a unha dimensión procesal, desde o punto de vista dos procedementos que serviron de base para que o caos organizativo dos primeiros días da reivindicación estatutaria, en etapa preconstitucional, rematasen por ser un modelo de eficiencia organizativa, de eficacia administrativa e de intensa e xenerosa participación política, sempre sin perxuizo das opinións plurais e das liberdades de comprensión dun modelo estatutario de organización política de Galicia, que tanto froleceron por aqueles días. Despois de vagar xuntas, coma sinónimas e intercambiables as ideas de proceso e procedemento, xuristas eminentes, remataron por escindir aquela monolítica sinonimia, para darlles distintos valores conceptuais. Pois ben, sin necesi-
134
O PROCESO ESTATUTARIO: DA ASEMBLEA DE CONCELLOS Ó COMITÉ…
dade de máis precisións, e indo directamente á cuestión, si se toma a Constitución de 1931 coma a base do proceso, estará este formado polas condicións establecidas polo texto constitucional, coma encarnación pública das potestades e da xurisdición ás que debían axustarse os procedementos destinados á creación da rexión autónoma e do Estatuto de autonomía. Así mesmo, neste caso concreto, estarían os procedementos integrados polos actos e trámites necesarios para que sucesivamente foran cumpríndose as condicións e os requisitos precisos para conseguir que a pretensión estatutaria rematara por facerse realidade.
As previsións constitucionais do proceso estatutario galego Coma base e fundamento das pretensións do pobo galego, que debían conducir a unha decisión final, destinada a proclamála existencia do réxime autonómico e a aprobación do conseguinte Estatuto de Autonomía, a Constitución da ll República española, promulgada o 9 de decembro de 1931, establecía no seu artigo 12, do título l, as condicións e os requisitos que unha rexión que quixera probála súa capacidade para acadálo réxime autonómico e a conseguinte aprobación do Estatuto de autonomía, debían cumprir sucesivamente. O proceso debía principiar, en primeiro lugar, cunha proposta formulada pola maioría dos Concellos, ou cando menos que a formulase un número de concellos que comprendera as dúas terceiras partes do Censo electoral da rexión. A primeira das fórmulas foi a seguida no proceso galego, e, que se saiba non houbo ningunha voz que se inclinara por outra posición, nin que se fixera estudo ou debate sobre o requisito que mellor acaía á intención das forzas políticas dominantes. A segunda e sucesiva condición esixida pola Constitución, consistía en que o Estatuto proposto fora aceptado conforme ó procedemento que sinalase a Lei electoral, a lo menos polas dúas terceiras partes dos eletores inscritos no Censo da rexión. No caso de que o plebiscito fora negativo, a proposta de autonomía non podería renovarse ata pasados cinco anos. A Constitución emprega neste punto a voz plebiscito, cando técnicamente debería usar con máis propiedade a de referendum. De plebiscito falouse tanto a finais do século XIX e do XX, que o emprego da palabra fíxose moi común, ata divulgarse sin ningunha precisión técnica. Enrique Rajoy, Bóveda e outros loitadores do Estatuto, falaron, incluso de referendum plebiscitario,
BALDOMERO CORES TRASMONTE
135
porque a falla de fixesa dos termos rematou en valerse de calquera deles en forma indiscriminada, non faltando, incluso, casos en que o auttor dun traballo ou no devalar de discusros e donferencias chegaron a usálas palabras co mesmo sentido. Quizáis, o feito da redación aillada dentro do parágrafo fixo máis cómodo o emprego desa verba por forzas políticas máis interesadas na idea do plebiscito, coma decisión final, que coa de referendum, máis pegada ás esixencias do ordenamento xurídico do que dependían. A terceira e última condición constitucional esixía que o Estatuto fora aprobado polas Cortes. Pero, a Constitución, no mesmo punto, condicionaba vagamente a libertade do parlamento, de conformidade con alguhas outras condicións que debían cumprirse en Cortes para que fora viable a aprobación polas Cortes. Coma esixencias básicas para esta aprobación, o Estatuto proposto e aprobado polos concellos, debía axustarse ó título l da Constitución, dedicado á Organización nacional; que non tivera en ningún caso preceptos contrarios á Constitución nin ás leis orgánicas do Estado nas materias non transmisibles ó poder rexional, sin prexuizo das facultades que as Cortes lles recoñecían nos artigos 15 e 16. Demasiados concetos xurídicos indeterminados, coma para ter un mínimo de seguridade neste derradeiro trámite do azaroso e complexo proceso. As interpretacións e os puntos de vista sobre a materia podían ser moi varios, ata o punto de que algúns dos loitadores pola conquista da autonomía e do Estatuto de Galicia, estiveron moi atentos ós posibles rigores dese filtro parlamentario. Sobre todo, Bóveda e Rajoy estiveron teimudamente conformes en recordar ós máis contumaces que esta última e terceira condición daba moitos pulos ó poder central. Boa parte da propaganda intensiva dos últimos momentos da campaña a prol do Estatuto estaba xustificada por ese desexo de que desde o paralamento non se desnaturalizara o espíritu de concordia e as ideas acetadas, acudindo a argumentos e puntos de vista arbitrarios e moi restritivos. Das tres condicións só foi posible cumprir a primeira. Cumprironse as duas primeiras, relativas á proposta dos concellos e á acetación polo corpo eletoral galego. En cambio, frustrouse a terceira, consistente na aprobación polas Cortes. Pero, a frustración, coma é sabido, non foi debida a causas orixinadas no desenvolvemento normal do proceso. O estado de anormalidade creada co levantamento militar e os primeiros estertores da Guerra civil impidiron que o Estatuto aprobado en fase intragalaica, puidera cumprir so o acto de entrega do expedente do proceso, co que se debía iniciála terceira condi-
136
O PROCESO ESTATUTARIO: DA ASEMBLEA DE CONCELLOS Ó COMITÉ…
ción constitucional. Unha entrega en Cortes que, polo demáis, nin siquera esixía a comparecencia persoal, pois podía remitirse por calquera dos admitidos en dereito, pero que os estatuintes galegos quixeron esteriorizar simbólicamente. Desde Galicia, sin embargo, pensaron animadores do proceso estatutario debía entregarse con toda solemnidade, pois era para eles unha das grandes festas autonómicas. Deste xeito pensouse en organizar un acto masivo, no que o Estatuto aprobado en fase intragalega, viaxaría en tren ata Madrid. Frustrados tales desexos, ó final mate será unha Comisión a que se encargue de entregárlle-lo en mán ó presidente das Cortes, que o recibiu coma un papel máis de mans dos portores daquel tesouro democrático.
A planificación do proceso Seguindo as pautas marcadas pola Constitución, o proceso establecido debía formalizarse sobre a base de normas que permitiran o desenvolvemento pacífico e eficaz da pretensión, que non era outra que a de acadar o réxime autonómico e a conseguinte implantación do Estatuto de autonomía de Galicia. No acto de estudo e aprobación da iniciativa formulada por Enrique Rajoy, coa que se iba abrílo procedemento, sintetizaba a situación en que se atopaban, nos termos seguintes: «El Sr. Rajoy Leloup dice que el procedimiento para que Galicia tenga su Estatuto está regulado ya por la Constitución; que la Asamblea cuya reunión se propone será la que formule el proyecto que si reune la adhesión de los Ayuntamientos gallegos en la medida exigida por la Constitución, habría luego de someterse al plebiscito que la misma impone; que indudablemente la Asamblea debe partir de algún anteproyecto coma base de sus deliberaciones y no ve inconveniente en que sea alguno de los dos conocidos; pero que es necesario contar con que la Asamblea debe durar varios días, subdividirse en varias comisiones, y estar asesorada por cuantos tengan hechos estudios sobre las condiciones de la región gallega y sus circunstancias, para que su labor resulte lo más conforme posible con las necesidades de Galicia, a fin de que tenga probabilidades de éxito la propuesta que a los Ayuntamientos y al Pueblo hago». Na súa Moción, Rajoy non só formulaba os elementos esenciais do procedemento, senon que involucraba neles a unha serie de elementos que debían contribuir a que a organización fora o máis precisa posible, anticipándose, en principio, a feitos que poideran dar ocasión a debates inútis, inconvenientes ou perturadores.
BALDOMERO CORES TRASMONTE
137
A mellor maneira de que as dúas condicións constitucionais puideran cumprirse axeitadamente, era contar cunha previsión dos acontecementos, mediante a forlulación dun ecenario, desde o que puideran predecirse os acontecementos e os seus efetos. E tanto era así, que Rajoy e os seus compañeiros de comisión coidaban que o proceso debía obedecer a un plan preestablecido, normativamente claro e seguros do cumprimento cabal de cada un dos requisitos e condicións, tentando conxurar omisións, trámites e cousas improcedentes, que por calquera cousa puideran botar a baixo todo o trabalo, que debía que debía ser preparado con tanto celo e coidado. A idea da planificación do esforzo quedaba moi clara, e así o sinalaba Rajoy, cando dicía: «que estaban nun momento no que o traballo debía responder a un plan, consistente en cumprir con detalle e sen un só fallo os requisitos e trámites esixidos pola Constitución: «Estamos ante una labor meditada, seria, que responde a un plan, cuya realización metódica es preciso para que el Estatuto sea presentable ante las Cortes y adquiera la eficacia de una ley. Esto no quiere decir que no hayan de obtenerse colaboraciones de elementos políticos y técnicos. Pero todo vendrá a su tiempo en el momento oportuno». «Ahora importa tan solo que los ayuntamientos expresen su voluntad, acordando que en principio están conformes con la idea de reunirse en Congreso o Asamblea para deliberar acerca de la autonomía, lo cual no significa conformidad con un Estatuto determinado, ni compromete a otra cosa que a concurrir a la Asamblea, cuando ésta se convoque. Rajoy tiña moi estudado o procedemento a seguir. Quería contar desde o principio cunha maioría dos concellos simpatizantes da idea autonómica. Por eso, so cando se recibiu a conformidade de moitos deles, a Comisión municipal decidiuse a iniciálo traballo. Dicía a Comisión que: «Así que se reciban adhesiones de la mayoría, se llamaría, inmediatamente, para una reunión preparatoria, a los Parlamentarios, comisiones de Diputación provincial, alcaldes de las principales poblaciones, representantes de partidos, elementos técnicos económicos, culturales, etcétera. En esa reunión –exponente de la vida política, económica y social de Galicia– se discutirá el problema del Estatuto y allí se acordará si se acepta algunos de los proyectos ya firmados o se confecciona uno nuevo que recoja el criterio mayoritario y la experiencia de la discusión parlamentaria so-
138
O PROCESO ESTATUTARIO: DA ASEMBLEA DE CONCELLOS Ó COMITÉ…
bre el Estatuto catalán. Además, se tratará otra porción de problemas relacionados con la acción coordenada de Galicia par asegurar el éxito de lo que se acuerde. El proyecto de Estatuto que salga de esa reunión, es el que habrá de someterse al Congreso de Ayuntamientos; pero, antes, se imprimirá y se comunicará a los Concejos para que puedan estudiarlo y, con pleno conocimiento de su contenido, estén en condiciones de traer un criterio general formado acerca del mismo, cuando la Asamblea municipal se reúna».
Os trámites do proceso desde a iniciativa ata a creación do Comité Central de Autonomía Uns trámites, entre os seguidos para acadálo réxime autonómico, debían seguirse en Galicia, aínda que a veces o fundamento legal da súa actuación tiña que ter inevitable apoio na lexislación estatal. Outros, en cambio, por esixencia do texto constitucional, tiñan orixe no poder central, correspondendo a aprpbación ou substanciación fora de Galicia. A esa fase, por cumprirse os requisitos básicos desde Galicia, chamámoslle en máis dunha ocasión, a fase intragalega, sin que eso no queira dicir, coma aclarabamos antes, que en certos casos rexera a lexislación estatal. A segunda fase, en consecuencia dámoslle o nome de fase extragalega, en atención a que os actos e trámites debían desenvolverse fora de Galicia, coma é o caso da terceira condición constitucional, que tiña por asentamento as Cortes.
A constitución dos órganos e das disposicións e trámites necesarios Para que o proceso pudera desenvolverse con naturalidade, debían aprobarse as normas máis axustadas ás circunstancias e ós fins que debían cumprirse. A falla de institucionalización do sistema, esixía a disposición de actos e normas para a creación dos órganos que puideran desenvolvelo proceso e os seus trámites. A falla de medios non foi a mellor conselleira, ata o punto de que gran parte do desenvolvemento da actividade correría a cargo do Concello de Santiago. Con teimuda vontade, sin embargo, e sempre con inevitable austeridade, puideron levar a bo fin unha empresa de tan alta complexidade coma a que supuxo a dinámica dun proceso novo, sobre o que a experiencia dos axentes individuais e sociais era mínima.
BALDOMERO CORES TRASMONTE
139
A toma da iniciativa Entre os trámites da fase intragalega, a toma da iniciativa era o punto de partida para que o proceso e os prodecementos tomaran corpo. Pegado ás súas disposicións, facía Enrique Rajoy unha proposta alonxada das tentacións partidistas, da influencia parlamentaria e de fórmulas xa inviables. Era o momento de tomala iniciativa autonómica, e a corporación municipal de Santiago, estaba na mellor disposición para abrilo camiño, despois de varios intentos de acento municipalista. O día 19 de abril de 1932, Enrique Rajoy facía uso expreso da Constitución española, para presentar unha moción, pola que o concello tomara a iniciativa, de conformidade co artigo 12, a) do texto constitucional. Na súa moción, Rajoy principiaba explicando os trámites, que que xa coñecemos. «La Constitución española que ha sido recientemente promulgada, permite la organización de las Regiones en régimen de autonomía, con vida política y administrativa propia, dentro del estado nacional. Esa organización, en el ámbito que determinan los límites generales establecidos en la ley fundamental del Estado, habrá de constar en un Estatuto, para cuya eficacia se exigen los requisitos siguientes...», dicía Rajoy. Acetada a proposta, o día 27 de abril de 1932, o pleno do Concello de Santiago creaba unha Comisión Organizadora, coa idea de acadalo réxime autonómico para Galicia e cumprílos actos e trámites precisos para que a Asemblea dos Concellos puidera desenvolverse da mellor forma posible. Despois de moitas visitas, que foi en verdade unha auténtica peregrinación, os edís santiagueses chegaron á conclusión de que existía claramente visible un formento autonomista, que merecía acollerse ás esixencias da Constitución. Pero, non contentos con estes síntomas, estimaron axeitado chamar a asemblea a corporacións, partidos políticos, expertos e toda clase de interesados co fín de avanzar no proceso de constitución da autonomía de Galicia.
2. A asemblea preparatoria do 3 de xullo de 1932 A Asemblea preparatoria resultou ser un órgano moi singular, desde o que puideron preverse dificultades e inconvenientes, que deste xeito puideron ser debidamente conxurados. Foi todo un ecenario desde o que puideron facerse
140
O PROCESO ESTATUTARIO: DA ASEMBLEA DE CONCELLOS Ó COMITÉ…
previsións e anticipála descrición dos problemas que podía desencadear unha empresa tan complexa coma a Asemblea de Concellos de Galicia. En «Ciencia e galeguidade na II República» describimos con detalle o que pasou na Asemblea preparatoria da de Concellos de Galicia, que se celebrou no Paraninfo da Universidade de Santiago, o día 29 de maio de 1932, baixo a presidencia do alcalde Raimundo López Pol. Non describiremos unha vez máis o ambiente nen os feitos que pasaron aquel día de euforia galega. Conformes co marco que nos propuxemos, só faremos uso daquelo que formalmente podería ser axeitado ás nosas ideas iniciais.
A aprobación do Regulamento de réxime interior Un feito de singular trascendencia foi a aprobación por unanimidade da proposta de Regulamento de réxime interior, que presentaba a Comisión organizadora do Concello de Santiago, e que, coma é fácil deducir por quen coñeza mínimamente o proceso. O proxecto de Regulamento interior era unha descrición do ecenario real que podía e debía anticiparse para que os adversarios non tiveran armas de combate coas que criticar non só os actos concretos, senón tamén a totalidade do proceso. Visto retrospetivamente, o ecenario formal trazado tanto tempo antes, coincidiría punto por punto coa realidade. Algúns dos seus excepcionais erros ou imprecisións, que suscitaron dificultades no debate son mostra máis que dabondo do que podía pasar no caso de que o Regulamento de réxime interior non fora un instrumento de precisión e de anticipación.
O regulamento interior e a conxuración do filibusterismo e a discrepancia O filibusterismo, as excepcións dilatorias, os atrancos de fondo, todo podía botar a baixo as pretensións fundamentais consistentes na afirmación autonómica e a aprobación do texto estatutario. Naturalmente que e o Regulamento foi un elemento máis de seriedade e precisión, pero sin o deseño do ecenario axeitado, ben trabado coa previsión da realidade, dificilmente podía escribirse aquela páxina tan notable que escribiron os comisionados galegos. Baste pensar nas liortas armadas pola máis mínima cousa, en materia de formación de distintos órganos, coma comisións e demais.
BALDOMERO CORES TRASMONTE
141
A Asemblea preparatoria era unha boa proba da falla de experiencia en materia de procedementos e de debates impropios. Había que proceder á formación da Comisión de Estatuto, ben para escoller un dos modelos coñecidos de ordenación estatutaria ou facer un novo, usando coma antecedentes ises que serviron noutra ocasión coma modelo. Eses precedentes estaban constituídos polos proxectos do Instituto de Estudos Galegos, do Secretariado de Galicia en Madrid, de Labor Galleguista de Pontevedra, do anteproxecto dos Parlamentarios Galegos e o do Seminario de Estudos Galegos. Tamén se dividiron as opinións sobre a composición da Comisión redactora do Estatuto. Reino Caamaño coidaba que debe ser grande, para que poida dividirse en seccións, pero Paz Andrade discrepaba, pois con cinco persoas chegaba, podendo agregarse a elas os técnicos que foran precisos. Ezequiel Rey prefería que se nomeasen dous individuos por cada partido, acoplándose os técnicos que foran necesarios. Ó final, o presidente Quintanilla suspendiu a sesión, para que a Mesa estudara unha proposta concreta, e ofrecía os nomes dos comisionados, que eran Rodrigo Sanz, Lugrís Freire, Cabeza de León, Bóveda, Montero Díaz, Avelino López Otero, Iglesias Corral, Arias e Rajoy.
A estructura e composición do regulamento interior.O Regulamento consta de 21 artigos, e nel figuran con moito detalle os pasos e trámites que había que dar para que todo discurrira con normalidade e con eficacia, coma así pasou. O Regulamento cruzou o tormentoso camiño cara a autonomía con especial acatamento, e coas mínimas alteracións. No punto terceiro da Orde do día, referíase ó Regulamento, facultando á Comisión Organizadora de Santiago, outorgándolle un amplo voto confianza, para que redactase o Regulamento da Asemblea Rexional de Concellos, do que presentou xa unha Ponencia á Mesa. A Comisión Redactora do Anteproxecto de Estatuto. O día 3, no Pazo Consistorial de Santiago reuníase a Comisión nomeada pola Asemblea fixala sede onde habían de desenvolver as súas actividades. Acordaron que fora Santiago, instalándose na Secretaría do Pazo do Concello. Logo procediuse a nomear presidente, vocais e secretario. A composición
142
O PROCESO ESTATUTARIO: DA ASEMBLEA DE CONCELLOS Ó COMITÉ…
da Comisión redactora, tal coma consta na acta, quedou formada do xeito seguinte: Presidente, Salvador Cabeza de León; Vogais, Manuel Iglesias Corral; Eladio Rodríguez González; Manuel Lugrís Freire; Xacobe Arias del Villar; Alexandre Bóveda Iglesias; Avelino López Otero; Rodrigo Sanz López; Santiago Montero Diaz; e Secretario, En rique Rajoy Leloup. A formación do Dictame. Entre o fecho da Asemblea preparatoria do 1 de xuño de 1932, e a dos Concellos de Galicia, que debía celebrarse no mes de decembro dese mesmo ano, a Comisión redactora do anteproxecto de Estatuto de Autonomía debía reunirse para facéla proposta do texto que debía servir á Asemblea de Concellos coma texto básico de traballo. Na proposta do Anteproxecto, formulada o 4 de setembro de 1932, a Comisión facía constar que «en cuanto a las líneas generales de nuestro trabajo, quedó bien aclarado en la Asamblea que se nos dejaba en entera libertad para realizarlo coma creyéramos más acertado, si bien se nos aconsejó que tiviéramos presentes los proyectos elaborados con anterioridad a la Asamblea». Desde o punto de vista técnico, a Comisión facía constar que «siempre que le pareció preciso, los Ponentes, colectiva ou individualmente, haciendo uso de la autorización que nos fue concedida, consultamos sobre los diversos puntos del trabajo a personas especializadas». A información pública. O trámite seguinte, consistía en someter a información pública o dictame elaborado pola Comisión redactora, que tamén actuaba coma Ponencia. Corenta e nove emendas, dos máis diversos grupos e persoais individuais, incorporábanse ó proceso estatutario. Na exposición de motivos que formulaba ante a Asemblea á que o texto iba destinado, referíase a Comisión a ista concorrencia de emendantes, precisando que «fijado para dicha información un plazo de 15 días, que habría de terminar el 29 de Septiembre pasado, la Comisión hubo, no obstante, de ampliarlo, por 15 días, atendiendo a justificados requerimientos; y, además, en su deseo de escuchar todas las opiniones, admitió y estudió cuantas enmiendas llegaron a su poder, teminando el nuevo plazo, hasta la fecha en que, con este dictamen, da fin a la labor que le fue encomendada». O Dictame, unha vez analizadas e incorporadas as emendas que a Comisión entendíu convenientes, dábase a publicidade o 1 de novembro de
BALDOMERO CORES TRASMONTE
143
1932, baixo a presidencia de Salvador Cabeza de León, coas asinaturas dos vocais e do secretario, Enrique Rajoy.
3. A Asemblea de Concellos de Galicia. A convocatoria e o chamamento ós concellos O mesmo 1 de novembro de 1932, os alcaldes das capitais de provincia, baixo a presidencia de Xaime Quintanilla, coma presidente da Asemblea preparatoria, seguido de Raimundo López Pol, coma presidente do Comité de Organización, cos alcaldes de Vigo, Mondoñedo, Betanzos, Tui, Noia, Lalín, Carballiño e Sarria, mediante escrito elaborado por Enrique Rajoy, convocaban ós concellos de Galicia, precisando que, despois das razóns que daban no texto, «en su consecuencia, los que suscriben, Alcaldes de las antiguas siete capitales de cada una de las antiguas Provincias gallegas, y de las demás ciudades de Galicia, cuya representación constituyó la Mesa presidencial en la Asamblea preparatoria, tiene el honor de llamar a los Ayuntamientos populares de la Región para que concurran al Congreso de Compostela». O funcionamento das sesións, «axustaráse ó regulamento interior, formado pola Comisión organizadora, en uso das facultades outorgadas a Asemblea preparatoria reunida o 3 de Xullo último».
O desenvolvemento da Asemblea: aprobación do regulamento de réxime interior Asemblea empezou as súas tarefas sobre o debate do Regulamento de Réxime interior da Asemblea. Só o artigo 15 foi obxecto de debate, xa que existía dúbida sobre si o que había que aprobar na Asemblea constituía xa o Estatuto ou era só un proxecto, para sometélo logo ós Concellos. Aprobouse a proposta do Sr. Puente, consistente en que unha vez aprobado pola Asemblea o Estatuto, puideran os represetantes municipais que tiveran algunha reserva mental ou abrigasen calquera dúbida, en canto á extensión do seu mandato, facelo presente ós seus respetivos Concellos, concedéndoselles un plazo de quince días, transcurridos os cales, si nin se fixera manifestación algunha, habría de considerárselle implícitamente conformes con el Estatuto.
144
O PROCESO ESTATUTARIO: DA ASEMBLEA DE CONCELLOS Ó COMITÉ…
A formación das seccións A formación das seccións, prevista nos artígos 10 ó 13, do Regulamento interior, puxo a proba a precisión do Regulamento interior cando chegou o trámite para constituílas seccións. A acta recollía con detalle, moi polo menor, cousas ás que logo outras fontes prestaron menos atención, coma era, por exemplo, a súa composición, sendo, polo tanto, unha fonte moi segura para detallar istas circunstancias. A constante supervisión de Rajoy, naturalmente, facía que a relación entre a realidade e o texto regulamentario se mantiveran nunha liña de eficacia, sen sobresaltos, que puideran valer de coartada para os que eran menos adictos á asemblea.
O debate de totalidade No artigo 14 do Regulamento interior estaba previsto o trámite do debate de totalidade. Os feitos, segundo a acta notarial, foron os seguintes: «En cuanto a la discusión de la totalidad del Estatuto, manifestó el presidente que habría tres turnos en pró y tres en contra, con quince minutos cada turno, y cinco minutos más para rectificar, y que a la Ponencia se le concedia siempre la palabra. Pero, aquí se que non foi posible seguilo regulamento, porque Iglesias Corral tentou presentar unha cuestión previa, que non estaba prevista, e que só para apagar un pouco o lume levantado polo asunto da capitalidade, se lle podía permitir. Pretendía Iglesias Corral supeditalo destino da Asemblea a un punto concreto, que, inevitablemente, conducía ó desconcerto dos asembleístas e a que se enconaran os ánimos .
O debate dos títulos que non ofrecía grandes problemas Continuaba acta notarial, dando información sobre os distintos títulos do proxecto, e tal coma se acordou, con algunha sucinta referencia ós contidos. No fondo das cuestións entraba Alexandre Boveda, coma membro da Ponencia, para aclarar ou resolver dúbidas, e, sobre todo, cando se presentaba algún foco de discrepancia que puidera atentar contra a aprobación do Estatuto, que era do que, finalmente, se trataba.
BALDOMERO CORES TRASMONTE
145
O artigo 36 a debate Entraba de novo a Asemblea no asunto máis complicado, máis emocional e máis suscetible de atrancos, coma era o artigo 36, que estivera a piques de abortalo proceso estatutario. O notario facía constar que «Al ponerse a discusión el articulo treinta y seis, manifestó la presidencia que había varias enmiendas al artículo. La Presidencia leyó los preceptos del reglamento interior atinentes para demostrar que la enmienda era reglamentaria, y merecía la preferencia en la discusión por estar firmada por todos los partidos políticos y por que constituía la fórmula de concordia para lograr la aprobación del Estatuto...».
A votación De conformidade cos artigos 18 ó 20 e concordantes do Regulamento, o presidente sometiu á consideración da Asemblea si a votación debia ser por aclamación ou nominal, e acordouse que fora nominal. Os representantes dos Concellos que se reservaran o voto fixeron constar que si transcorrera o prazo, sin manifestación en contra, debía entenderse que votaban en sentido favorable ó Estatuto, debendo reputarse en tal caso o seu voto coma «Si». Feito o reconto de votos, resultou que o votaran 209 Concellos, entre os que 33 reservaron o voto, quedando pendentes do transcurso do prazo ou da súa expresa vontade. Acetaron o proxecto de Estatuto 176 concellos. Coma o número dos Concellos das provincias galegas ascendía a 319, resultando a aprobación por maioría absoluta. Dos 2.458.300 habitantes da rexión galega, os municipios que aprobaron o Estatuto representan máis de dous millons.
A creación do Comité Central de propaganda autonomista e do Comité Central de Autonomía Para dar cumprimento ó disposto no artigo 21 do Regulamento interior debía nomearse, antes de que se disolvera a xuntanza, un Comité central, do que formaran parte representantes das entidades participantes na Asemblea, membros da Prensa e os deputados a Cortes. Asi mesmo, o artigo, noutro parágrafo, facultaba ó Comité para agregar aqueloutras representacións que considere necesarias ou convenientes, e quedaba facultado, además, para nomear
146
O PROCESO ESTATUTARIO: DA ASEMBLEA DE CONCELLOS Ó COMITÉ…
Subcomités nas provincias e pobos Galicia, a fin de que secunden a campaña autonomista dentro dos seus respectivos territorios. O artigo fixaba a misión do Comité, precisando que lle correspondía organizar e dirixila campaña autonomista de Galicia, ata conseguir que quedara promulgado coma ley da República o Estatuto acordado na Asamblea.
Acababa a fase municipalista A azarosa fase municipalista, no sentido de que os concellos galegos eran os protagonistas dos actos e dos procedementos, remataba coa formulación e aceptación da súa proposta. A previsión e sentido realista, fixo de actos que podían estar cargados de acento emocional, elementos de organización e de participación. A fase plebiscitaria, chamemoslle así, iba a esixir novos soportes procedimentais, para que o proceso constitucional puidera desenvolverse axeitadamente. De pouco valeron os atrancos e as dilacións de todas clases, e a forza moral dada por aquelas asembleas e xuntanzas da fase da proposta municipal, servirá de estímulo e incentivo para que o proceso continuara, e chegara a rozálo éxito. Aquela parte do proceso despexou moitas incónitas, fixo sentir posible o que parecía imposible, e axudaría moito no desenvolvemento da distintas situacións. Cada una das partes que quedaron no camiño, merecen ser miradas desde este punto de vista procesal, pero esixirán un trato demorado, que agora non é posible.
APÉNDICE: O ESTATUTO DE AUTONOMÍA APROBADO NA ASEMBLEA DE CONCELLOS DE 1932
ASAMBLEA GENERAL DE LOS MUNICIPIOS DE GALICIA ESTATUTO AUTONÓMICO DE GALICIA1 que la mayoría de los Ayuntamientos de la Región, reunidos en Asamblea celebrada en la ciudad de Santiago de Compostela durante los días 17, 18 y 19 de Diciembre de 1.932, acordaron proponer a los electores en el Plebiscito a que se refiere el artículo 12, párrafo b), de la Constitución de la República.
TÍTULO I PRELIMINAR Artículo 1°.– Galicia se organiza como región autónoma en el Estado español, con arreglo a la Constitución de la República y al presente Estatuto. Su territorio es el de los municipios comprendidos dentro de los actuales límites administrativos de las cuatro provincias de La Coruña, Lugo, Orense y Pontevedra. Art. 2°.– Podrá agregarse a Galicia cualquier territorio limítrofe de características históricas, culturales, económicas y geográficas análogas, mediante los requisitos que las leyes generales establezcan.
1 Seguimos o texto mecanografado orixinal da Asemblea de Municipios pola copia conservada no Instituto de Estudos Galegos «Padre Sarmiento», Fondo Estatuto de Autonomía de Galicia, Legajo 3, Actas. Fase deliberativa, 19 de diciembre de 1932, C3/11, sen paxinar.
150
O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE 1932
Art. 3°.– A los efectos de este Estatuto, se considerarán gallegos: los que lo sean por naturaleza y no hayan adquirido vecindad administrativa en otro territorio de la República, y los demás españoles que ganen vecindad en Galicia. Los derechos individuales serán en Galicia los definidos por la Constitución de la República. Los españoles no comprendidos en el primer párrafo de este artículo, tendrán en Galicia iguales derechos que los que tengan los gallegos en el resto del territorio español. Art. 4.°– Serán idiomas oficiales en Galicia, el castellano y el gallego; pero en las relaciones oficiales de la Región con autoridades de otras Regiones y con las del Estado, se usará siempre el castellano. Todo escrito que se presente a Tribunales y Autoridades redactado en gallego, será reproducido en castellano cuando lo pida parte interesada; y lo mismo se hará en cuanto a resoluciones y notificaciones de todas clases. Las copias de documentos redactados en lengua regional, que los fedatarios expidan en castellano, bien a instancia de parte o porque hayan de producir efectos fuera de Galicia, deberán conte– // ner también el texto gallego. Los funcionarios que se designen para actuar en la Región deberán acreditar conocimiento de la lengua gallega.
TÍTULO II PODER REGIONAL Art. 5°.– Las atribuciones reconocidas a Galicia en este Estatuto, serán ejercidas: por una Asamblea legislativa, por el Presidente de la Región, y por un órgano de gobierno que se denominará Junta de Galicia; o por el Pueblo directamente actuando en cualquiera de las formas que establecen los artículos 6° y 10 de este título. La función judicial se ejercerá por Jurados, Jueces y Tribunales, con arreglo a lo que sus leyes orgánicas determinen. Art. 6°.– La Asamblea se compondrá de Diputados elegidos por sufragio universal, igual, directo y secreto, según un sistema de representación proporcional, y para un período de tres años. Se reunirá, sin que sea precisa convocatoria especial, los días primero de abril y primero de octubre de cada año, y, además, con carácter extraordina-
O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE 1932
151
rio, en los casos que señale su ley orgánica, sin que pueda ser suspendida en sus funciones. Los diputados de la Asamblea, gozarán de inmunidad por los votos y opiniones que emitan en el ejercicio de su cargo; y su mandato podrá ser revocado por los electores mediante los requisitos que establezca una ley especial. Art. 7°.– El Presidente de la Región asumirá la representación de Galicia para todos los efectos; y la del Estado en las funciones cuya ejecución directa corresponda a éste. Será elegido por votación popular directa y secreta, para un período de cuatro años, y podrá ser reelegido en la misma forma para otro período igual. Terminado este segundo mandato, no será elegible hasta que transcurran cuatro años más. En los casos en que vacare la Presidencia, asumirá provisionalmente sus funciones el Presidente de la Asamblea, a quien sustituirá el Vicepresidente de ésta, debiendo procederse, dentro del plazo de dos meses, a elección presidencial. Art. 8°.– La Junta de Galicia se compondrá del número de miembros que la Asamblea determine. El Presidente de la Región nombrará y separará libremente al Presidente de la Junta y, a propuesta de éste, a los miembros de la misma. Deberá separarlos en el caso de que la Asamblea legislativa les negare, explícitamente, su confianza. Art. 9°.– El Presidente de Galicia podrá disolver la Asamblea, por una sola vez durante su mandato, mediante decreto motivado, y convocando, al mismo tiempo, nuevas elecciones, que habrán de celebrarse dentro del plazo de sesenta días. Si la nueva Asamblea, por mayoría absoluta, estimase improcedente el decreto de disolución, se considerará terminado el mandato presidencial. // Cuando la Asamblea, por el voto de sus tres quintas partes, declarase su incompatibilidad con el Presidente, éste cesará en sus funciones, y se someterá dicho acuerdo a la decisión del cuerpo electoral dentro del plazo de treinta días. Si el resultado fuere contrario al acuerdo, el Presidente recobrará inmediatamente sus funciones y la Asamblea quedará disuelta; debiendo procederse, en otro caso, a nueva elección presidencial en el término de dos meses. Art. 10.– Toda ley votada por la Asamblea será sometida a «referendum» popular, cuando lo soliciten, dentro de los treinta días siguientes a su vota-
152
O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE 1932
ción, un número de electores no inferior al quince por ciento de los comprendidos en el censo. La Asamblea queda obligada a deliberar sobre cualquier proposición de ley que formule ante la misma igual número de electores. Art. 11.– El Presidente de la Región y el Presidente y demás miembros de la Junta de Galicia, serán responsables, civil y criminalmente, ante el Tribunal de Garantías de la República, por las infracciones de la Constitución, de este Estatuto y de las leyes. Art. 12.– A los efectos de este título, una ley especial de la Re– gión determinará la división electoral de su territorio sin contradecir la legislación del Estado, y regulará la forma en que los gallegos residentes en el extranjero, que no hayan perdido la condición de españoles, podrán estar representados en la Asamblea. Art. 13.– La Administración de Justicia podrá ser organizada por la Región, excepto en los órdenes militar y de la Armada, conforme a los preceptos de la Constitución y a las leyes procesales y orgánicas de la República; y asimismo será de su competencia la determinación de las demarcaciones judiciales de todo orden dentro del territorio gallego. La Región nombrará los Jueces y Magistrados en toda la jurisdicción de Galicia, mediante concursos entre los funcionarios del escalafón general del Estado. Le corresponde, también, el nombramiento de Jueces municipales mediante el régimen que por una ley sé establezca, y el de secretarios y auxiliares de la Administración de Justicia, con arreglo a las leyes de la República. La Audiencia territorial de Galicia, por medio de una Sala especial, conocerá de los recursos de casación en los asuntos referentes al derecho foral; y otra Sala de la misma, compuesta por Magistrados procedentes de la carrera judicial y altos funcionarios de la Administración gallega, resolverá, en última instancia, los recursos contencioso-administrativos que se promovieren por aplicación del derecho regional. Los conflictos de jurisdicción entre autoridades judiciales, administrativas y contencioso-administrativas dependientes del Poder regional, serán resueltos por el Presidente de la Región, previo informe de los organismos superiores de estas jurisdicciones entre las cuales se plantee la contienda jurisdiccional. //
O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE 1932
153
TÍTULO III ATRIBUCIONES DE LA REGIÓN Art. 14.– Corresponde a la Región gallega: a) La organización y régimen local de Galicia, sobre las bases de reconocimiento de personalidad jurídica a la parroquia rural y plena autonomía del Municipio; y la división del territorio a dichos efectos. b) La legislación civil gallega, que podrá comprender todas las materias no reservadas al Estado en el /// art 15 de la Constitución c) La adaptación del Registro de la Propiedad y de la función notarial en Galicia, sin contradecir los principios que informan la legislación general. El nombramiento de Notarios se hará por la Región mediante oposición o concurso convocados por la misma y ajustados a las leyes de la República. A ellos serán admitidos todos los funcionarios del Cuerpo con iguales derechos, pero dando preferencia a los que acrediten más perfecto conocimiento de la lengua y del derecho regionales. Los Registradores de la Propiedad que nombre el Estado para servir en Galicia, deberán acreditar conocimiento de las leyes de la Región, además de lo que preceptúa el último párrafo del art. 4°.– de este Estatuto. d) El régimen agrario; la creación de instituciones autónomas para la ejecución de su reforma; y la ordenación y fomento de Montes, Agricultura y Ganadería, sin perjuicio de las bases mínimas de defensa de la riqueza y coordinación de la Economía general, reservadas al Estado. e) La adaptación de la legislación del Estado, y la ejecución, en lo que éste no se reserve, respecto a Minería, Caza, Pesca y régimen de Aguas y sus aprovechamientos. f) El turismo; la conservación de Monumentos, y la defensa del Patrimonio artístico y cultural de Galicia, el cual no podrá ser enagenado, ni llevado fuera de la Región. g) La adaptación y ejecución del régimen de aguas minero-medicinales, y su inspección. h) Las obras públicas y concesiones de todas clases de interés regional; y la ejecución, previo convenio especial con el Estado, de las comprendidas en el párrafo 6°.– del art. 15 de la Constitución que aquél no se reserve. i) El régimen del transporte por carreteras, caminos vecinales y vías fluviales y la conducción de energía eléctrica, dentro de la Región.
154
O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE 1932
j) La ejecución de los servicios de aviación civil y de radiodifusión, salvo el derecho del Estado a coordinar los medios de comunicación en todo el país e inspeccionar los que Galicia establez- // ca. k) El régimen de Cooperativas, Mutualidades, Sindicatos, Pósitos, Previsión social, Ahorro y Crédito, salvo lo dispuesto en el artículo 15 de la Constitución. l) El derecho de expropiación y el de socialización de riquezas naturales y empresas económicas, con sujeción a los apartados 11 y 12 del art. 15 de la Constitución. ll) El desarrollo de las bases mínimas de la legislación sanitaria del Estado. m) El régimen de Fundaciones y el de servicios de Asistencia social, en todas sus formas. n) Los servicios de Estadística en consonancia con las normas generales establecidas por el Estado. ñ) El régimen jurídico de la vivienda. o) La ejecución de la legislación general sobre Prensa, Asociaciones, reuniones y espectáculos públicos. p) El establecimiento y ordenación de los servicios de contratación de mercancías y similares, conforme a las normas generales del Código de Comercio. Art. 15.– Con arreglo a los artículos 48, 49 y 50 de la Constitución, la Región podrá crear y regir establecimientos de enseñanza de todas clases y grados, cuyos certificados de estudios tendrán validez para obtener los títulos académicos y profesionales que expida el Estado, mediante las pruebas finales y requisitos que el mismo establezca con carácter general. Corresponde, asimismo, a la Región la adaptación, a las necesidades y conveniencia regionales, de la legislación general relativa a primera y segunda enseñanza y Escuelas normales. En las Escuelas primarias de la Región y en las del Estado, será obligatoria la enseñanza de las lenguas gallega y castellana, y en los Institutos y Escuelas Normales se crearán las asignaturas de Lengua, Literatura, Geografía e Historia de Galicia. En los Establecimientos de enseñanzas especiales del Estado y en la Universidad compostelana, la Región podrá sostener o subvencionar cátedras e instituciones de cultura gallega. A propuesta de la Región, el Gobierno de la República podrá otorgar a la Universidad de Santiago un régimen de autonomía. Corresponderán, además, a la Región los servicios de Archivos, Bibliotecas y Museos radicados en su territorio.
O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE 1932
155
Art. 16.– La Junta de Galicia, y en su nombre uno de sus miembros, representará al Gobierno central para usar, preventiva y represivamente, de los Cuerpos de Policía y Seguridad del Estado, y corregir las deficiencias en los servicios que les encomiende. En casos graves y apremiantes de. desorden público, la Junta de Galicia podrá suspender las garantías de los derechos individuales, sólo en el territorio y por el tiempo que se consideren precisos para restablecer la normalidad, dando cuenta inmediata al Gobierno de la República. La representación a que se refiere el párrafo anterior, ce– // sará, temporalmente, bien a petición de la Junta o cuando el Gobierno de la República lo considere conveniente. Corresponde, íntegramente, a la Región la coordinación y perfeccionamiento de los servicios de Policía urbana y rural. Art. 17.– Queda a cargo de la Región gallega la organización de todos los servicios que la legislación social del Estado haya establecido, o establezca, para ejecutar sus preceptos, sin perjuicio de la inspección del Gobierno. A tal fin, el Estado puede, además, designar en cualquier momento, los delegados que estime necesarios.
TÍTULO IV HACIENDA REGIONAL Art. 18.– Constituyen la Hacienda de Galicia: a) Los bienes de uso público, no municipales, y los privativos del Estado destinados a algún servicio público o al fomento de la riqueza general que, por estar en territorio gallego, quedan transferidos a la Región a partir de la aprobación de este Estatuto, exceptuando los que sigan afectos a servicios que se reserve el Estado. b) Los derechos del Estado en territorio gallego relativos a minas, aguas, caza y pesca, que asimismo se le transfieren. c) Los bienes e impuestos, derechos y tasas de las Diputaciones gallegas; y los que, con arreglo a este Estatuto, pueda adquirir y crear la Región. d) El producto de los impuestos que el Estado le cede, y las participaciones y compensaciones que le reconozca para cubrir el coste de los servicios que por este Estatuto se le transfieren; y e) Los bienes procedentes de herencias intestadas a que se refiere el art. 956 del Código civil cuando el causante tuviere la condición de gallego con
156
O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE 1932
arreglo a este Estatuto. Estos bienes se aplicarán a fines de cultura, beneficencia y fomento en la Región, o a la extinción de deuda contraída a tales objetos. Art. 19.– No se podrá verificar enajenación de bienes de la Región, emitir empréstitos, crear tributos, ni realizar concesiones ni socializaciones, sino en virtud de ley regional; y para enajenar o destinar a servicios de carácter privado los bienes y derechos transferidos a la Región por el Estado, conforme a los apartados a) y b) del artículo precedente, se necesitará, además, autorización del Gobierno de la República. Los empréstitos públicos para atender a necesidades regionales, no podrán emitirse fuera de España sin autorización de las Cortes. Una ley especial determinará, asimismo, las normas a que habrá de ajustarse la administración de toda la Hacienda regional. Art. 20.– El Estado respetará los actuales ingresos de las Ha– // ciendas locales de Galicia, sin gravar con nuevas imposiciones las bases de tributación de aquéllas. La Región podrá crear nuevas contribuciones que no se apliquen sobre los mismos conceptos que ya tributan en Galicia al Estado, siempre que se destinen al perfeccionamiento de los servicios actuales o a la creación de otros nuevos, y podrá dar una nueva regulación a sus ingresos sobre las Bases de mayor justicia y flexibilidad y de una más sencilla administración de los mismos. Las contribuciones a que se refiere el párrafo anterior, no serán obstáculo a las nuevas imposiciones que, con carácter general, cree el Estado, ni a la implantación y desarrollo, en su casa, del impuesto sobre la renta, el cual corresponde a aquél. Caso de incompatibilidad. dichas contribuciones serán absorbidas por las del Estado, mediante las compensaciones que correspondan. Art. 21.– La determinación del coste de los servicios cedidos a la Región, se efectuará, cada cinco años, como sigue: a) Evaluando el de los que se transfieran, en el momento de la transmisión, sin excluir los que, por estar centralizada su financiación o por otra causa, no produzcan pago en Galicia, o lo produzcan en cantidad inferior al que a Galicia corresponda, y b) agregando o disminuyendo a la cifra que resulte de aplicar el apartado anterior, la que represente el coeficiente medio de aumento o disminución que experimentasen en el quinquenio anterior, los pagos efectuados por la Republica en el resto de su territorio para los mismos servicios Art 22.– Para compensar la cifra que resulte de la evaluación a que se re-
O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE 1932
157
fiere el artículo anterior, el Estado cederá a Galicia, en recaudación, administración y regulación. 1° La contribución territorial rustica y urbana, con los recargos establecidos sobre la misma, y con la obligación de abonar a los Ayuntamientos las participaciones que les correspondan. 2º El impuesto sobre derechos reales, personas jurídicas y transmisiones de bienes, con sus recargos y con los mismos tipos que fije el Estado para el resto de España. 3º El 20 por 100 de Propios, el 10 por 100 de Pesas y medidas, el 10 por 100 de Aprovechamientos forestales y el canon de Minas (superficie y explotación), y 4º Las participaciones y demás compensaciones que, en su caso, fueren necesarias para cubrir la diferencia entre la cuantía de las contribuciones a que se refieren los tres apartados precedentes y el coste total de los servicios transferidos. Art 23.– Si el Estado emite Deuda, cuyo producto haya de invertirse en el resto del territorio para crear o mejorar servicios de la clase de los transferidos a Galicia, ésta será compensada con una parte de la Deuda emitida proporcional a la relación que exista entre su población y la total de España. En igual forma será compensada la Región para atender a nuevos servicios o funciones que en lo sucesivo se doten en los presupuestos del Estado pa // ra el territorio de régimen común. En ambos casos, la Región fijará los servicios que se propone realizar o mejorar. Art. 24.– Cada cinco años, una Comisión de técnicos nombrados, a iguales partes, por el ministro de Hacienda de la República y por el Gobierno de la Región, procederá a la revisión de los cálculos a que se refieren los artículos anteriores, y la propuesta que formule será sometida a la aprobación del Consejo de Ministros. Tanto los impuestos cedidos como los servicios traspasados a la Región serán calculados con un aumento o una rebaja igual a la que hayan experimentado unos y otros en la Hacienda de la República. Toda otra variación en el régimen de cesión de impuestos y participaciones a la Región, deberá hacerla el ministro de Hacienda de acuerdo con la Región, y, si esto no fuere posible, deberá someterse la reforma a la aprobación de las Cortes, cuyas decisiones requerirán el voto favorable de la mayoría absoluta. Art. 25.– La Región recaudará, por delegación revocable de la Hacienda de la República y con el premio que ésta tenga consignado en presupuesto,
158
O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE 1932
las contribuciones, impuestos y arbitrios que el Estado haya de percibir en Galicia, exceptuando los monopolios y el impuesto de Aduanas y sus anexos. El Tribunal de Cuentas de la República fiscalizará anualmente la gestión regional, tanto en lo que se refiere a los servicios recaudatorios como a la ejecución de los demás que le fueren encomendados y tengan consignación en los presupuestos generales del Estado. Art. 26.– La Región podrá fundar, acomodándose a los principios esenciales de la legislación del Estado, un Banco, a través del cual pueda organizar todos sus servicios recaudatorios, de Tesorería, crédito, previsión, etc., bien por medio de sus Agencias, o en relación con las actuales Cajas de Ahorro o instituciones análogas, siempre que no sean de carácter privado. Art. 27.– A propuesta de la Región, y como compensación a los perjuicios que para su economía representa el actual arancel protector, el Gobierno de la República desgravará los maíces y forrajes que entren por puerto gallego para su consumo en Galicia como alimento, y las materias primas necesarias a las industrias básicas gallegas. Se vigilará el destino de los artículos desgravados, para que los que sean destinados a otros empleos, devenguen los correspondientes derechos. Art. 28.– El Estado concede a la Región la facultad de intervenir, por medio de sus representantes o delegados, con carácter permanente, y sin perjuicio de las representaciones profesionales que correspondan a las entidades gallegas, en la Junta de Aranceles y Valoraciones, en el Consejo de Economía nacional, y en cuantos organismos se creen para la regulación del comercio de exportación e importación. //. También se admitirá su intervención oficial en las organizaciones que se establezcan para determinar precios, decretar tasas o ajustar condiciones para la distribución y venta de los productos agrícolas o industriales
TITULO V DISPOSICIONES GENERALES Art. 29.– Las cuestiones de competencia que se susciten entre las autoridades de la República y las de la Región gallega o entre jurisdicciones de sus respectivos organismos serán resueltas por el Tribunal de Garantías constitucionales.
O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE 1932
159
Art. 30.– Asimismo corresponderá al Tribunal de Garantías constitucionales resolver las cuestiones que se produzcan por desacuerdo entre el Gobierno de la República y la Junta de Galicia con motivo de la interpretación y aplicación de la legislación social. El Tribunal de Garantías constitucionales, si lo estima preciso, podrá suspender la ejecución de los actos o acuerdos a que se refiera la discrepancia, en tanto no se resuelva definitivamente. Art. 31.– En los conflictos de competencia y de jurisdicción que se suscitaren entre los Tribunales de Justicia de la Región gallega y los demás Tribunales de España, resolverá el Tribunal Supremo de la República. En los recursos no reservados por este Estatuto a los Jueces y Tribunales gallegos, entenderá también, en casación, el Tribunal Supremo de la República. Art. 32.– En las materias de competencia regional, se aplicará, como derecho supletorio, el régimen jurídico del Estado, en cuanto no se oponga al sentido de la legislación gallega. Art. 33.– La reforma de este Estatuto, en materias que no afecten a la Constitución ni a las relaciones con el Estado, podrá hacerse por la Asamblea gallega, mediante una ley, que será sometida a «referendum». Cuando la reforma haya de tener mayor trascendencia, si la iniciativa parte de la Región, serán necesarios los requisitos siguientes: a) votación por la Asamblea; b) «referendum» popular, y c) aprobación por las Cortes de la República, Y si la iniciativa fuese del Estado, se requerirá propuesta del Parlamento, hecha por más de la cuarta parte de sus componentes, y acuerdo adoptado por mayoría absoluta. La Asamblea regional podrá manifestar su discrepancia, y en tal caso someterá ésta al «referendum» del País gallego. Si el «referendum» resultase contrario a la reforma, será preciso, para que la innovación prospere, que la ratifiquen las primeras Cortes ordinarias que se elijan después de las que la acordaron. Cuando haya disconformidad entre el Estado y la Región acerca de si la reforma trasciende o no a la Constitución o a las relacio– // nes de la Región con el Estado, decidirá el Tribunal de Garantías constitucionales.
160
O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE 1932
TÍTULO VI RÉGIMEN TRANSITORIO Art. 34.– Dentro de los quince días siguientes a la promulgación de este Estatuto, el Presidente de las Cortes de la República convocará a los Diputados por Galicia en las mismas, los cuales, reunidos bajo su presidencia, elegirán una Junta provisional de la Región, en la que estarán representadas, por igual, las distintas agrupaciones políticas a que actualmente se hallan adscritos los Diputados. Cada una de ellas tendrá un representante, y a este efecto se considerará que todos los Diputados independientes constituyen una sóla agrupación. La función única de esta Junta será convocar, en el plazo de un mes a partir de su constitución, elecciones generales para los Diputados que habrán de constituir la primera Asamblea legislativa gallega, la cual tendrá carácter constituyente. Art. 35.– Para la elección de esta primera Asamblea, regirá la ley electoral que tenga adoptada el Estado cuando aquélla se efectúe, correspondiendo a cada circunscripción un representante por cuarenta mil habitantes o fracción superior a veinte mil. Art. 36.– Esta Asamblea, reunida en sesión previa en el lugar que señale la Junta provisional de la Región, establecerá su residencia definitiva en la localidad que ella misma designe, y tendrá, como misión principal, la de desarrollar las normas con sujeción a las cuales ha de ser elegido el primer Presidente de Galicia, según lo que, con carácter general, previene el párrafo segundo del artículo 7.° de este Estatuto; nombrar una Junta que asuma el Gobierno provisional de la Región hasta que se elija el primer Presidente; y elaborar, en el más breve plazo posible, las leyes orgánicas necesarias para la implantación del régimen de autonomía que el mismo Estatuto regula. Art. 37.– Para la adaptación de servicios que el Estado cede a la Región por virtud de este Estatuto, se constituirá una Comisión mixta, compuesta de un número de miembros que designarán, por mitad, el Gobierno de la República y la Junta de Galicia. Esta Comisión nombrará libremente su Presidente, y sus acuerdos tendrán validez cuando reúnan más de las dos terceras partes de votos. En otro caso, las discrepancias que surjan serán sometidas a la decisión del Tribunal de Garantías de la República.
O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE 1932
161
Art. 38.– El personal afecto a los servicios de todas las clases que en este Estatuto se asignan a la Región, será respetado en cuantos derechos tenga adquiridos en la fecha de promulgación de aquél, sin que le sea aplicable lo que previene el párrafo último del art. 4º.– del mismo; pero las autoridades regionales podrán hacer su // distribución acomodándolo a la nueva organización que se dé a Galicia. Art. 39.– Mientras la Asamblea gallega no legisle sobre las materias que se le atribuyen, continuarán en vigor las leyes generales del Estado; pero su aplicación corresponderá a las Autoridades y organismos regionales, los cuales tendrán las mismas facultades que las leyes señalen a los del Estado. Del propio modo, continuarán en vigor las disposiciones reglamentarias del Estado, en tanto que la Junta de Galicia no dicte las que, con arreglo a este Estatuto, le corresponden. Art. 40.– El traspaso de los servicios administrativos del Estado a la Región se verificará a medida que lo vaya acordando la Asamblea regional, previos los debidos trámites cerca del Gobierno de la República; y mientras no queden reorganizados los servicios, todas las Oficinas, Tribunales y Organismos afectados por el presente Estatuto continuarán ejerciendo iguales funciones o jurisdicción que hasta ahora, sin que, por ningún concepto, puedan serles mermadas su autoridad o sus atribuciones en tanto la Asamblea regional no legisle sobre el particular. Santiago de Compostela, 19 de Diciembre de 1932. Por acuerdo de la Asamblea regional de Ayuntamientos, El Presidente, Bibiano F. Ossorio Tafall El Secretario, Manuel Rey Gacio
XUNTOS POR GALICIA SAÍU DO PRELO DE RB SERVICIOS EDITORIALES, BAIXO A SUPERVISIÓN DO
DEPARTAMENTO DE PUBLICACIONES DO CSIC, O 30 DE DECEMBRO DE 2009, FESTIVIDADE DA TRANSLACIÓN DO APÓSTOLO SANTI AGO
MONOGRAFÍAS DE CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS
9
Mª del Pilar Sánchez-Cantón Lenard. Una casa compostelana a finales del siglo XVII: inventario de bienes. 1997.
3
Xosé María Lema Suárez. Un novo documento de Don Juan Antonio Posse, a "Plática tercera" (1838). 1998.
4
Luisa Álvarez Torrón. Inventario de fondos arqueológicos. 2000.
5
César Olivera Serrano. El ocaso de las fortalezas compostelanas: visitas y tasaciones (1535-1547). 2000.
6
Miguel Romaní Martínez y Pablo S. Otero Piñeyro Maseda. El antiguo monasterio de Santiago de Ermelo. Estudio, documentación e índices. 2005.
7
Anselmo López Carreira. Libro de Protocolos de Xoán García, notario de Ourense (ano 1490). 2007.
8
Carlos Andrés González Paz (Ed.). As voces de Clío: a palabra e a memoria da muller na Galicia. 2009.
9
Antón M. Pazos (Ed.). Xuntos por Galicia. A Asemblea de Concellos de 1932 e o Estatuto de Autonomía de Galicia. 2009.
ANTÓN M. PAZOS (Ed.)
2
INSTITUTO DE ESTUDIOS GALLEGOS «PADRE SARMIENTO»
XUNTOS POR GALICIA.
Xosé Manuel González Reboredo. La construcción del texto etnográfico a través de dos autores: aportación a una historia de la etnografía en Galicia. 1996.
A ASEMBLEA DE CONCELLOS DE 1932 E O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
1
CONSEJO SUPERIOR DE INVESTIGACIONES CIENTÍFICAS
CSIC
XUNTOS POR GALICIA. A ASEMBLEA DE CONCELLOS DE 1932 E O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
ANTÓN M. PAZOS (Ed.)
CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS MONOGRAFÍAS 9 SANTIAGO DE COMPOSTELA MMIX